De acordo coa Orde do 17 de xuño de 2005 sobre os libros-rexistros e o deber de información estatístico-contable dos corredores de seguros e as sociedades de corredoría de seguros, a remisión á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da documentación estatístico-contable dos corredores e sociedades de corredoría de seguros pódese efectuar por dúas vías debéndose optar por unha delas:
Para poder utilizar esta opción é imprescindible estar en posesión do certificado de sinatura electrónica clase 2 CA emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.
Se non conta co certificado de sinatura electrónica e desexa obtelo pode acceder desde aquí.
Con esta opción non necesita cubrir ningún papel, unha vez cubertos os modelos a información remítese telemáticamente á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.
Esta opción permite descargar os modelos en formato excel. Unha vez cubertos, impresos e asinados polo corredor ou o representante legal da sociedade de corredoría deben ser remitidos por correo ordinario á seguinte dirección:
Consellería de Economía e Facenda
Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro
Edificios Administrativos de San Caetano
15781 Santiago de Compostela