Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Decreto 8/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993, reguladora da administración hidráulica, relativo ó canon de saneamento.

(DOG núm. 20, do 1 de febreiro de 1999)

| | |
arriba
|

A Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia crea e regula nos seus aspectos esenciais o canon de saneamento como ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma, facultando o Consello da Xunta para ditar as disposicións regulamentarias de desenvolvemento da devandita regulación, cunha habilitación xeral que se complementa coas específicas chamadas ó regulamento contidas nos diversos preceptos da lei. Ingreso de dereito público que participa da natureza dos tributos, xa que a súa estructura e elementos esenciais, definidos nos artigos 34 a 41 da devandita lei, coinciden cos previstos no artigo 10 da vixente Lei xeral tributaria para a xeneralidade dos tributos.

Para estes efectos, o Consello da Xunta de Galicia dictou o Decreto 27/1996, do 25 de xaneiro, polo que se daba cumprimento ó previsto na norma legal, adoptando a forma de desenvolvemento xeral do tributo naquilo que ten de singular e facendo remisións expresas ou xenéricas ás disposicións comúns aplicables ó resto de tributos de Galicia.

Nembargantes, a experiencia de máis de dous anos na xestión recadatoria do canon de saneamento por parte da Administración hidráulica de Galicia, xunto coa recente aplicación do tributo ós usuarios domésticos da auga desde o pasado 1 de xullo, tal como se prevía na Lei de orzamentos do exercicio que corre, aconsellan revisar e modificar o devandito Decreto 27/1996 en varios dos seus aspectos, singularmente aqueles referidos á intervención das entidades subministradoras, e os correspondentes á determinación do canon por volume e por medición directa da carga contaminante.

É por isto que se dicta o presente decreto, o cal, para maior seguridade xurídica, refunde nun só documento normativo o anterior Decreto 27/1996 xunto coas modificacións e revisións operadas polo novo decreto, obténdose así un único texto regulamentario, de mais fácil consulta e aplicación

Así pois, na regulación que se efectúa, o canon de saneamento configúrase, despois das disposicións xerais (Art. 1 a 3) a partir da definición dos seus elementos esenciais. De acordo coa delimitación legal, o feito impoñible (Art. 4) consiste na utilización ou dispoñibilidade da auga por razón da contaminación producida. Seguen os preceptos dedicados ó devengo e ós suxeitos pasivos (Art. 5 e 6), e dáse o tratamento da base impoñible e correlativamente do tipo impositivo (Arts. 7 a 14) un carácter nuclear, ó establecer detalladamente os métodos de determinación da base, segundo o modelo da Lei xeral tributaria, atendendo especialmente á consideración dos usos da auga e ós diversos parámetros para a determinación da carga contaminante.

De acordo coa distinción legal, o regulamento establece procedementos de xestión do canon, segundo deba ser percibido por entidades subministradoras de auga (Cap. 2º) ou aboado por aproveitamentos efectuados directamente polo contribuínte, sexa en función do volume de auga utilizada (Cap. 3º, sección 1ª) ou pola contaminación producida (sección 2ª). Os devanditos procedementos de xestión artéllanse de acordo con criterios de simplificación de trámites e de garantía da posición xurídica dos interesados mediante a súa comparecencia nos diversos expedientes de fixación de modalidades de aplicación, bases e tipos de gravame.

Finalmente, unha parte extensa da regulación dedícase ás normas adxectivas en materia de xestión, con atención especial ós procedementos de comprobación e investigación, recadación, sanción e revisión, que constitúen un contido necesario de acordo co criterio expresado de tratamento integral da figura tributaria.

A complexidade técnica das operacións necesarias para a determinación dos elementos cuantificadores do canon fai inevitables diversas referencias a métodos analíticos e procesos que se agrupan nun anexo ó texto articulado. A devandita opción de ordenación non exceptúa, nembargantes, as normas expresadas, do seu carácter regulador da parte do procedemento a que se refiren e constitúen tamén preceptos de necesaria observancia tanto para a Administración xestora como para os contribuíntes, na medida en que están suxeitos á práctica das operacións descritas.

Por todo isto, e de conformidade coa habilitación legal contida na disposición derradeira segunda da Lei 8/1993, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, oído o Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.

Apróbase o Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993, reguladora da Administración hidráulica, relativo ó canon de saneamento que figura como anexo ó presente decreto.

|
arriba
|

Disposición adicional

As entidades subministradoras de auga facturaranlle o canon de saneamento ós respectivos abonados suxeitos a el desde a data de entrada en vigor deste decreto.

|
arriba
|

Disposición transitoria

Naqueles casos nos que Augas de Galicia non efectuase aínda a liquidación directa a que se refire a disposición adicional terceira do Decreto 27/1996, procederase do seguinte xeito:

  1. Augas de Galicia requirirá do suxeito pasivo unha declaración específica do volume de auga consumido ou utilizado no período comprendido entre o día 1 de xullo de 1995 e o día 31 de xaneiro de 1996.
  2. Se o suxeito pasivo contase con abastecemento procedente de entidade subministradora, Augas de Galicia requiriralle a información sobre os caudais subministrados.
  3. Cos datos así obtidos, Augas de Galicia emitirá unha única liquidación directa en concepto de canon de saneamento correspondente á totalidade do devandito período.
|
arriba
|

Disposición derrogatoria

Queda derrogado integramente o Decreto 27/1996, do 25 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, relativo ó canon de saneamento; así como cantas outras disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido no presente decreto. Con excepción das ordes do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con datas do 8 de febreiro de 1996 e 9 de maio de 1996, polas que se aproban determinados modelos ós que se refire o Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993.

|
arriba
|

Disposicións derradeira primeira

Facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para ditar as normas necesarias para o desenvolvemento do presente decreto.

|
arriba
|

Disposicións derradeira segunda

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

|
arriba
|

ANEXO: REGULAMENTO DE DESENVOLVEMENTO LEXISLATIVO DO CAPÍTULO IV DA LEI 8/1993, REGULADORA DA ADMINISTRACIÓN HIDRÁULICA, RELATIVO Ó CANON DE SANEAMENTO.

|
arriba
|

ANEXO: MÉTODOS ANALÍTICOS E PROCEDEMENTOS PARA A DETERMINACIÓN DOS PARÁMETROS DE CONTAMINACIÓN.

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC