Inicio > Consellería > Lei de transparencia > Elaboración de disposicións de carácter xeral

Listado de disposicións de carácter xeral en elaboración

A Consellería de Facenda, no exercicio das súas funcións e de conformidade co disposto no artigo 105 da Constitución Española e no artigo 9 Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, procede a publicar na súa páxina web a relación dos procedementos de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en curso, indicando o seu obxecto e estado de tramitación, coa posibilidade de que os cidadáns podan remitir as súas suxestións.

En calquera momento anterior ao trámite de audiencia ou, de ser o caso, ao informe final da Secretaría Xeral, as persoas, individualmente ou por medio de asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitir suxestións relativas a aqueles proxectos que as afecten. As proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no cal cada unha recibirá unha resposta razoada, agás nos casos de recoñecida e notoria urxencia, nos que a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

A presentación de propostas non atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento. O previsto anteriormente non substitúe o trámite de audiencia pública, nos supostos en que sexa preceptivo de acordo coa normativa de aplicación.

Neste momento a nosa biblioteca de disposicións contén 2 documentos. Amosámolos ordeados por data de publicación:

 

Suxestións na elaboración de disposicións de carácter xeral

A Consellería de Facenda pon a túa disposición o seguinte formulario para que nos remitas as túas consultas e suxestións. ...

Disposición

O teu correo electrónico

Suxestión

Os datos recibidos serán empregados unicamente para os fins relacionados coa Consellería de Facenda e en todo momento respectarase o que sinala a Lei de Protección de Datos -Lei Orgánica 15/1999, de 13/XII, de Protección de Datos de Carácter Persoal e Real Decreto 994/1999, de 11/VI, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados de conteñan datos de carácter persoal-.

Consellería de Facenda ©