(DOG
núm.84, do 2 de maio de 2002)
| Saltar
sumario |
Sumario
(Reprodúcense unicamente aqueles artigos
que afectan ás taxas fiscais sobre o xogo)
|
|
Artigo 4. Taxa sobre rifas, tómbolas,
apostas e combinacións aleatorias.
No uso das competencias atribuídas pola Lei 32/1997, do
4 de agosto, de Modificación do Réxime de Cesión
de Tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia,
e consonte o disposto no apartado seis do artigo 13 da Lei 14/1996,
do 30 de decembro, de Cesión de Tributos do Estado á
Comunidades Autónomas e de Medidas Fiscais Complementarias,
modifícanse as tarifas e exención da taxa sobre rifas,
tómbolas, apostas e combinacións aleatorias, no sentido
que a continuación se indica:
Un. Tarifas.
- Rifas e tómbolas.
- As rifas e tómbolas tributarán con carácter
xeral ó 10% do importe total dos boletos ou billetes
ofrecidos.
- Nas tómbolas de duración inferior a quince
días organizadas con ocasión de mercados, feiras
ou festas de ámbito local e sempre que os seus premios
non excedan dun valor total de 3.000 euros o suxeito pasivo
poderá optar entre satisfacer a taxa conforme ó
tipo sinalado na letra a) anterior ou ben a razón de
300 euros por cada día de duración en capitais
de provincia ou poblacións con máis de 75.000
habitantes, 210 euros en poblacións entre 15.000 e
75.000 habitantes e 90 euros por cada día de duración
en poblacións inferiores a 15.000 habitantes.
- Apostas: o tipo será con carácter xeral dun 8,5%
do importe total dos billetes ou boletos vendidos.
- Combinacións aleatorias: nas combinacións aleatorias,
o tipo será do 12% do valor dos premios ofrecidos.
Dous. Exencións.
Quedan exentos do pagamento destas taxas:
- A realización de apostas mutuas deportivas, cando a
organización e o desenvolvemento delas estean ó
cargo da entidade pública empresarial Loterías e
Apostas do Estado.
- Os sorteos organizados pola ONCE.
- Os sorteos de amortización e capitalización que
estean legalmente autorizados.
- A realización de tómbolas diocesanas de caridade,
nas condicións que regulamentariamente se determinen.
- A realización de sorteos, tómbolas e rifas que
organice a Cruz Vermella, nas condicións que regulamentariamente
se determinen.
- 6. As rifas organizadas ou realizadas sen ánimo de lucro
con motivo de acontecementos educativos, sociais ou festivos,
sempre que o producto íntegro da venda dos billetes ofrecidos
non supere os 12.000 euros e o premio ofrecido teña un
valor inferior a 1.500 euros.
Artigo 5. Taxa sobre xogos de
sorte, envite ou azar.
No uso das competencias atribuídas pola Lei 32/1997, do
4 de agosto, de Modificación do Réxime de Cesión
de Tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia,
e consonte ó disposto no apartado seis do artigo 13 da Lei
14/1996, do 30 de decembro, de Cesión de Tributos do Estado
ás Comunidades Autónomas e de Medidas Fiscais Complementarias,
modifícanse a regulación da base impoñible
e mailos tipos de gravame e cotas fixas da taxa sobre xogos de sorte,
envite ou azar, no sentido que a continuación se indica:
Un. Base impoñible.
A base impoñible da taxa virá constituída
polos ingresos brutos que sexan obtidos polos suxeitos pasivos,
no caso do xogo en casinos ou do xogo da lotería instantánea
electrónica. Entenderase por ingresos brutos a diferencia
entre o importe total dos ingresos obtidos procedentes do xogo e
as cantidades satisfeitas ós xogadores polas súas
ganancias.
No resto de supostos a base impoñible virá constituída
polas cantidades que os xogadores dediquen á súa participación
nos xogos que teñan lugar nos distintos locais, instalacións
ou recintos onde se realicen xogos de sorte, envite ou azar.
Dous. Tipos de gravame e cotas fixas.
- O tipo de gravame xeral será do 20%.
- (Este apartado debe entenderse derrogado polo artigo 6.1 da
Lei 9/2003, do 23 de decembro, de medidas tributarias e administrativas)
- (Este apartado debe entenderse derrogado polo artigo 6.2 da
Lei 9/2003, do 23 de decembro, de medidas tributarias e administrativas)
- Os tipos de gravame e as cotas fixas poderán ser modificados
na Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.