Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Imposto sobre Transmisións Patrimoniais (compravenda de determinados medios de transporte usado entre particulares)

O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, ven regulado no Real Decreto Lexislativo 1/1993, de 24 de setembro, polo cal se aproba o Texto refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, e no Real Decreto 828/1995, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.

  1. ¿QUEN TEN A OBRIGA DE DECLARA-LO IMPOSTO? (art. 7 L)

    Teñen a obriga de declara-lo imposto aquelas persoas que adquiran vehículos (coches, embarcacións ou aeronaves) como consecuencia de transmisións onerosas por actos "inter vivos", sempre que ditos vehículos non se adquiran de empresarios ou profesionais no exercicio da súa actividade empresarial ou profesional, xa que neste caso a adquisición estaría gravada polo Imposto sobre o valor engadido (IVE).

    Ex.: a compra dun coche a un concesionario está suxeita a IVE mentres que se se adquire de segunda man ao antigo titular, está suxeita ao Imposto sobre transmisións.

  2. ¿QUE PRAZO TEÑO PARA FACE-LA DECLARACIÓN? (art. 102 R)

    O prazo para a presentación é de trinta días hábiles, a contar desde o seguinte a aquel no que se cause contrato de compravenda.

  3. ¿ONDE TEÑO QUE PRESENTA-LA DECLARACIÓN? (art. 103 R)

    A oficina competente será a delegación territorial da consellería de economía e facenda onde o comprador teña a súa residencia. Actualmente existen delegacións en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

  4. ¿ CÓMO SE FAI A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA ? (Orde de 5 de xuño 2003, da Conselleria de Economía e Fecenda, pola que se regula o procedemento par o pagamento e a presentación telemáticos das autoliquidacións correspondentes ó imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, pola transmisión de determinados medios de transporte usados entre particulares)

    Para poder efectua-la presentación telemática deberá acceder á oficina virtual tributaria que se atopa na portada da nosa páxina web e dispoñeer do certificado de usuario expedido pola FNMT-RCM ou por outras autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Economía e Facenda.
    As especialidades desta forma de presentación son as seguintes:

    1. Para que se teña por realizada a presentación telemática destes impostos é necesario que previamente se realice o pagamento da cantidade resultante da autoliquidación. No caso contrario terase por non realizada a presentación.
      O pagamento das autoliquidacións para presentar de forma telemática poderá efectuarse das seguintes formas:
      • Mediante ingreso presencial da cantidade resultante da autoliquidación en calquera das entidades colaboradoras autorizadas por esta consellería para o cobro de autoliquidacións presentadas telematicamente. O ingreso realizarase mediante o documento de ingreso que para estes efectos xerará a aplicación informática e imprimirá o usuario. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número NRC identificativo do ingreso realizado que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación.
      • Mediante pagamento telemático. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da páxina web da Consellería de Economía e Facenda e efectuará o pagamento das correspondentes autoliquidacións a través das entidades colaboradoras autorizadas por esta consellería para o pagamento telemático. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. Caso de ser aceptado o cargo, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará un NRC por cada autoliquidación.
    2. A presentación da autoliquidación do imposto e a súa data acreditarase mediante a impresión do documento (modelo 620) xerado pola aplicación informática, no que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, transmitente, presentador, datos dos bens e liquidación. Ademais xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca a autoliquidación presentada telematicamente coa impresa polo contribuínte.
    3. 3. Os contribuíntes deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación, no caso de que a autoliquidación presentada non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación mediante a impresión do documento (modelo 620) xerado pola aplicación informática tal e como se dispón nol punto 2
  5. Aquelas persoas que non desexen realizar a presentación telemática deste imposto ou ben non dispoñan do certificado de usuario expedido pola FNMT-RCM ou por outras autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Economía e Facenda, poderán cubrir a súa autoliquidación utilizando o programa de axuda existente na páxina web desta consellería. Para estes efectos e unha vez introducidos os datos correspondentes, o sistema imprimirá catro exemplares do modelo 620 (exemplar para o interesado, exemplar para a Administración, talón de cargo e carta de pagamento) que serán válidos para a presentación do imposto de forma presencial nas oficinas xestoras desta consellería.

     

  6. ¿QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE PRESENTAR? art. 98 R)

    Na oficina xestora que lle corresponda deberá presenta-la seguinte documentación:

    1. Fotocopia do NIF do suxeito pasivo e transmitente ( no caso de non ter NIF, aportarase fotocopia do DNI).
    2. Copia auténtica do documento notarial, xudicial ou administrativo no que conste o acto ou contrato gravado e copia simple deste. No caso de que se trate de documentos privados, estes presentaranse por duplicado (orixinal e copia).
    3. Modelo 620.
    4. Fotocopia do permiso de circulación.
    5. Fotocopia da ficha técnica do vehículo.
  7. ¿COMO SE FAI A DECLARACIÓN DO IMPOSTO? (art. 99 R)

    No imposto sobre transmisións patrimoniais onerosas, o contribuínte está obrigado a realiza-la autoliquidación do imposto e ingresa-las cantidades resultantes. Para isto deberá cumprimenta-lo modelo 620.

    Os modelos poderá adquirilos nas oficinas xestoras e nos mesmos existen instruccións para a súa cumprimentación.

  8. ¿CAL É O TIPO DO IMPOSTO?

    O tipo a aplicar sobre a base impoñible de vehículos é o 4%.

    Con efectos dende 1 de xaneiro de 2005 o tipo aplicable á transmisión de embarcacións de recreo e motores mariños é o 1%.

    Os tipos anteriores aplicaranse sobre o valor real do ben. Para coñece-lo valor real dos vehículos de turismo e embarcacións pode emprega-las táboas de valores aprobadas polo ministerio de facenda.

  9. ¿QUE INCONVENIENTES TEN NON PRESENTA-LA DECLARACIÓN DO IMPOSTO? (art. 122) e (art.123 R)

    Aparte das posibles consecuencias derivadas da falta de presentación e ingreso, comúns a tódolos impostos, o imposto sobre transmisións patrimoniais onerosas de vehículos posúe certas garantías para a súa presentación que convén ter en conta. Así a súa non presentación pode implicar que non se admita na dirección xeral de tráfico, ou no rexistro correspondente de embarcacións, o cambio de titular.

Nota: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro do Real Decreto Lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (B.O.E. 20/10/1993), e no Real Decreto 828/1995, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (B.O.E. 22/6/1995). A estes efectos acompáñase o texto íntegro das normas antes citadas para a súa consulta.

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC