O artigo 103 da Constitución española sinala a eficacia como un dos principios que deben rexer o actuar das administracións públicas. Pola súa parte, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, alude no seu artigo 3, xunto aos principios constitucionais, aos de eficiencia e servizo aos cidadáns, recoñecendo no artigo 35 o dereito dos cidadáns a que se lles facilite o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas. Para o logro destes obxectivos a Lei 30/1992 destaca, no seu artigo 45, como instrumento idóneo, a utilización por parte das administracións de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas no desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias, polo que insta a estas a que impulsen e apliquen as devanditas técnicas.
No ámbito tributario, a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, desenvolve no seu artigo 34 a obriga da Administración de informar e asistir os obrigados tributarios no exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas, sinalando que as actuacións da Administración tributaria que requiran a súa intervención deberán levarse a cabo da forma que resulte menos gravosa para estes, sempre que iso non prexudique o cumprimento das súas obrigas tributarias.
De acordo co anterior, é claro que as novas tecnoloxías aplicadas aos procedementos xestores de tributos son un instrumento idóneo para conxugar os principios de eficacia da Administración tributaria e a limitación dos custos indirectos ao contribuínte, e nesta liña a presentación telemática de tributos ofrécelles a posibilidade de evitar desprazamentos ás oficinas xestoras ou ás entidades bancarias e caixas das delegacións para a realización do pagamento, así como a presentación dos tributos fóra do horario normal de atención ao público. Ao mesmo tempo, a utilización dos programas que a Administración tributaria implementa para a presentación telemática de tributos facilita que se cubran estes, guiando o contribuínte na introdución dos datos, evitando a reiteración destes e ofrecéndolle unha axuda en liña.
A Consellería de Economía e Facenda, de acordo coas competencias normativas que o artigo 40 da Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía, outorga sobre a xestión e liquidación do imposto sobre sucesión e doazón, e de acordo co establecido no artigo 2 da Lei 18/2002, do 1 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e condicións da devandita cesión, e tendo en conta a autorización que o artigo 5 da Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo, lle concede ao conselleiro de Economía e Facenda para a presentación das declaracións ou declaracións-liquidacións por vía telemática, así como para celebrar acordos con outras administracións públicas, así como coas entidades, institucións e organismos a que se refire o artigo 96 da Lei 230/1963, do 23 de decembro, xeral tributaria, para facer efectiva a colaboración social na presentación e ingreso das citadas declaracións ou declaracións-liquidacións mediante a utilización das técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos, regula nesta orde a presentación telemática deste imposto, tanto se esta se realiza directamente polos suxeitos pasivos como se se realiza a través de determinados profesionais ou entidades, tendo en conta que o carácter non periódico destes tributos implica con frecuencia a presenza destes nos trámites previos á presentación.
En virtude do exposto,
| |Dadas as expectativas de dereitos, opoñibles fronte a terceiros, a que pode dar lugar a carta de pagamento validada co correspondente NRC, unha vez xerado este non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade de depósito, debendo presentar o suxeito pasivo, de ser o caso, ante a Administración tributaria, a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos axeitadamente fundamentada.
Pola súa parte, a entidade de depósito deberá realizar o aboamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC.
As entidades que desexen adherirse aos sistemas de pagamento de autoliquidacións presentadas de forma telemática deberán solicitalo expresamente á Dirección Xeral de Tributos, de acordo co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 5 de xuño de 2003, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula o procedemento para o pagamento e a presentación telemáticos das autoliquidacións correspondentes ao imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, pola transmisión de determinados medios de transporte usados entre particulares.
Os contribuíntes deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación, no caso de que a autoliquidación presentada non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación da forma sinalada no punto 3 anterior.
Aquelas persoas que non desexen realizar a presentación telemática deste imposto ou ben non dispoñan do certificado de usuario expedido pola FNMT-RCM ou por outras autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Economía e Facenda, poderán cubrir a súa autoliquidación utilizando o programa de axuda existente na páxina web desta consellería. Para estes efectos e unha vez introducidos os datos correspondentes, o sistema imprimirá catro exemplares do modelo 650 e 651 (exemplar para o interesado, exemplar para a Administración, talón de cargo e carta de pagamento) que serán válidos para a presentación do imposto de forma presencial nas oficinas xestoras desta consellería.
De acordo co establecido nos artigos 64, 66 e 87 do Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns, o contribuínte debe presentar ante a Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia a documentación que o artigo 66 sinala, así como, de ser o caso, o orixinal e copia simple do documento notarial, xudicial ou administrativo ou privado no que conste ou se relacione o acto ou contrato que orixine o tributo.
No caso de presentación telemática do imposto, os usuarios deberán presentar a documentación anteriormente sinalada, acompañada de copia do exemplar para o interesado do modelo 650 ou 651, no prazo de 15 días seguintes ao pagamento e presentación das autoliquidacións. Se existe documento público, non será precisa a devandita presentación cando o notario autorizante deste lle envíe á Administración tributaria da Comunidade Autónoma copia autorizada por vía telemática.
| |Os profesionais colexiados, así como as entidades institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, no exercicio das súas funcións e nas actuacións previstas nos convenios correspondentes, respectarán as normas establecidas na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais aos que o suxeito pasivo solicitase a colaboración para a presentación telemática deste imposto, deberán posuír a representación nos termos establecidos no artigo 46 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. A Administración poderá requirir destes, en calquera momento, a acreditación da devandita representación.
A falta de representación abonda das persoas no nome da cal se presentase a documentación dará lugar á exixencia das responsabilidades que fosen procedentes.
(1) Modificada pola Orde do 2 de xuño de 2006 pola que se modifica a disposición adicional primeira das ordes do 19 de maio de 2005, 30 de abril de 2004 e 5 de xuño de 2003, polas que se regula o procedemento para o pagamento e a presentación telemáticos das autoliquidacións correspondentes ao imposto sobre sucesións e doazóns e ao imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
No suposto de pagamento telemático das autoliquidacións referidas ao imposto de sucesións e doazóns, a entidade de depósito autorizada, que colaborara na xestión recadadora e que xerara o correspondente NRC xustificante deste, conservará durante un período de seis anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC.
A falta de resposta do ordenador da entidade de depósito autorizada, colaboradora na xestión recadadora, elixida polo interesado para realizar o pagamento telemático das autoliquidacións previstas nesta orde, así como a falta de conformidade da devandita entidade a materializar a operación polos motivos que, con ocasión do intento de efectuar o devandito pagamento poña en coñecemento do citado interesado, non escusarán a este do pagamento e presentación da autoliquidación dentro dos prazos establecidos na normativa dos correspondentes impostos.
2. Usuarios. Terán a consideración de usuarios para os efectos previstos nesta norma calquera dos seguintes:
- Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais o profesionais, que subscriban coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.
- Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios impostos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Economía e Facenda.
Os profesionais colexiados, así como as entidades, institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, no exercicio das súas funcións e nas actuacións previstas nos convenios correspondentes, respectarán as normas establecidas na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais o profesionais, aos que o suxeito pasivo de devanditos impostos solicitara a colaboración para a presentación telemática do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, terán o carácter de presentadores do documento cos efectos previstos no regulamento do devandito imposto.
2. Usuarios. Terán a consideración de usuarios para os efectos previstos nesta norma calquera dos seguintes:
- Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que subscriban coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.
- Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios impostos, o doutras autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Economía e Facenda.
Os profesionais colexiados, así como as entidades, institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, no exercicio das súas funcións e nas actuacións previstas nos convenios correspondentes, respectarán as normas establecidas na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, aos que o suxeito pasivo dos devanditos impostos solicitara a colaboración para a presentación telemática do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, pola transmisión de determinados medios de transporte usados entre particulares, terán o carácter de presentadores do documento cos efectos previstos no regulamento do devandito imposto.
2. Usuarios. Terán a consideración de usuarios para os efectos previstos nesta norma calquera dos seguintes:
- Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que subscriban coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.
- Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios impostos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Economía e Facenda.
Disposición adicional quinta.-Confidencialidade e representación.
Os profesionais colexiados, así como as entidades, institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, no exercicio das súas funcións e nas actuacións previstas nos convenios correspondentes, respectarán as normas establecidas na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2005.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda
A entidade financeira xerará o NRC (número de referencia completo) segundo a segunda norma técnica do anexo I da orde do Ministerio de Facenda, do 28 de decembro de 2000 (BOE do 3 de xaneiro de 2001), correspondente á xeración de NRC para documentos de ingreso expedidos polas oficinas tributarias. O NRC xerarase a partir dun rexistro de 48 caracteres codificados en EBCDIC:
O número de referencia completo (NRC) resultante terá 22 posicións: