Inicio > Tributos > Presentación > Tributos > Patrimonio > Guía do imposto

Guía do Imposto sobre o Patrimonio

O Imposto sobre o patrimonio é un tributo de carácter directo e natureza persoal, que grava o patrimonio neto das persoas físicas. Por patrimonio neto enténdese o conxunto de bens e dereitos de contido económico do que sexa titular, con deducción de cargas, gravames, débedas e outras obrigas persoais das que deba responder o suxeito pasivo.

A súa regulación atópase na lei 19/1991, de 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio e no artigo terceiro da Lei 4/2008, do 23 de decembro, polo que se modifica a lei 19/1991.  

A lei 4/2008 introduce unha bonificación do 100% sobre a cota íntegra do imposto sobre patrimonio que se aplicará aos suxeitos pasivos por obriga persoal ou real de contribuír.

Así mesmo, derroga os artigos 36, 37 e 38 da Lei relativos á obriga de presentar autoliquidación, suxeitos obrigados a presentar e forma e prazos de presentación, polo tanto, os contribuíntes, calquera que sexa o valor do seu patrimonio, non están obrigados a declarar.

 

1. ¿QUEN TEN A OBRIGA DE DECLARA-LO IMPOSTO? (art. 37 L)

O art. 37 foi derrogado polo artigo terceiro da Lei 4/2008, polo tanto, os contribuíntes, calquera que sexa o valor do seu patrimonio, non están obrigados a declarar.

 

2. ¿QUE PRAZO TEÑO PARA FACE-LA DECLARACIÓN? (art. 38 L)

O art. 38 foi derrogado polo artigo terceiro da Lei 4/2008, polo tanto, os contribuíntes, calquera que sexa o valor do seu patrimonio, non están obrigados a declarar.

 

3. ¿ONDE TEÑO QUE PRESENTA-LA DECLARACIÓN? (art. 38 L)

O art. 38 foi derrogado polo artigo terceiro da Lei 4/2008, polo tanto, os contribuíntes, calquera que sexa o valor do seu patrimonio, non están obrigados a declarar

 

4. ¿COMO SE FAI A DECLARACIÓN DO IMPOSTO? (art. 36 L)

O art. 36 foi derrogado polo artigo terceiro da Lei 4/2008, polo tanto, os contribuíntes, calquera que sexa o valor do seu patrimonio, non están obrigados a declarar

 

5. ¿A QUEN SE LLE ATRIBÚE A TITULARIDADE DOS ELEMENTOS PATRIMONIAIS?

Os bens e dereitos atribuiranse a aquelas persoas ás que lles correspondan segundo as normas aplicables sobre titularidade xurídica.

A estes efectos haberá que ter en conta no caso de matrimonio, o réxime económico do mesmo. Así, se se trata de gananciais, atribuirase por metade a cada un, salvo que se xustifique outra cota de participación.

En todo caso, cando non resulte debidamente acreditada a titularidade de bens ou dereitos, a Administración Tributaria terá dereito a considerar como titular a quen figure como tal nun rexistro fiscal ou outros de carácter público.
 

6. ¿POR QUE VALOR SE COMPUTAN OS BENS INMOBLES?

Os bens inmobles compútanse polo maior dos seguintes valores: 

  • valor catastral
  • prezo, contraprestación ou valor de adquisición
  • o comprobado pola Administración a efectos doutros tributos (Ex. Imposto sobre sucesións ou Imposto sobre transmisións).

7. ¿ POR QUE VALOR SE COMPUTAN OS DEPÓSITOS EN CONTA CORRENTE OU DE AFORRO, Á VISTA OU A PRAZO?

Computaranse polo maior dos seguintes valores: 

  • saldo a 31 de decembro
  • saldo medio correspondente ao último trimestre do ano.

Para calcular ese saldo medio non se computarán os fondos retirados para a adquisición de bens e dereitos que figuren no patrimonio (incluso un novo depósito) ou para a cancelación ou reducción de débedas.
 

8. ¿ POR QUE VALOR SE COMPUTAN OS AUTOMÓBILES E EMBARCACIÓNS?

Compútanse polo seu valor de mercado. Porén, pódense emprega-las táboas de valores de vehículos que aproba o ministerio de facenda.

9. ¿QUE É O LÍMITE DE COTA ÍNTEGRA?

Este límite ten por finalidade evita-lo efecto confiscatorio, por lo que intenta asegurar que o contribuínte obtén rendas abondas para facer fronte ao pago do imposto sobre o patrimonio e do imposto sobre a Renda.

A mecánica do límite de cota íntegra é o seguinte:

  • tomarase a cantidade que se paga polos dous impostos (suma da cota íntegra do I.R.P.F. e da cota íntegra do IP)
  • compararase a cantidade anterior co 70% da base impoñible do I.R.P.F.
  • No suposto de que a suma de ámbalas dúas cotas supere o límite anterior, reducirase a cota do Imposto sobre o Patrimonio no exceso, sen que a reducción poida exceder do 80 %, o que dá lugar a unha tributación mínima do 20% sobre a cota inicial.

10. ¿COMO TRIBUTAN OS PLANS DE PENSIÓNS?

No imposto sobre o patrimonio, os dereitos consolidados dos partícipes nun plan de pensións están exentos.

11. ¿EXISTEN EXENCIÓNS PARA AS ACTIVIDADES EMPRESARIAIS?

Existen dous tipos de exencións para estas actividades:

  1. están exentos os bens e dereitos das persoas físicas necesarios para o desenvolvemento da súa actividade empresarial, sempre que esta se exerza de forma habitual, persoal e directa polo suxeito pasivo e constitúa a súa principal fonte de renda.
  2. están exentas as participacións en entidades, con ou sen cotización en mercados organizados, sempre que concorran as condicións seguintes:
    1. 1. Que a entidade non teña por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario.
    2. 2. Que, cando a entidade revista forma societaria, non concorran os supostos establecidos no artigo 75 da Lei 43/1995, de 27 de decembro, do Imposto sobre Sociedades.
    3. 3. Que a participación do suxeito pasivo no capital da entidade sexa alomenos do 15 % computado de forma individual, ou do 20% conxuntamente co seu cónxuxe, ascendentes, descendentes ou colaterais de segundo grado, xa teña a súa orixe ou parentesco na consanguinidade , na afinidade ou na adopción.
    4. 4. Que o suxeito pasivo exerza efectivamente funcións de dirección na entidade, percibindo por isto unha remuneración que represente máis do 50 % da totalidade dos seus rendementos empresariais, profesionais e de traballo persoal.

As exencións anteriores atópanse reguladas con máis detalle no real decreto 1704/1999, de 5 de novembro, polo cal se determinan os requisitos e condicións das actividades empresariais e profesionais e das participacións en entidades para a aplicación das exencións correspondentes no imposto sobre o patrimonio.

 

Consellería de Facenda ©