Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Orde do 27 de novembro de 2001, pola que se desenvolve o Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica e aproba os diferentes modelos de declaración e de declaración-liquidación, así como os documentos de ingreso en euros a utilizar para a xestión de tributos propios e cedidos.

(DOG núm. 242, de 17 decembro 2001)

| |

Disposición adicional cuarta.

Apróbase o modelo 045 Taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas recreativas e de azar. Declaración-liquidación en euros que figura no anexo VII da presente orde e que substituirá a todolos efectos ó modelo que figura no anexo I da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas recreativas con premio tipo B ou de azar tipo C.

Disposición adicional undecima.

Apróbasen os modelos en euros que se inclúen nos anexos XVI, XVII, XVIII e XIX seguintes e que son, respectivamente, os que se relacionan a continuación:

  1. Modelo 043. Taxa fiscal sobre o xogo. Bingo. Declaración-liquidación en euros.
  2. Modelo 600. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Declaración-liquidación en euros.
  3. Modelo 620. Imposto sobre transmisións patrimonias e actos xurídicos documentados. Transmisión de determinados medios de transporte usados. Declaración-liquidación en euros.
  4. Modelo 630. Imposto sobre transmisións patrimonias e actos xurídicos documentados. Actos Xurídicos Documentados. Pagamento en metálico do imposto que grava as letras de cambio. Declaración-liquidación en euros.
|
arriba
|

ANEXO VII: MODELO 045. TAXA FISCAL SOBRE O XOGO. MÁQUINAS RECREATIVAS E DE AZAR.

|
arriba
|

ANEXO XVI: MODELO 043. TAXA FISCAL SOBRE O XOGO. BINGO.

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC