Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Valoración de bens: Documentación necesaria

O artigo 90 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria dispón:

Artigo 90. Información con carácter previo a adquisición ou transmisión de bens inmobles.

  1. Cada Administración tributaria informará, a solicitude do interesado e en relación cos tributos cuxa xestión lle corresponda, sobre o valor a efectos fiscais dos iens inmobles que, situados no territorio da súa competencia, vaian a ser obxecto de adquisición ou transmisión.
  2. Esta información terá efectos vinculantes durante un prazo de tres meses, contados desde a notificación ao interesado, sempre que a solicitude se formulara con carácter previo a finalización do prazo para presentar a correspondente autoliquidación ou declaración e se proporcionaran datos verdadeiros e suficientes a la Administración tributaria.

    Dita información non impedirá a posterior comprobación administrativa dos elementos de feito e circunstancias manifestados polo obrigado tributario.
  3. O interesado non poderá interpoñer recurso algún contra a información comunicada. Poderá facelo contra o acto ou actos administrativos que se dicten posteriormente en relación coa devandita información.

    A falta de contestación non implicará a aceptación do valor que, no seu caso, se incluíra na solicitude do interesado.

Para a solicitude da valoración previa, o solicitante deberá presentar en calquera oficina xestora da Consellería de Economía e Facenda a seguinte documentación:

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC