(DOG
núm.125, de 2 de Xulio de 1993)
| Saltar
sumario |
Sumario
(Reprodúcese unicamente o capítulo
IV da lei relativo ó canon de saneamento)
|
| |
|
CAPITULO IV. Canon de Saneamento.
Artigo 33.
- Créase un canon de saneamento, con carácter de
ingreso de dereito público, aplicable no ámbito
territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
- O seu rendemento destinarase integramente ó financiamento
de gastos de investimento e de explotación de infraestructuras
de evacuación “en alta” e de tratamento de
augas residuais, de acordo coa programación aprobada polo
Consello da Xunta de Galicia.
- O ente autónomo Augas de Galicia realizará a
xestión do canon e aplicarao ás finalidades concretas
ás que o mesmo se destina.
- O ente autónomo Augas de Galicia está obrigado
a levar un rexistro separado dos recursos obtidos por este concepto,
que poderá ser fiscalizado pola Consellería de Economía
e Facenda.
Artigo 34.
- Constitúe o feito impoñible do canon de saneamento
a producción de vertidos de augas e de productos residuais
realizados directa ou indirectamente. En todo caso, enténdese
realizado o feito impoñible polo consumo ou pola utilización
potencial ou real da auga de calquera procedencia.
- Non darán lugar á aplicación do canon
de saneamento os usos da auga correspondente a:
- Subministración en alta a servizos públicas
de distribución de auga potable.
- Alimentación de fontes públicas ou monumentais,
bocas de rega e extinción de incendios a cargo de entidades
públicas.
- A utilización de auga para o uso de rega agrícola
- Os usos domésticos nos núcleos de poboación
que non dispoñan de sumidoiro, mentres este non entre
en funcionamento. (apartado engadido pola
disp. adicional oitava Lei 7/1999, do 29 de decembro).
- Establécese unha deducción do 50% da cota tributaria
do canon de saneamento para os usos domésticos da auga
das familias numerosas que acrediten formalmente tal condición,
de acordo coa normativa aplicable na materia. (apartado
engadido por disp. adicional oitava Lei 7/1999, de 29 decembro)
Artigo 35. (segundo
a redacción dada disp.adicional terceira Lei 6/1998, do 29
de decembro)
- Estará exento do canon de saneamento o consumo ou a
utilización de auga para usos domésticos nas aglomeracións
urbanas de menos de 2.000 habitantes, entendidas estas como aquelas
zonas xeográficas formadas por un ou varios municipios,
ou parte dun ou varios deles, que pola súa poboación
ou actividade económica constitúan un foco de xeración
de augas residuais que xustifique a recollida e conducción
a unha instalación de tratamento ou a un punto de vertido
final. Regulamentariamente determinarase a relación de
aglomeracións urbanas que, consonte o antes disposto, non
estarán exentas do canon de saneamento. O límite
do número de habitantes poderá ser variado anualmente
na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma.
- Enténdese por habitante a definición de habitante-equivalente
contida no artigo 2.f) do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro,
polo que se establecen as normas aplicables ó tratamento
das augas residuais urbanas. (apartado engadido
por disp. adicional cuarta Lei 8/2001, de 2 de agosto).
Artigo 36.
- O canon devengarase no momento de producirse o vertido ou ben
no momento no que se produza o uso ou consumo de auga procedente
de entidades subministradoras ou de captacións propias.
- Para os efectos do previsto nesta lei, teñen a condición
de entidades subministradoras de auga as persoas físicas
ou xurídicas de calquera natureza que mediante instalacións
de titularidade pública ou privada efectúen unha
subministración “en baixa” de auga potable.
Artigo 37.
- Son suxeitos pasivos en calidade de contribuíntes as
persoas físicas ou xurídicas de calquera natureza
e demais entidades sen personalidade xurídica ás
que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que efectúen
vertidos ou, se é o caso, utilicen ou consuman auga.
- Cando o consumo ou a utilización de auga non proveña
de captacións propias do suxeito pasivo e se realice a
través de entidades que efectúen a subministración
“en baixa” de auga potable, estas terán a consideración
de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte.
Artigo 38.
- Tódalas entidades públicas ou privadas subministradoras
de auga que desenvolvan a súa actividade no territorio
de Galicia están obrigadas a facturar e recadar dos seus
abonados o canon de saneamento. As cantidades percibidas por este
concepto seranlle ingresadas ó ente autónomo Augas
de Galicia mediante autoliquidación na forma e nos prazos
que regulamentariamente se establezan.
- A administración liquidaralle o canon directamente ós
suxeitos pasivos que sexan titulares de captacións propias
de augas superficiais ou subterráneas, ou que sen selo
e sen recibir auga dunha entidade subministradora efectúen
vertidos contaminantes. Neste caso, na forma, nos prazos e nos
supostos que regulamentariamente se determinen, poderá
establecerse a obriga de realizar declaración-liquidación
do canon a cargo do suxeito pasivo.
Artigo 39. (segundo
redacción dada disp. adicional sétima Lei 6/1994,
de 29 de decembro)
- A base impoñible do canon consiste:
- En xeral, no volume de auga consumida ou utilizada no período
que sexa considerado.
- Nos casos nos que a Administración, de oficio ou
a instancia do suxeito pasivo, opte pola determinación
por medida directa ou por estimación obxectiva singular
da carga contaminante, a base consistirá na contaminación
efectivamente producida ou estimada expresada en unidades
de contaminación.
- Os parámetros e as unidades de contaminación
que se consideran na determinación da carga contaminante
no período considerado son os seguintes: (segundo
redacción Artigo 33 Lei 8/2003, de 29 de decembro).
Parámetros e as unidades de contaminación
| Parámetros |
Unidades de contaminación |
| a) Materias en suspensión (MES) |
Kg |
| b) Sales solubles (SOL) |
S/CM M³ |
| e) Materias oxidables (MO) |
Kg |
| d) Metais (MT) |
Kg equimetal |
| e) Materias inhibidoras (MI) |
Equitox |
- Regulamentariamente poderán establecerse métodos
de estimación obxectiva singular da base impoñible,
aplicables nos supostos seguintes:
- Captacións superficiais ou subterráneas de
auga non medidas por contador.
- Cando a base impoñible consista na carga contaminante
do vertido e esta mesma non fose obxecto de medida directa
particularizada
Artigo 40. (segundo
redacción dada disp. adicional sétima Lei 6/1994,
do 29 de decembro)
- O tipo de gravame expresarase en euros/m3 ou en euros pola unidade de contaminación en función da base impoñible á que teña que aplicarse(1). Establécense os seguintes valores do tipo de gravame do canon:
- Usos industriais ou asimilados:
- Tipo xeral por volume: 0,344 euros/m3
- Materias en suspensión: 0,201 euros/kg.
- Sales solubles: 3,231 euros/S/cm.m³.
- Materia oxidable: 0,403 euros/kg.
- Metais: 9,079 euros/kg equimetal.
- Materias inhibidoras: 0,042 euros/equitox.
- Usos domésticos: 0,205 euros/m³
(1) segundo redacción Artigo 55 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de OXCA de Galicia para o ano 2008 (DOG nº 251, do 31 de decembro de 2007).
- A Lei de presupostos xerais poderá modificar para cada
exercicio orzamentario os valores por tipo unidade de volume e
por cada unidade de contaminación.
- Para os efectos da aplicación do canon reputaranse como
usos domésticos da auga todos aqueles supostos de utilización
da auga que non teñan a consideración de industriais
ou asimilados, segundo o disposto no apartado seguinte.
- Terán a consideración de usos industriais ou
asimilados da auga os efectuados polos usuarios, cando o consumo
anual de auga sexa igual ou superior a 3.000 m², ou,
cando sendo inferior, orixine contaminación de carácter
especial na súa natureza ou na súa cantidade. Para
estes efectos, considerarase producida tal contaminación
canda esta sexa superior á equivalente a unha poboación
de 200 habitantes.
- Fíxase como cantidade de contaminación diaria
equivalente a un habitante:
- 90 gramos de materia en suspensión.
- 57 gramos de materias oxidables.
- Corresponderalle á Lei de presupostos o establecemento
de coeficientes de concentración demográfica que
afecten ó tipo de gravame en relación cos usos domésticos
da auga. Os ditos coeficientes atenderán á poboación
total e ó seu grao de dispersión en cada municipio.
- Coeficiente de vertido ó mar:
- O tipo de gravame aplicable nos vertidos ó mar efectuados
mediante instalacións de saneamento privadas será
o resultado de multiplicar os tipos xerais fixados no punto
1 anterior polos seguintes parámetros e coeficientes:
Parámetros e coeficientes
| Parámetro |
Coeficiente |
| Sales solubles |
0 |
| Materias inhibidoras |
1 |
| Resto de parámetros |
Coeficientes de dilución |
-
Os baremos de aplicación do coeficiente de dilución
serán os que a continuación se indican:
Baremos de aplicación
| Valores de dilución inicial |
Coeficiente por dilución(kd) |
| 11.000 ou máis |
0,30 |
| Entre 7.000 e menos de 11.000 |
0,45 |
| Entre 4.000 e menos de 7.000 |
0,60 |
| Entre 2.000 e menos de 4.000 |
0,70 |
| Entre 1.000 e menos de 2.000 |
0,75 |
| Entre 100 e menos de 1.000 |
0,80 |
| Menos de 100 |
1,00 |
A Lei de presupostos xerais poderá modificar para
cada exercicio orzamentario os valores deste coeficiente.
Artigo 41. (segundo
redacción dada disp. adicional sétimo Lei 6/1994,
de 29 de decembro)
- A cota tributaria será o resultado de multiplicar:
- Nos supostos a que se refire o artigo 39.1.a), el volume
de auga, consumida no período considerado, expresado
en m3, polo tipo de gravame correspondente.
- Nos supostos a que se refire o artigo 39.1.b), aquelas
unidades de contaminación producidas no período
considerado, correspondentes a cada un dos parámetros
definidos no artigo 39.2, polo tipo de gravame correspondente
a cada un delas, modulado, no caso de vertido ó mar,
polo coeficiente referido no artigo 40.7
- Nos usos industriais e asimilados, a cota do canon, cando sexa
calculada polo procedemento de medida directa da contaminación,
poderá modificarse en razón das achegas ou detraccións
de auga que efectúe o contribuínte ó longo
do proceso. A dita modificación, cando proceda, operarase
mediante a aplicación dun coeficiente corrector do volume
igual á relación existente entre o caudal de auga
vertida e o caudal subministrado ou utilizado.
Artigo 42. (artigo
engadido por disp. adicional sétima Lei 6/1994, do 29 de
decembro)
- A xestión, liquidación e recadación do
canon de saneamento efectuarán de acordo co disposto nesta
lei e no seu regulamento do seu desenvolvemento. Supletoriamente,
rixe a lexislación xeral tributaria.
- As infraccións tributarias do canon de saneamento regulado
na presente lei serán cualificadas e sancionadas de conformidade
co disposto na Lei xeral tributaria.
- Os efectos de xestión, liquidación e recadación
dictados polo ente autónomo Augas de Galicia en relación
co canon de saneamento serán reclamables ante os órganos
económico-administrativos da Comunidade Autónoma.
|
|
Disposicións adicionais
Primeira.
- Créase a Empresa Pública de Obras e Servizos
Hidráulicos, como entidade de dereito público da
Xunta de Galicia, que ten por obxeto a xestión daquelas
obras e a prestación daqueles servizos que pola súa
contía ou entidade lle sexan encomendados, dentro do programa
de actuacións do ente autónomo Augas de Galicia.
A dita entidade ten personalidade xurídica propia e plena
capacidade e autonomía para o cumprimento dos seus fins.
A súa actividade adecuarase ó ordenamento xurídico
privado, sen prexuízo das relacións que resulten
da súa adscrición administrativa.
- O Consello de la Xunta de Galicia aprobará o estatuto
de dita empresa e determinará o momento do comezo da súa
actividade.
- O órgano colexiado superior da empresa é o seu
consello de administración.
O presidente do consello de administración, que á
súa vez exercerá a presidencia da empresa, será
nomeado de entre os seus membros polo Consello da Xunta de Galicia
por proposta do conselleiro de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda. O presidente ten a representación
legal da empresa e exerce as súas funcións directivas
e executivas superiores.
Formarán parte do consello de administración:
- O director xeral de Obras Públicas da Consellería
de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
- Tres vocais designados pola Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
- Un vocal designado pola Consellería de Economía
e Facenda.
- Ata dous vocais máis en representación doutros
departamentos da Administración autonómica.
Pertencer ó consello de administración non xerará
dereitos laborais
(apartado modificado polo art. 28 da Lei 7/2002,
do 27 de decembro).
- O persoal da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos
poderá ser contratado en réxime de dereito laboral
ou ser funcionario, ou asimilado, ó servizo da Administración
da Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á empresa.(apartado
engadido polo art. 29 da Lei 7/2002, do 27 de decembro) .
Segunda. (apartado
engadido por disp. adicional cuarta Lei 8/2001, do 2 de agosto)
- A aprobación dos proxectos de obras hidráulicas
que leve a cabo a Administración hidráulica de Galicia
levará implícita a declaración de utilidade
pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos
afectados para os efectos da súa expropiación forzosa,
da ocupación temporal e da imposición ou modificación
de servidumes. A declaración de utilidade pública
e necesidade de ocupación refírense tamén
ós bens e dereitos afectados polo replánteo do proxecto
e polas modificacións de obras que se poidan aprobar con
posterioridade.
- Os proxectos correspondentes a obras hidráulicas que
non esgoten a súa funcionalidade no termo municipal onde
se localicen non estarán suxeitos a licencia municipal
nin a calquera acto de control preventivo municipal ós
que se refire o artigo 84.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora
das bases de réxime local, e o artigo 286.1.b) da Lei 5/1997,
do 22 de xullo, da Administración local de Galicia. A execución
destas obras, sempre que se leve a cabo de acordo cos proxectos
aprobados e se lles dea información previamente ás
administracións locais correspondentes, non poderá
ser suspendida polos órganos urbanísticos competentes
.
|
|
Disposicións transitorias.
Primeira.
- O persoal funcionario actualmente adscrito ós servizos
hidráulicos dependentes da Consellería de Ordenación
do Territorio e Obras Públicas poderá integrarse
no cadro do persoal do ente público Augas de Galicia sen
aliteración na súa situación administrativa.
Esta integración axustarase, en todo caso, ás
necesidades de persoal do ente público, segundo a relación
de postos de traballo que se aprobe.
O persoal desta clase que non se integre en Augas de Galicia
terá opción a prestar os seus servizos noutros
órganos da Administración autonómica.
- O persoal laboral que actualmente preste os seus servizos na
Administración hidráulica quedará integrado
en Augas de Galicia, conservando os dereitos laborais de todo
tipo que teña recoñecidos; a integración
axustarse á estructura do cadro de persoal que no seu momento
se aprobe.
- O persoal interino e contratado administrativo que á
entrada en vigor desta lei prestase os seus servizos na Administración
hidráulica da Consellería de Ordenación do
Territorio e Obras Públicas poderá así mesmo
ser integrado en Augas de Galicia na forma prevista no punto 1
anterior. En todo caso, o dito persoal poderá acceder á
condición de funcionario de carreira nos termos establecidos
pola Lei da función pública de Galicia, nas mesmas
condicións que o que non exercitase a opción de
integración.
O persoal desta clase que non se integre continuará
prestando os seus servizos na Consellería de Ordenación
do Territorio e Obras Públicas.
-
A integración no cadro de persoal do ente público
Augas de Galicia entenderase sen menoscabo dos dereitos adquiridos
con anterioridade polo persoal que a exercite.
Segunda.
Mentres non sexan aprobadas as disposicións regulamentarias
relativas á composición dos órganos colexiados
do ente autónomo Augas de Galicia nin constituídos
efectivamente os devanditos órganos, os actos da Administración
hidráulica de Galicia que, segundo a presente lei requiren
a intervención daqueles, poderán adoptarse polo órgano
competente en cada caso, debendo contarse coa autorización
do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas
cando a resolución corresponda a un órgano dependente
ou adscrito á citada Consellería.
En ningún caso a constitución de tales órganos
debe ser superior ó ano desde a entrada en vigor desta lei.
Terceira.
Ata que non sexan aprobados os instrumentos de planificación
hidrolóxica das concas hidrográficas comprendidas
integramente no territorio de Galicia, as concesións de aproveitamento
de bens de dominio público hidráulico outorgaraas
o órgano competente logo de valoración da solicitude,
considerando os recursos dispoñibles na área afectada
por aquela e a súa adecuación ás necesidades
efectivas do peticionario, da acordo coa orde de preferencia que
establecen os artigos 58.3º e 58.4º da Lei estatal de
augas.
Cuarta. (apartado
engadido por disp. adicional oitava Lei 7/1999, do 29 de decembro).
A exención establecida na letra d) do punto 2 do artigo
34 desta lei e a deducción do punto 3 do mesmo artigo só
producirán efecto a partir da entrada en vigor da norma regulamentaria
onde se establezan os requisitos e procedementos para a súa
aplicación.
|
|
Disposicións derradeiras
Primeira.
O organismo autónomo Augas de Galicia someterá o
seu réxime económico, financeiro e orzamentario á
Lei 11/1992, do 7 de outubro (LG 1992\257 e LG 1992\278), de réxime
financeiro e orzamentario de Galicia, ás leis de presupostos
da Comunidade Autónoma e á demais normativa aplicable.
Augas de Galicia gozará do mesmo tratamento fiscal que
a Comunidade Autónoma, por ser Administración institucional
desta
Segunda.
Autorízase ó Consello da Xunta de Galicia para que
dicte as disposicións regulamentarias que sexan precisas
para o cumprimento desta lei.
Terceira.
A través da Lei de presupostos da Comunidade Autónoma
poderán establecerse as modificacións oportunas en
canto á regulación legal do canon de saneamento establecido
na presente lei.