Esta competencia vén determinada pola Lei Orgánica 6/1999, do 6 de abril, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se transfire á Comunidade Autónoma a competencia en materia de ordenación do crédito, banca e seguros.
Disposicións de desenvolvemento:
A regulación autonómica na materia concrétase nas seguintes normas:
(1) A Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados ven de modificar a regulación na materia. Na disposición final primeira da referida norma establécese o carácter básico da maior parte do seu articulado, sendo polo tanto de aplicación directa. O Decreto autonómico 118/2001 segue vixente naqueles aspectos que non se opoñan ao disposto na citada Lei 26/2006.
Dado o carácter en xeral básico da normativa estatal, rexen supletoriamente as seguintes disposicións:
Normativa europea:
O 19 de xullo de 2006 entra en vigor a Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados que derroga a Lei 9/1992, do 30 de abril, de mediación en seguros privados. Coa nova norma desaparece o diploma de mediador de seguros titulado regulado no artigo 8 do Decreto 118/2001, do 10 de maio, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma en materia de mediación en seguros privados e polo tanto tamén o procedemento para a súa expedición.
Soamente se expedirán diplomas de mediador de seguros titulado que teñan data de entrada da solicitude anterior ao 19 de xullo de 2006 e a aquelas solicitudes ás que lle sexa de aplicación o disposto na disposición transitoria quinta da Lei 26/2006.
Os interesados deberán cumprir cos requisitos establecidos na Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados.
Regúlase no Capítulo II (artigos 13 a 15) da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de xullo de 2000, pola que se crea o Rexistro de Corredores de Seguros, de Sociedades de Corredoría de Seguros e dos seus altos cargos e o Rexistro de Diplomas de Mediador de Seguros Titulado.
Regúlase no Capítulo I (artigos 1 a 12) da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de xullo de 2000, pola que se crea o Rexistro de Corredores de Seguros, de Sociedades de Corredoría de Seguros e dos seus altos cargos e o Rexistro de Diplomas de Mediador de Seguros Titulado.
Relación de corredores e corredorías inscritos no rexistro autonómico ata a data.
Esta competencia vén determinada pola Lei Orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se transfire á Comunidade Autónoma a competencia sobre as mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social.
Disposicións de desenvolvemento:
A regulación autonómica na materia concrétase nas seguintes normas:
Dado o carácter en xeral básico da normativa estatal, rexen supletoriamente as seguintes disposicións
Regúlase pola Orde da Consellería de Economía e Facenda do 5 de maio de 1999, pola que se crea o Rexistro Autonómico de Mutualidades de Previsión Social non Integradas na Seguridade Social.
Relación de Mutualidades de Previsión Social inscritas no rexistro autonómico ata a data.