(DOG
núm. 252, do 29 de decembro de 2004.)
|
| |
|
A Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas
fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das Comunidades
Autónomas de réxime común e cidades con Estatuto
de Autonomía, no seu artigo 42 establece o alcance das competencias
normativas que poden asumir as Comunidades Autónomas respecto
ós tributos sobre o xogo, e, en concreto, no seu punto 1
establece que aquelas poderán asumir competencias normativas
sobre exencións, base impoñible, tipos de gravame
e cotas fixas, bonificacións e devengo e, por outra banda,
no seu punto 2 sinala que as referidas Comunidades Autónomas
tamén poderán regular os aspectos de xestión,
liquidación, recadación e inspección. Estas
competencias foron asumidas pola nosa Comunidade en virtude da Lei
18/2002, do 1 de xullo, de modificación do réxime
de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma
de Galicia.
Xa a Lei 14/1996, do 30 de decembro, de cesión de tributos
do Estado a las Comunidades Autónomas e de medidas fiscais
complementarias, establecía no seu artigo 13.seis o alcance
das competencias normativas que podían asumir as Comunidades
Autónomas respecto dos tributos sobre o xogo e que abranguían
entre outras os aspectos de xestión, liquidación,
recadación e inspección. Xa dende o ano 1997, exercéronse
estas competencias e estableceuse un réxime de xestión
diferente ao vixente na normativa estatal. Actualmente o procedemento
de xestión da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través
de máquinas contense en dúas ordes da Consellería
de Economía e Facenda, segundo a presentación e o
pagamento da taxa se realice da forma tradicional ou de forma telemática:
a Orde do 13 de decembro de 1999, pola que se regula a xestión
e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través
de máquinas recreativas con premio tipo B, ou de azar tipo
C, e a Orde do 30 de decembro de 2003 pola que se regula a presentación
e o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado
a través de máquinas de xogo, tipo A especial, B,
ou C.
Coa finalidade de dar un paso máis na facilitación
da xestión da taxa, modifícanse os períodos
temporais nos que os suxeitos pasivos deberán presentar as
declaracións-liquidacións das súas máquinas
correspondentes e deberán facer efectivos os ingresos dos
pagamentos fraccionados trimestrais. Por este motivo e mediante
esta orde modifícanse as disposicións contidas nas
ordes precitadas reguladoras dos prazos antes referidos.
Por outra banda, apróbase o modelo para facer efectivo o
ingreso da taxa fiscal de xogo en casinos de uso obrigatorio na
Comunidade Autónoma de Galicia.
En virtude do exposto e de acordo coas competencias normativas
que o artigo 42 da Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan
as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento
das Comunidades Autónomas de réxime común e
cidades con Estatuto de Autonomía, outorga sobre a xestión,
liquidación, recadación e inspección dos tributos
sobre o xogo, e de acordo co establecido no artigo 2 da Lei 18/2002,
do 1 de xullo, do réxime de cesión de tributos do
Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación
do alcance e condicións da devandita cesión,
|
|
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificacións
na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 13
de decembro de 1999, pola que se regula a xestión e o pagamento
da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas
recreativas con premio tipo B ou de azar tipo C.
- Modifícase o título da orde, de forma que pasará
a denominarse "Orde do 13 de decembro de 1999 pola que se
regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo
realizado a través de máquinas de xogo, tipo A especial,
B ou C".
- Modifícase o artigo 2.1 da orde, quedando redactado
como segue:
"No caso de máquinas autorizadas en anos anteriores
ao do devengo os suxeitos pasivos deberán presentar nos
vinte primeiros días naturais do mes de marzo unha declaración
por cada máquina, practicando a liquidación pola
cota anual legalmente establecida para o exercicio de que se trate
e ingresando o primeiro dos pagamentos fraccionados, que consistirá
na cuarta parte da cota anual. O prazo anterior entenderase prorrogado
ata o primeiro día hábil seguinte no suposto de
que o último día do período fose día
inhábil ou sábado."
- Modifícase o artigo 2.3 da orde, quedando redactado
como segue:
"Cando se trate de máquinas de nova autorización,
ou que a data 1 de xaneiro se atopasen en situación de
baixa temporal e se pretenda dalas novamente de alta, os suxeitos
pasivos presentarán a declaración correspondente
no primeiro prazo de ingreso dos pagamentos fraccionados que estivese
operativo, salvo que os prazos de ingreso do ano natural estiveran
expirados, en cuxo caso deberá presentarse a declaración
con carácter previo á data da autorización
ou alta. Os suxeitos pasivos deberán practicar ao mesmo
tempo liquidación da cota anual, agás que a autorización
ou alta se pretendese realizar a partir do 1 de xullo, en cuxo
caso se liquidará só o 50% da cota anual e así
mesmo, deberán realizar simultaneamente o ingreso dos pagamentos
fraccionados correspondentes ao trimestre corrente e o xa vencido,
de ser o caso."
- Modifícase o artigo 4.2 da orde, quedando redactado
como segue:
"Os suxeitos pasivos virán obrigados a efectuar o
pagamento do resto da cota anual en tres pagamentos fraccionados,
cada un deles por unha cuarta parte da cota anual, que deberán
ingresarse da forma seguinte: o segundo deles ingresarase nos
vinte primeiros días naturais de xuño, o terceiro,
nos vinte primeiros días naturais de setembro e o cuarto,
nos cinco primeiros días naturais de decembro, prorrogándose
cada un destes prazos ata o primeiro día hábil seguinte
no suposto de que o último día do período
fose día inhábil ou sábado. Para realizar
cada un dos ingresos anteriores empregarase unha carta de pagamento
consonte co disposto no punto seguinte."
- Modifícase o artigo 8.3 da orde, quedando redactado
como segue:
" O prazo no que o suxeito pasivo debe retirar do servizo
correspondente o distintivo acreditativo a que se refire o parágrafo
anterior será o comprendido entre o vixésimo e o
último día do mes de abril nos casos de presentación
dentro do prazo establecido no artigo 2.1, e o comprendido entre
o trixésimo e o cuadraxésimo quinto día hábil
contados a partir da data de presentación da autoliquidación
no resto dos casos."
- Modifícase o terceiro parágrafo do punto 6 das
instrucións contidas no anexo da orde, quedando redactado
como segue:
"En calquera entidade colaboradora autorizada se o ingreso
se efectúa entre o 1 e o 20 de marzo (ou inmediato hábil
posterior), ben en efectivo ou mediante cargo en conta. Se solicita
aprazamento ou fraccionamento da débeda tributaria, deberá
cubrir cunha "X" o cadro correspondente."
- Modifícanse as instrucións contidas no anexo
da orde, no seu apartado titulado "Prazos de presentación",
quedando redactado como segue:
"PRAZOS DE PRESENTACIÓN.
- Máquinas autorizadas en anos anteriores:
- Declaración-liquidación: nos vinte primeiros
días do mes de marzo.
- Máquinas de nova autorización ou procedentes
de situación de baixa temporal:
- Declaración-liquidación: no primeiro
prazo de ingreso dos pagamentos fraccionados que estea
operativo trala data da autorización. Estes prazos
son os seguintes:
- Primeiro pagamento fraccionado: do 1 ao 20 de marzo
- Segundo pagamento fraccionado: do 1 ao 20 de xuño
- Terceiro pagamento fraccionado: do 1 ao 20 de setembro
- Cuarto pagamento fraccionado: do 1 ao 5 de decembro."
- Modifícase a letra e) do anexo II da orde, quedando
redactada como segue:
"e) O tipo de máquina a que corresponde: tipo A especial,
tipo B ou tipo C."
- Substitúense tódalas referencias feitas na orde
á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións
Laborais polas referencias á consellería competente
en materia de xogo.
Artigo 2. Modificacións
na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30
de decembro de 2003, pola que se regula a presentación e
o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado
a través de máquinas de xogo, tipo A especial, B ou
C.
- Modifícase o artigo 2 da orde, quedando redactado como
segue:
"O prazo para a realización do pagamento e a presentación
telemáticos das autoliquidacións da taxa fiscal
sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo,
comprenderá dende o día 1 ata o 31 de marzo. Transcorrido
o mes de marzo non se poderá empregar a páxina web
para realizar ningunha presentación, debendo dirixirse
á Delegación competente por razón do territorio
consonte co disposto no artigo 6 da Orde do 13 de decembro de
1999, pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa
fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas
de xogo, tipo A especial, B, ou C."
- Modifícase o artigo 3.1 da orde, quedando redactado
como segue:
"O pagamento e a presentación das declaracións-liquidacións
correspondentes á taxa fiscal sobre o xogo realizado a
través de máquinas de xogo, correspondente a máquinas
autorizadas en data anterior ao devengo do tributo ou a máquinas
en situación de baixa temporal ou novas que pretendan darse
de alta ou autorizarse no primeiro trimestre do ano e que, consonte
cos puntos de conexión establecidos no artigo 26 da Lei
21/2001, deba efectuarse á Administración Tributaria
da Comunidade Autónoma de Galicia, poderá realizarse
por medios telemáticos, a través das aplicacións
que a devandita Administración poñerá a disposición
dos usuarios, especialmente mediante os programas de axuda existentes
nas aplicacións de presentación telemática
da páxina web desta consellería."
- Modifícase o artigo 3.2 da orde, quedando redactado
como segue:
"Para realizar a presentación e o pagamento das autoliquidacións
das máquinas autorizadas en anos anteriores ao devengo
e/ou das máquinas que pretenda dar de alta no primeiro
trimestre do ano procedentes da situación de baixa temporal
ou que sexan de nova autorización, o suxeito pasivo poderá
utilizar os datos facilitados pola propia administración
a través da aplicación informática, que poderá
modificar da forma que coide conveniente, ou ben poderá
incorporar os datos procedentes dun arquivo que terá as
especificacións técnicas que se detallan no anexo
II desta orde. Para realizar a carga dos datos procedentes deste
arquivo, os suxeitos pasivos deberán empregar a aplicación
"Upload de ficheiros" que se lles habilitará
na Oficina Virtual da páxina web da consellería.
Unha vez transmitido o arquivo, aparecerá a mensaxe de
"Transferencia completada con éxito". O arquivo
poderá ser enviado as veces que sexan necesarias, prevalecendo
sempre os datos contidos no último arquivo remitido. Unha
vez realizada a transmisión poderá usar os seus
datos na aplicación informática para a presentación
e o pagamento telemático do tributo a que se refire esta
orde."
- Modifícase o artigo 3.3 da orde, quedando redactado
como segue:
"A aplicación informática xerará unha
única carta de pagamento por cada suxeito pasivo e Delegación
de Economía e Facenda que sexa competente territorialmente
consonte co disposto no artigo 6 da Orde do 13 de decembro de
1999 previamente citada sobre o lugar da presentación,
segundo proceda. Esta carta de pagamento suporá a presentación
dunha autoliquidación por cada unha das máquinas
amparadas pola súa correspondente autorización que
o suxeito pasivo determinara na aplicación informática,
ben pola aceptación e/ou modificación dos datos
facilitados pola propia aplicación ou ben pola incorporación
dos datos procedentes do seu arquivo, consonte co establecido
no punto anterior. Cada unha das autoliquidacións suporá
a liquidación da cota anual legalmente establecida para
o exercicio corrente e a obriga de ingresar o primeiro dos pagamentos
fraccionados ós que se refire o artigo 2 da Orde do 13
de decembro de 1999 previamente citada. Para estes efectos a carta
de pagamento que xerará a aplicación acumulará
tódolos primeiros pagamentos fraccionados das máquinas
que o suxeito pasivo vaia presentar nunha Delegación."
- Modifícase a disposición adicional cuarta da
orde, quedando redactada como segue:
"A Orde do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión
e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través
de máquinas de xogo tipo A especial, B, ou C, será
de aplicación sempre que non se opoña ao disposto
na presente orde e, en concreto, será de aplicación
no que respecta ao pagamento dos pagamentos fraccionados trimestrais
subseguintes das autoliquidacións presentadas telematicamente
no mes de marzo."
Artigo 3. Aprobación do
modelo de declaración-liquidación da taxa fiscal sobre
o xogo en casinos, modelo 044.
- Apróbase o modelo de declaración-liquidación
da taxa fiscal sobre o xogo en casinos, que figura como anexo
I da presente orde, de uso obrigatorio na Comunidade Autónoma
de Galicia para tódolos suxeitos pasivos da taxa fiscal
sobre xogos de sorte, envite ou azar devengada polo xogo realizado
nos casinos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
- O modelo constará de tres exemplares: para a administración,
para o interesado e para a entidade financeira colaboradora na
recadación.
- O modelo estará dispoñible para os suxeitos pasivos
da taxa na páxina web da Consellería de Economía
e Facenda a través da oficina virtual e, para o seu uso,
aqueles deberán imprimir o modelo, cos seus tres exemplares
debidamente cubertos, en papel.
|
|
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
PRIMEIRA.
O modelo aprobado pola Orde do Ministerio de Facenda do 27 de
xullo de 2001 pola que se aproban os modelos 043, 044, 045, 181,
182, 190, 311, 371, 345, 480, 650, 652 e 651 en euros, así
como o modelo 777, documento de ingreso ou devolución no
caso de declaracións-liquidacións extemporáneas
e complementarias, e pola que se establece a obriga de utilizar
necesariamente os modelos en euros a partir do 1 de xaneiro de 2002
non será de aplicación no ámbito territorial
da Comunidade Autónoma de Galicia.
SEGUNDA.
Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da
súa publicación no DOG
e terá efectos dende o 1 de xaneiro do ano 2005.
|
|