Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Sistema para determina-lo valor de determinados bens inmobles para a presentación dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Información con carácter previo á adquisición ou transmisión de bens inmobles.

Para o exercicio por parte do contribuínte do dereito establecido no artigo 90 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, establécense dous sistemas:

  1. Sistema Web: para pisos, garaxes, rochos, locais comerciais, oficinas, naves industriais, casas, chales e terreos rústicos, poderase obter a valoración na na súa modalidade de servizos de acceso libre (non necesita certificado de usuario), apartado "declaración de tributos".
  2. Sistema presencial: para os bens inmobles que no son obxecto do sistema Web anterior. Nestes casos solicitarase unha valoración previa ante os servizos de valoracións das delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda ou Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario. Para iso énchense os impresos correspondentes que se atoparán nas propias delegacións e na páxina Web da Consellería de Economía e Facenda.

As valoracións previas solicitadas por calquera destes sistemas terán efectos vinculantes durante un prazo de tres meses, contados dende a notificación ao interesado, sempre que a solicitude se formulara con carácter previo á finalización do prazo para presentar a correspondente autoliquidación ou declaración e se proporcionaran datos verdadeiros e suficientes á Administración tributaria. Para estes efectos presentarase acompañando á declaración, o informe emitido polos servizos de valoracións (sistema presencial), ou o documento xerado pola Oficina Virtual (sistema Web).

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC