Inicio > Tributos > Presentación > Impostos
O imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia que será de aplicación ás actividades e aproveitamentos que utilicen encoros que estean situados en todo ou en parte na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os suxeitos pasivos deste imposto deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital pola Dirección Xeral de Tributos, para o que deberán presentar ante esta, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, que se inicia o 1 de abril e finaliza o 20 de abril, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.
Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, no prazo de presentación da primeira autoliquidación e previamente a esta, presentar telematicamente ante a delegación territorial correspondente da Administración tributaria, unha declaración inicial dos datos do aproveitamento a través do modelo 010 .
Unha vez presentada a declaración inicial, ingresarán e presentarán telematicamente ante a delegación territorial correspondente da Administración tributaria o modelo 011, no cal practicarán a autoliquidación do imposto e determinarán a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo, nos vinte primeiros días naturais seguintes a finalización deste.
Prazos de presentación:
As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes: