Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Orde do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo tipo A especial, B, ou C. (1)

(Título da orde modificado polo artigo 1.1 da Orde do 22 de decembro de 2004 pola que se modifican os prazos de ingreso da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo, tipo A especial, B, ou C e se aproba o modelo de declaración - liquidación da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos).

(DOG núm. 249, do 28 decembro de 1999.)

| |

Sumario

DISPOSICIÓN TRANSITORIA.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS.

ANEXO I: MODELO DE DECLARACIÓN-LIQUIDACIÓN.Modelo actualizado (O modelo 045 desta orde, foi substituído a tódolos efectos polo modelo 045 - Taxa fiscal sobre o xogo - Máquinas de xogo - Autoliquidación, aprobado pola Orde do 14 de febreiro de 2007 (DOG nº 42, do 28 de febreiro de 2007)).

ANEXO II: DISTINTIVO ACREDITATIVO DA PRESENTACIÓN DA AUTOLIQUIDACIÓN. Modelo actualizado (Anexo II modificado a todolos efectos polo Anexo II da Orde do 14 de febreiro de 2007 pola que se modifica a orde do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo tipo A especial, B ou C, DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2007).

| | |
arriba
|

A Lei 14/1996, do 30 de decembro, de cesión de tributos do Estado ás comunidades autónomas e de medidas fiscais complementarias, no seu artigo 13.6º establece que o alcance das competencias normativas que poden asumir as comunidades autónomas respecto ós tributos sobre o xogo chega ata a regulación das exencións, bonificacións e o devengo, así como os aspectos de xestión, liquidación, recadación e inspección. Estas competencias foron asumidas pola nosa Comunidade en virtude da Lei 32/1997, do 4 de agosto, de modificación do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude das competencias asumidas pola Lei 32/1997, ditouse a Orde do 26 de decembro de 1997, pola que se estableceu un procedemento de xestión diferente ó establecido pola Orde do 18 de xaneiro de 1991, do Ministerio de Economía e Facenda, simplificándoo, de tal xeito que se reduciu o número de modelos presentados polos suxeitos pasivos e se estableceu a obriga da oficina xestora, no seu ámbito territorial, de acumular os pagamentos fraccionados correspondentes ás máquinas dunha mesma empresa operadora en tres cartas de pagamento, mediante as que o suxeito pasivo ía ingresar os pagamentos fraccionados pendentes. Non obstante, mantívose vixente o modelo 045 aprobado pola Orde do 18 de xaneiro de 1991, do Ministerio de Economía e Facenda.

Este modelo adaptouse a este novo procedemento de xestión introducindo ademais nel a posibilidade de ordenar a domiciliación das cartas de pagamento xeradas polas oficinas xestoras para facer efectivo o ingreso dos pagamentos fraccionados correspondentes.

Por todo iso, en uso da facultade conferida pola Lei 32/1997 citada e tendo como obxectivo tanto a aprobación do modelo 045 de uso obrigatorio na Comunidade Autónoma de Galicia e a regulación do procedemento de domiciliación dos pagamentos fraccionados, así como a unificación das disposicións hoxe previstas en dúas normas distintas nunha soa, esta consellería

|
arriba
|

DISPÓN:

Artigo 1º. Modelo de declaración-liquidación.

  1. Apróbase o modelo de autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo realizado mediante máquinas de xogo, que figura como anexo 1 da presente orde, de uso obrigatorio na Comunidade Autónoma de Galicia para tódolos suxeitos pasivos da taxa fiscal sobre xogos de sorte, envite ou azar devengada por máquinas de xogo suxeitas ao pagamento do devandito tributo.
  2. O modelo constará de tres exemplares: para a Administración, para o interesado e para a entidade financeira colaboradora na recadación.
  3. (Apartado modificado polo artigo 1 da Orde do 14 de febreiro de 2007 pola que se modifica a orde do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo tipo A especial, B ou C, DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2007).

Artigo 2º. Prazos de presentación da autoliquidación.

  1. No caso de máquinas autorizadas en anos anteriores ao do devengo, os suxeitos pasivos deberán presentar en calquera das entidades colaboradoras autorizadas, nos vinte primeiros días naturais do mes de marzo, unha declaración por cada máquina, practicando a liquidación pola cota anual legalmente establecida para o exercicio de que se trate e ingresando o primeiro dos pagamentos fraccionados, que consistirá na cuarta parte da cota anual. O prazo anterior entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.
  2. No mesmo prazo o suxeito pasivo deberá presentar relación de máquinas, indicando o número de autorización destas, das que é titular a 1 de xaneiro e que se atopan nesa mesma data en situación de baixa temporal, ben aprobada administrativamente, ou solicitada e pendente de aprobación. Esta relación presentarase ante a Delegación da Consellería de Economía e Facenda correspondente territorialmente en relación coa situación da máquina na data do último devengo da taxa fiscal sobre o xogo.
  3. Cando se trate de máquinas de nova autorización, ou que a data 1 de xaneiro se atopasen en situación de baixa temporal e se pretenda dalas novamente de alta, os suxeitos pasivos presentarán en calquera das entidades colaboradoras autorizadas, a declaración correspondente, no primeiro prazo de ingreso dos pagamentos fraccionados que estivese operativo e deberán practicar ao mesmo tempo liquidación da cota anual, e simultaneamente, realizarán o ingreso dos pagamentos fraccionados correspondentes ao trimestre corrente e ao/s  xa vencido/s, de ser o caso. Se a autorización ou alta se pretendera realizar a partir do 1 de xullo, o obrigado tributario autoliquidarase só o 50% da cota anual. Se os prazos de ingreso do ano natural estiveran expirados, deberá presentarse a declaración a que fai referencia este punto, con carácter previo á data da autorización ou alta.
  4. En tódolos casos, a cota anual que se autoliquidará será a que corresponda ao maior número de xogadores que amparara a autorización no período comprendido entre a data do devengo e á da presentación da autoliquidación. No suposto de que a 1 de xaneiro a máquina estivera en situación de baixa temporal, a data de alta sexa posterior ao 30 de xuño e o número de xogadores se incremente respecto ao número de xogadores da máquina en situación de baixa temporal, a cota anual que se autoliquidará será o 50% da que corresponda ao maior número de xogadores que amparara a autorización no período comprendido entre o 1 de xullo e a data da presentación da autoliquidación.
  5. (Apartado modificado polo artigo 2 da Orde do 14 de febreiro de 2007 pola que se modifica a orde do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo tipo A especial, B ou C, DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2007).

Artigo 3º. Troco de máquinas.

  1. O suposto de troco de máquinas autorizado non suporá novo devengo da taxa e a empresa operadora non deberá practicar autoliquidación, salvo o establecido no punto 2 seguinte. Nembargante, deberá comunicar a circunstancia á delegación da Consellería de Economía e Facenda onde se presentase a autoliquidación pola autorización da máquina destruída á que substitúe a nova, para efectos de obtención do correspondente distintivo acreditativo.
  2. Cando se autorice un troco dunha máquina instalada para a que xa se presentara autoliquidación no ano en curso, por outra para a que o número de xogadores sexa superior, a empresa operadora titular da autorización deberá presentar unha autoliquidación complementaria á/s que presentara no seu momento, cubrindo os espazos do modelo destinados para o efecto de acordo coas instrucións deste. A autoliquidación complementaria deberase presentar no primeiro prazo do ingreso dos pagamentos fraccionados que estivese operativo, salvo que os prazos de ingreso do ano natural estivesen expirados, o que provocará que a autoliquidación deba presentarse con carácter previo á data de autorización do troco.
    Para cumprir coa obriga anterior o obrigado tributario declarará a cota anual correspondente ao número de xogadores da nova máquina, e autoliquidarase pola diferenza entre esa cota anual e a/s autoliquidada/s con anterioridade para esa autorización ao longo do ano en curso. Ao mesmo tempo, procederá calcular o pagamento fraccionado correspondente á esa diferenza, que consistirá na súa cuarta parte, salvo no suposto sinalado no parágrafo seguinte, no que será a metade da cota autoliquidada. Simultaneamente, deberá realizar o ingreso do pagamento fraccionado correspondente ao trimestre corrente e o/s correspondente/s ao/s vencido/s, de ser o caso.
    No suposto de que a data de autorización do troco ao que se refire o primeiro parágrafo deste punto 2 sexa posterior ao 30 de xuño, a cota anual calcularase mediante a suma do 50% da cota correspondente ao maior número de xogadores autorizado durante o ano e o 50% da cota correspondente ao número de xogadores inmediato inferior ao anterior, durante o primeiro semestre.
  3. (Apartado modificado polo artigo 2 da Orde do 14 de febreiro de 2007 pola que se modifica a orde do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo tipo A especial, B ou C, DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2007).

Artigo 4º. Ingreso da taxa.

  1. No caso de máquinas autorizadas en anos anteriores ao do devengo, o ingreso dos pagamentos fraccionados pendentes deberase realizar nos seguintes prazos: o segundo, nos vinte primeiros días naturais do mes de xuño; o terceiro nos vinte primeiros días naturais do mes de setembro; e o cuarto, nos cinco primeiros días naturais do mes de decembro, prorrogándose cada un destes prazos ata o primeiro día hábil seguinte no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado. No resto dos casos o obrigado tributario deberá ingresar o/s pagamento/s fraccionado/s pendente/s no momento da presentación da autoliquidación, no/s prazo/s que correspondera dos anteriores sinalados.
  2. Para realizar cada un dos ingresos anteriores empregarase unha carta de pagamento expedida por  cada delegación territorial. A carta de pagamento será única por suxeito pasivo, e comprenderá o total da débeda á que corresponda o pagamento fraccionado por tódalas máquinas, a autorización das cales motivou a presentación das autoliquidacións no mesmo prazo de presentación. Este ingreso deberá realizarse en calquera das entidades financeiras colaboradoras agás que se exercese na autoliquidación a opción a que se refire o punto seguinte.
  3. Os suxeitos pasivos poderán utilizar como medio de pagamento dos pagamentos fraccionados a que se refire o punto 1 deste artigo, a domiciliación, exercendo a opción no propio modelo, de acordo co disposto no artigo seguinte.
  4. (Apartado modificado polo artigo 4 da Orde do 14 de febreiro de 2007 pola que se modifica a orde do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo tipo A especial, B ou C, DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2007).

Artigo 5º. Domiciliación dos pagamentos fraccionados.

  1. O suxeito pasivo, para exercer a opción de domiciliación, deberá cubrir o punto de domiciliación de pagamentos fraccionados, de acordo coas instrucións que se aproban no anexo desta orde e que figurarán no reverso do modelo de declaración-liquidación.
  2. Serán requisitos necesarios para efectuar a domiciliación os seguintes:
    1. Que o obrigado ó pagamento sexa titular da conta na que se domicilie este.
    2. Que a entidade financeira na que se domicilien os pagamentos preste o servizo de colaboración na xestión recadatoria de tributos cedidos.
    3. Que a conta sexa única para tódalas máquinas instaladas na data de devengo no ámbito territorial da delegación ante a que se presenten as declaracións-liquidacións.
    4. Que a domiciliación abranga os restantes trimestres do exercicio.
  3. A domiciliación efectuada para un exercicio non terá efectos para o exercicio seguinte.
  4. Unha vez realizado o ingreso resultante da autoliquidación presentada, mediante a cal se domicilia o pagamento dos restantes pagamentos fraccionados, a entidade colaboradora devolveralle ao interesado, debidamente validado, o exemplar correspondente, que servirá como xustificante do ingreso realizado polo devandito trimestre e da orde de débeda en conta dos restantes pagamentos domiciliados.
  5. O último día do período voluntario de ingreso, a entidade colaboradora procederá, de ser o caso, a cargar o importe domiciliado na conta designada para tales efectos polo contribuínte, ingresándoo inmediatamente na conta restrinxida para a recadación de tributos que corresponda, entendéndose realizado o pagamento na devandita data, sen que caiba a retrocesión posterior do aboamento efectuado.
  6. O obrigado tributario poderá, sempre que o desexe, revogar a domiciliación efectuada, comunicándolle a esta de forma fidedigna á entidade colaboradora e á delegación territorial de Economía e Facenda correspondente, e producirá efectos no primeiro prazo de ingreso que se abra a partir da data de comunicación.

Artigo 6º. Lugar de presentación.

As declaracións-liquidacións dirixiranse, con independencia do lugar onde se realice o ingreso, á delegación da Consellería de Economía e Facenda que corresponda territorialmente ao:

  • Lugar onde se atope instalada a máquina o día 1 de xaneiro cando se autorizasen en anos anteriores e teñan vixente o correspondente boletín de instalación.
    No suposto de traslado dunha máquina a un lugar no territorio doutra delegación entenderase que este se produce na data que a consellería competente en materia de xogo autorice o devandito traslado.
  • Lugar onde se atope a delegación da consellería competente en materia de xogo onde se solicite a alta da autorización de explotación para aquelas máquinas en situación de suspensión provisional ou unha nova autorización.
  • Lugar onde se atope a delegación da consellería competente en materia de xogo, depositaria do expediente administrativo correspondente ao día 1 de xaneiro cando se trate de máquinas autorizadas en anos anteriores, que non estean no caso anterior e que nesa data non teñan boletín de instalación vixente.

Artigo 7º. Liquidación pola diferencia por modificación do prezo máximo autorizado para a partida.

No caso de modificación do prezo máximo autorizado para a partida en máquinas de tipo B producida con posterioridade ao devengo da taxa, os suxeitos pasivos que exploten máquinas con autorizacións de data anterior a aquela na que se autorice a suba, deberán autoliquidar a diferenza da cota que corresponda no modelo a que se refire o artigo 1 da presente orde, durante o primeiro período para o ingreso dos pagamentos fraccionados que se abra a partir do día no que entre en vigor a modificación do prezo máximo autorizado, cubrindo os espazos do modelo destinados para o efecto, de acordo coas instrucións deste. O incremento de cota que por esta causa corresponda aos trimestres dos que o prazo de ingreso estivese vencido e en curso, de ser o caso, ingresarase simultaneamente á presentación da autoliquidación.

O incremento de cota que por esta causa corresponda aos trimestres dos que o prazo de ingreso non se iniciase ingresarase conforme o disposto no primeiro parágrafo do artigo 4 desta orde. Os suxeitos pasivos tamén poderán exercer a opción da domiciliación de acordo co establecido nesta orde.

(Apartado modificado polo artigo 7 da Orde do 14 de febreiro de 2007 pola que se modifica a orde do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo tipo A especial, B ou C, DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2007).

Artigo 8º. Distintivo que acredita a presentación da autoliquidación.

  1. Apróbase o modelo de distintivo acreditativo a que se refire a presente orde e que será o que figura no anexo 2 desta.
  2. Nos casos de presentación de declaración-liquidación ou autoliquidación, con excepción dos supostos do artigo 7º o Servizo de Xestión Tributaria da delegación da Consellería de Economía e Facenda á que se dirixise a declaración-liquidación ou autoliquidación facilitará o distintivo que acredite tal presentación.
  3. O prazo no que o suxeito pasivo debe retirar do servizo correspondente o distintivo acreditativo a que se refire o parágrafo anterior será o comprendido entre o vixésimo e o último día do mes de abril nos casos de presentación dentro do prazo establecido no artigo 2.1, e o comprendido entre o trixésimo e o cuadraxésimo quinto día hábil contados a partir da data de presentación da autoliquidación no resto dos casos. (Apartado modificado polo artigo 1.5 da Orde do 22 de decembro de 2004 pola que se modifican os prazos de ingreso da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo, tipo A especial, B, ou C e se aproba o modelo de declaración –liquidación da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos).
  4. O distintivo acreditativo a que se refire esta orde deberá adherirse á máquina no prazo dos quince días seguintes á súa retirada e permanecer adherido ata a súa substitución por outro novo.
|
arriba
|

Disposición transitoria.

O suxeito pasivo que, utilizando un modelo antigo de declaración-liquidación, queira exercer a opción establecida no punto 4 do artigo 5º desta orde, deberá solicitalo por escrito ante a delegación correspondente, sendo de aplicación o establecido nos puntos 2, 3, 5 e 6 do artigo 5º desta orde.

|
arriba
|

Disposición derrogatoria.

Queda derrogada a Orde do 26 de decembro de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado o través de máquinas recreativas con premio tipo B ou de azar tipo C.

|
arriba
|

Disposicións derradeiras.

Primeira.

O modelo aprobado pola orde do Ministerio de Economía e Facenda do 18 de xaneiro de 1991, de desenvolvemento da Lei 31/1990, e aprobación de modelos da taxa fiscal sobre o xogo sobre máquinas recreativas non será de aplicación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG e terá efectos desde o 1 de xaneiro do ano 2000.

|
arriba
|

ANEXO I: MODELO DE DECLARACIÓN-LIQUIDACIÓN.
Modelo actualizado (O modelo 045 desta orde, foi substituído a tódolos efectos polo modelo 045 - Taxa fiscal sobre o xogo - Máquinas de xogo - Autoliquidación, aprobado pola Orde do 14 de febreiro de 2007 (DOG nº 42, do 28 de febreiro de 2007)).

|
arriba
|

ANEXO II: DISTINTIVO ACREDITATIVO DA PRESENTACIÓN DA AUTOLIQUIDACIÓN.
Modelo actualizado (Anexo II modificado a todolos efectos polo Anexo II da Orde do 14 de febreiro de 2007 pola que se modifica a orde do 13 de decembro de 1999 pola que se regula a xestión e o pagamento da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo tipo A especial, B ou C, DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2007).

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC