Inicio > Consellería > Benvida da conselleira

Benvida da Conselleira de Facenda

??? imaxe[1]/titulo ???

Asumo este cargo coa máxima ilusión e capacidade de traballo e co ánimo de pór a disposición toda a miña experiencia nun ámbito no que xa tiven a honra de participar con anterioridade.

Nunha etapa complicada como a actual, pero á vez apaixoante, tentarei que a transparencia e a honestidade sexan dous dos meus principios como xestora das contas públicas, en liña coa miña actuación nos anteriores postos de responsabilidade que teño ostentado.

Tamén comprometo todo o meu esforzo, e o do meu equipo, para contribuír a establecer un clima de diálogo e colaboración leal e esixente cos sectores implicados no desempeño desta responsabilidade e polo que me sinto honrada de poder ter a oportunidade de levar adiante este reto.

Así, quero facer un chamamento a todos os implicados dunha ou doutra forma nas competencias deste departamento autonómico para traballar arreo xuntos e na mesma dirección co obxectivo final de que cando chegue o momento de cesar das actuais responsabilidades o noso traballo teña sido útil para os que nos sucedan.

Marta Fernández Currás,

Conselleira de Facenda.

Consellería de Facenda ©