(DOG.
núm.4, do 8 de xaneiro de 2004)
NORMAS TÉCNICAS PARA A XERACIÓN DO
NRC
A entidade financeira xerará o NRC
(Número de Referencia Completo) segundo a segunda norma técnica
do anexo I da orde do Ministerio de Facenda, do 28 de decembro de
2000 (BOE
do 3 de xaneiro de 2001), correspondente á xeración
de NRC
para documentos de ingreso expedidos polas oficinas tributarias.
O NRC
xerarase a partir dun rexistro de 48 carácteres codificados
en EBCDIC:
- MMMNNNNNNNNNDC (14): número de xustificante, sendo:
- MMMNNNNNNNNND (13): número de xustificante asignado
pola oficina tributaria.
- C (1): carácter de control calculado polo banco,
utilizando o mesmo algoritmo especificado na citada orde.
A oficina tributaria facilitaralle á entidade colaboradora
o algoritmo para o cálculo deste carácter de
control.
- XXXXXXXXX (9): NIF do debedor.
- NNNNNNNNNNNNN (13): importe de cargo.
- AAAAMMDD (8): data de cargo.
- XXXX (4): código de Banco de España da entidade.
O Número de Referencia Completo (NRC)
resultante terá 22 posicións:
- MMMNNNNNNNNNDC (14): número de xustificante (o mesmo
que o especificado enriba).
- XXXXXXXX (8): carácteres de control resultantes de aplicar
unha función MAC
4 do algoritmo DES
(segundo norma X9.9-1) ós datos anteriores (48 carácteres)
utilizando a clave privada do banco. Esta función xerará
8 carácteres de control; é dicir, a sinatura.