(DOG núm.122, de 27 xuño de 1991)
O principio de autonomía financeira das Comunidades autónomas ven consignado no artigo 156 da Constitución Española, como principio instrumental para o desenvolvemento e execución das competencias propias destas Comunidades.
Este principio é enunciado, así mesmo, no artigo primeiro da Lei Orgánica 8/1980, do 22 de decembro, de financiamento das Comunidades autónomas, que o adecúa á Constitución e segundo as atribucións das respectivas leis e estatutos.
De acordo con estes principios, o Estatuto de Autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece que a Facenda da Comunidade Autónoma se constitúe, entre outros, polos rendementos dos impostos que estableza a Comunidade Autónoma e unha recarga sobre impostos estatais.
As necesidades que se senten na nosa Comunidade nos campos de infraestructura, servizos sociais que fagan participar o maior número de persoas dun axeitado benestar social e da repoboación ecolóxica e mantemento dos nosos bosques, obrigan a establecer novas fontes de ingresos que coadxuven cos existentes á correspondente financiamento.
Por outra parte, parece conveniente modificar a Lei 14/1985 de xogos e apostas de Galicia naqueles aspectos que veñen requirindo un tratamento urxente, porque dalgunha forma, directa ou indirecta, protexen ou poden encubrir fraude fiscal ou dificultar as probas inicialmente constatadas polos servizos de inspección, e así, por un lado, modifícase a tipificación das infraccións derivadas da falta de documentos que pasa de leve a grave e, por outro lado, axilízase o procedemento de inmobilización daquelas máquinas ou aparellos nos casos en que, como consecuencia da inspección practicada e dos feitos inicialmente comprobados, poda resultar infracción de carácter grave ou moi grave, atribuíndose ó persoal de inspección capacidade para o precintado inmediato e inmobilización provisional dos citados aparellos ou máquinas.
Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 de Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo, en nome do rei, a Lei de Tributación sobre o xogo.
| |Constitúe o feito impoñible a participación no xogo do bingo nos locais autorizados.
A base impoñible está constituída polo importe das cantidades satisfeitas polo suxeito pasivo contribuínte no momento da adquisición dos cartóns.
Constitúe a base liquidable o 70% da base impoñible.
O tipo de gravame queda establecido no 5%.
Prodúcese o devengo no momento da adquisición dos cartóns polo suxeito pasivo contribuínte.
| |Capítulo derrogado pola disposición derrogatoria única da Lei 2/1998 do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión, así como todas aquelas referencias que se fagan este no capítulo III de disposicións comúns.
Os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar declaración
e a liquidar e ingresar o seu importe nos prazos e forma que regulamentariamente
se determine.
No caso do imposto sobre o bingo poderase establecer a obriga de
realizar un pagamento a conta.
A competencia para a xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión corresponde á Consellería de Economía e Facenda.
As infraccións tributarias serán cualificadas e sancionadas consonte ó disposto na Lei Xeral Tributaria e demais disposicións complementarias ou concordantes que regulan a potestade sancionadora da Administración pública en materia tributaria.
Contra os actos de xestión de carácter tributario poderase interpor reclamación económico-administrativa consonte ó disposto no artigo 20 da Lei Orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas.
| |A Lei Xeral Tributaria e as súas normas complementarias aplicaranse con carácter subsidiario en todo o que non regule a presente Lei nestas materias.
En canto á recarga sobre a taxa fiscal que grava os xogos de sorte, envite ou azar, rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias, creado por esta Lei, seralle de aplicación tamén con carácter subsidiario, a normativa reguladora da devandita taxa.
A través da Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma poderase modificar o establecido nesta lei.
Modifícanse os seguintes artigos da Lei 14/1985, do 23 de outubro, de xogos e apostas de Galicia:
Iniciado o expediente sancionador por falta grave ou moi grave, a autoridade competente para resolvelo poderá decretar, como medida provisional, o comiso de efectos, máquinas ou instrumentos de xogo relacionados coa infracción.
Cando o persoal inspector proceda a levantar acta por infraccións que podan ter este carácter de grave ou moi grave e se estime conveniente a efectos probatorios, este realizará o precinto inmediato das devanditas máquinas, efectos ou instrumentos, reflectindo tal circunstancia na dita acta, así como as razón que a motivaron.
A Administración dispón dun prazo de 30 días naturais para confirmar ou modificar tal medida provisional. Transcorrido o prazo sen efectuar a oportuna notificación á empresa operadora ou ó titular do local, indistintamente, quedará enervada a dita medida provisional, sen prexuízo de que poda adoptarse posteriormente.
En tanto non se creen os órganos da Xunta de Galicia competentes para o coñecemento das reclamacións económico-administrativas, consonte ó disposto no artigo 15 desta Lei, calquera controversia que poda suscitarse como consecuencia de actos de xestión tributaria substanciarase de acordo co establecido na Lei de procedemento administrativo, do 17 de xullo de 1958.
| |Autorízase ó Goberno para que, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, dicte as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación da presente lei.
A presente Lei entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».
A recarga sobre a taxa que grava o xogo nos casinos entrará en vigor o día primeiro de xaneiro de 1993.