Volver Sumario - Título
I |
Continuar: Título III
|
Disposicións
|
TÍTULO SEGUNDO.
Utilización e aproveitamento do patrimonio
|
CAPÍTULO PRIMEIRO.
Formas de utilización dos bens demaniais
|
Artigo 117
- O destino propio dos bens demaniais é a súa utilización
para o uso xeral ou para a prestación de servicios públicos.
- Non obstante, tales bens poderán ser obxecto doutras
utilizacións de acordo coas esixencias do interese xeral
e con subxección ó disposto na Lei do Patrimonio
da Comunidade Autónoma (113),
neste Regulamento e, se é o caso, nas disposicións
relativas ós servicios públicos que os teñan
afectados.
- A utilización e aproveitamento de bens ou dereitos demaniais
por persoas ou entidades determinadas suxeitaranse a previa licencia,
permiso ou concesión administrativa (114)
nos termos establecidos no presente Regulamento (115)
(art. 15 Lei).
(113) Arts.
50 a 59 de dita lei.
(114) Todas estas formas de autorización
están sometidas á Lei 13/1991, do 9 de decembro, de
taxas, prezos e exaccións reguladoras da CA
de Galicia (DOG
nº 241, do 13 de decembro). Non obstante, dita norma debe entederse
á luz da sentencia do Tribunal Constitucional 185/1995, do
14 de decembro (BOE
nº 11, do 12 de xaneiro de 1996), que trata a fixación
de prezos públicos polo uso privativo e o aproveitamento
especial do dominio público.
(115) Arts.
121 a 137 deste regulamento. Véxase tamén a súa
disposición adicional 1ª.
Artigo 118
A utilización dos bens de dominio público pola propia
Administración rexerase pola Lei do Patrimonio da Comunidade
Autónoma e por este Regulamento. Se estivesen afectos a un
servicio público, axustarase ademais ás súas
regras específicas (116)
responsables do seu funcionamento (art.
48.1 Lei).
(116) Debido a un erro non corrixido
falta parte do texto, que se pode integrar co sinalado no art.
48.1 da Lei do patrimonio da CA
galega. A parte omitida é a seguinte: "... e ás
instruccións dictadas polas autoridades..."
Artigo 119
- Excepcionalmente, con fundamento no fomento e planificación
da actividade económica de Galicia (117),
e, en todo caso, con fins de estudio, investigación ou
explotación a Comunidade Autónoma de Galicia poderá
reservar, mediante Lei de Galicia, o uso exclusivo de bens de
uso público, ou declarados de dominio público por
normas con categoría de Lei, sempre que concorran os seguintes
requisitos:
- Que a reserva non afecte a recursos previamente reservados
polo Estado.
- A potestade da reserva axustarase ós termos da lexislación
do Estado e ás bases de planificación económica
xeral.
- Non se poderá establecer en prexuício de dereitos
adquiridos polos particulares para o uso dos bens. Se a súa
motivación consistise nunha deficiente ou irracional
explotación dun recurso determinado, a lei que declare
a reserva dispoñerá a previa expropiación
e indemnización dos afectados pola medida.
- Determinación do prazo da súa duración,
que en ningún caso será superior ó máximo
previsto para a concesión demanial do recurso do que
se trate.
- O uso privativo exclusivo que retén a Administración,
unha vez establecidas as reservas ás que se refire o parágrafo
anterior, será obxecto de explotación con referencia
ás normas que regulan a utilización dos bens patrimoniais
no presente Regulamento (118).
- En ningún caso se poderán establecer reservas
demaniais por motivos fiscais ou de orde ou seguridade pública
(48.2 Lei).
(117) Véxanse os arts.
28.4, 30.1.1 e 55 do EAG
, así como os arts. 128.2, 131,
148.1.13ª e 149.1.13ª da CE
. Tamén pode resultar ilustrativa a exposición de
motivos da Lei do patrimonio da CA
galega na parte dedicada ás reservas demaniais.
(118) Arts.
138 e ss. deste regulamento.
Artigo 120
O uso xeral dos bens de dominio público non está
suxeito a licencia, correspondendo a tódolos cidadáns
sen máis limitación cás seguintes:
- O impedimento do mesmo dereito ós demais cidadáns.
- O respeto á natureza do ben.
- As que impoña o ordenamento xurídico por razón
da súa conservación, adscrición ou orde pública
(art. 49 Lei).
Artigo 121
O uso común especial dos bens demaniais realizado polas
persoas ou entidades determinadas de modo que non impida o doutros
deberá suxeitarse ó outorgamento de previa licencia
co fin de garanti-la continuidade do uso común xeral se concorresen
nel as circunstancias singulares de perigosidade, intensidade de
uso ou outras semellantes (art. 50 Lei).
Artigo 122
O uso privativo por persoas ou entidades dos bens de dominio público
mediante a ocupación dunha porción dos mesmos, de
modo que limite ou exclúa a utilización polos demais
interesados, requirirá o previo outorgamento dun título
adecuado á súa natureza, de conformidade coas seguintes
regras:
- O uso normal, conforme ás disposicións ou afectación
dos bens, que non implique a realización de obras permanentes
ou instalacións fixas requirirá tan só permiso
de ocupación temporal.
- Os usos consistentes en estacionamento de materiais ou instalacións
de carácter accesorio e non permanente esixirán
tamén permiso de ocupación temporal.
- Os usos anormais, non conformes co destino dos bens, e aqueles
que requirisen unha ocupación permanente mediante obras
e instalacións de carácter fixo, outorgaranse mediante
concesión administrativa (art.
51 Lei).
Artigo 123
- A competencia para o outorgamento das concesións que
por disposición legal non veña especificamente determinada
corresponderalle ó Consello da Xunta, a proposta da Consellería
responsable da xestión, conservación e administración
dos bens demaniais implicados.
- As licencias, autorizacions e permisos de ocupación temporal
outorgaranos os órganos competentes da Consellería
titular das facultades de xestión, conservación
e administración dos bens demaniais dos que se trate (art.
59 Lei).
Artigo 124
- As licencias habilitantes de usos comúns especiais outorgaranse
directamente ós peticionarios salvo se, por calquera circunstancia,
se limitase o número das mesmas. Neste caso outorgaranse
por licitación e, se non fose posible por ter que reunir
tódolos interesados as mesmas condicións, mediante
sorteo.
- Non serán transmisibles as licencias que se refiran ás
cualidades persoais do suxeito e aquelas que a normativa específica
así o determine. A transmisión, cando proceda, requirirá
acto expreso aprobatorio para a súa eficacia fronte á
Administración outorgante (art.
52 Lei).
Artigo 125
- Os permisos de ocupación temporal levan implícitos
a cláusula de precariedade e poderán revocarse libremente
en calquera momento pola Administración sen que o interesado
teña dereito a indemnización ningunha.
- Se houbese varios solicitantes, observaranse sempre as regras
de publicidade e concorrencia, outorgándose os permisos
logo de licitación (art. 53
Lei).
- Os permisos de ocupación temporal consideraranse revocados
«ipso iure» en virtude da resolución que acorda
a desafectación (119)
dos bens sobre os que recaian.
(119) Arts.
23 e ss. deste regulamento.
Artigo 126
Cando as licencias habilitantes de usos comúns especiais
e os permisos de ocupación temporal deban de outorgarse por
licitación, seguirase, en canto sexa posible, o procedemento
establecido neste Regulamento para as concesións (120).
(120) Arts.
130 e ss. deste regulamento.
Artigo 127
As concesións de disfrute ou uso privativo de bens de dominio
público da Comunidade Autónoma rexeranse pola Lei
do Patrimonio da Comunidade Autónoma, polas normas deste
Regulamento (121) e pola lexislación
específica aplicable en función da natureza dos bens
dos que se trate (art. 54 Lei).
(121) Arts.
54 e ss. da Lei do patrimonio da
CA e 128 e
ss. deste regulamento.
Artigo 128
As concesións administrativas de dominio público
axustaranse ós seguintes principios:
- Serán de outorgamento discrecional por parte da Administración.
- O prazo de duración non poderá exceder de 50 anos
sen prexuício da súa prórroga por mutuo acordo.
- Outorgaranse para unha finalidade concreta, con determinación
do seu obxecto e límites.
- Fixarase o pago dun canon anual (122),
dunha contía non inferior ó resultado de aplicar
ó valor do elemento patrimonial do que se trate o tipo
de interese básico do Banco de España.
- Outorgaranse a salvo o dereito de propiedade e sen prexuício
de terceiro.
- Levarán implícita a facultade de rescate antes
do seu vencemento, mediante indemnización, se o xustificasen
circunstancias sobrevidas de interese público.
- Levarán anexas as facultades administrativas de inspección
e vixilancia sobre os bens obxecto de concesión, así
como sobre as instalacións ou construccións que
puidesen existir.
- Establecerán garantías suficientes para asegura-lo
bo uso dos bens e instalacións por parte do concesionario.
(122) Véxase o art.
9.1 b) da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións
reguladoras da CA
de Galicia (DOG
nº 241, do 13 de decembro).
Artigo 129
As concesións conterán as cláusulas que se
xulguen convenientes ó caso concreto e, ademais, as seguintes:
- Obxecto da concesión administrativa e límites
ós que se extendese.
- Obras e instalacións que, se é o caso, se tivesen
que realizar, prazo para a súa execución e prohibicións
de realizar outras distintas.
- Prazo de concesión, data de comenzo e prórrogas
posibles.
- Deberes e facultades do concesionario.
- Canon que se tivese que satisfacer á Comunidade Autónoma.
- Se é o caso, réxime de tarifas que tivesen que
percibir dos usuarios con descomposición dos seus factores
constitutivos e bases para a súa revisión.
- Obriga por parte do concesionario de manter en bo estado de
conservación o dominio público utilizado e as obras
e instalacións que construíse.
- Fianzas que se constituirán a favor da Administración
por parte do concesionario.
- Reversión ou non das obras e instalacións ó
remata-la concesión.
- Sanción por incumprimento das obrigas contraídas.
- Obriga do concesionario de abandonar e deixar libres e vacuos,
ó dispor da Comunidade Autónoma, dentro do prazo,
os bens obxecto de utilización e recoñecemento da
potestade daquela para acordar e executar por si o lanzamento.
Artigo 130
- Cando algunha persoa, natural ou xurídica, por propia
iniciativa, pretenda realizar unha ocupación privativa
do dominio público que se teña que lexitimar mediante
concesión administrativa, deberá presentar unha
memoria explicativa da conveniencia e oportunidade da ocupación
e xustificativa da súa adecuación ás esixencias
do interese xeral.
- A Consellería competente examinará a petición
e tendo en conta o interese público concorrente, admitiraa
a trámite ou desbotaraa, unha vez oída a Dirección
Xeral do Patrimonio.
Artigo 131
Admitida a trámite a petición, a propia Consellería
redactará o proxecto correspondente, que conterá,
en todo caso, unha memoria xustificativa da ocupación privativa
do dominio público afectado, identificará física
e xuridicamente a porción de dominio público obxecto
de ocupación mediante a aportación dos datos, planos
e documentos necesarios para o efecto, e incorporará o presuposto,
planos e prego de condicións, se é o caso, das obras
que se debesen executar, así como o prego de condicións
que deban rexe-la concesión con subxección ó
disposto no artigo 129.
Artigo 132
- Aprobado pola Consellería o proxecto, convocarase licitación
para adxudicalo.
- A adxudicación das concesións acomodarase ó
disposto no presente Regulamento para o alleamento de bens patrimoniais
(123) e a lexislación
sobre contratación administrativa para a xestión
dos servicios públicos (124)
e será acordada pola Consellería competente por
razón da materia (art. 55 Lei).
- As concesións sobre bens de dominio público da
Comunidade Autónoma formalizaranse en documento administrativo,
subscrito pola Dirección Xeral do Patrimonio,
sen prexuício de que calquera das partes poida esixir,
pola súa conta, a formalización do contrato en escritura
pública.
(123) Arts.
60 e ss.
(124) Arts.
115 e ss. da LCAP
e 196 e ss. do Rto.
xeral de contratación do Estado, aprobado polo D.
3.410/1975, do 25 de novembro (BOE
nº 311 e 312, do 27 e 29 de decembro).
Artigo 133
Adxudicada a concesión, o seu exercicio será obrigatorio
polo concesionario, quen ten a facultade de utilizar privativamente
a parte de dominio público que lle fose concedida. O seu
dereito é transmisible, excepto no caso de que a concesión
fose outorgada en atención ás súas cualidades
persoais e naqueloutros nos que a normativa específica así
o determine, pero a transmisión requirirá acto expreso
aprobatorio para a súa eficacia fronte á Administración
outorgante.
Artigo 134
Son causas de extinción das concesións:
- O transcurso do prazo ou da súa prórroga.
- O rescate.
- A renuncia e o non exercicio do dereito nos casos nos que proceda.
- A caducidade ou resolución da relación concesional.
- A desaparición ou esgotamento da cousa.
- A degradación do título concesional por desafectación
do ben demanial.
- E calquera outra causa admitida en dereito (art.
56 Lei).
Artigo 135
Nos supostos de degradación do título concesional,
por desafectación do demanio (125)
que lle serve de fundamento, os titulares de autorizacións,
licencias ou concesións outorgadas legalmente continuarán
na posesión dos seus dereitos.
Non obstante, será declarada a caducidade das concesións
das que vencese o prazo ou daquelas nas que a Administración
reserva para si a facultade de libre rescate, sen prexuício
de que a Consellería de Economía e Facenda, a proposta
da Dirección Xeral do Patrimonio, poida acorda-la
expropiación de considerar que o mantemento da concesión
prexudicaría o posterior destino dos bens ou que os farían
desmerecer notoriamente en caso de alleamento (art.
57 Lei).
(125) Arts.
23 e ss. deste regulamento.
Artigo 136
O órgano competente para o outorgamento da concesión
poderá modificar, por razóns de interese público,
as características da concesión outorgada, así
como o canon que viñese abonando o concesionario ou as tarifas
que se percibisen dos usuarios.
Artigo 137
- No alleamento de bens desafectados, os titulares de dereitos
sobre eles, resultantes dunha concesión, terán a
facultade de adquirilos con preferencia a calquera outra persoa
que non teña ó seu favor un dereito de retracto
legalmente establecido.
- Os dereitos de adquisición preferente regulados no parágrafo
anterior, non terán lugar nos supostos a que fan referencia
os artigos 83 e 88 deste Regulamento.
- As entidades que, consonte cos artigos 83 e 88, recibisen bens
sobre os que recaian os dereitos anteriormente establecidos en
favor de beneficiarios de concesións e autorizacións
poderán liberalos con cargo exclusivo ós seus fondos
propios en igualdade de termos coa Comunidade Autónoma,
podendo instar, se é o caso, o exercicio de potestade expropiatoria
(art. 58 Lei).
|
|
CAPÍTULO SEGUNDO.
Explotación dos bens
|
Artigo 138
Correspóndelle ó Consello da Xunta, a proposta da
Consellería de Economía e Facenda, dispoñe-lo
modo de explotación, consonte co criterio de maior rendabilidade,
dos bens patrimoniais que non conveña allear, nas condicións
usuais da práctica civil ou mercantil (art.
60 Lei).
Artigo 139
A explotación poderá ser levada a cabo directamente
pola propia Administración da Comunidade Autónoma,
por unha entidade autónoma dependente da mesma, ou conferirse
a particulares mediante contrato (art.
61 Lei).
Artigo 140
- O expediente de explotación do ben ou bens de dominio
privado dos que se trate incoarao a Dirección Xeral
do Patrimonio, de oficio ou a instancia de parte e a el
incorporará unha memoria comprensiva, de polo menos, os
seguintes extremos:
- Descrición do ben ou bens da explotación da
que se trate.
- Posibilidade de explotación.
- Estudio económico da mesma, dadas as características
peculiares do ben ou bens e a xestión dos intereses
propios da Comunidade Autónoma.
- Forma de explotación que se considere máis
adecuada.
- Se a memoria conclúe propoñendo a explotación
de bens mediante contrato con particulares, xuntarase tamén
o modelo das bases ás que se deba somete-lo concurso público,
tendo en conta que a contraprestación económica
non será en ningún caso inferior á do mercado
coas adecuacións periódicas que se deriven das fluctuacións
do valor dos cartos.
- A Asesoría Xurídica e a Intervención Xeral
da Xunta de Galicia emitirán informe sobre o expediente
(126) e posteriormente será
sometido á aprobación do Conselleiro de Economía
e Facenda, quen elevará ó Consello da Xunta a proposta
correspondente.
(126) Arts.
1º, apartados 2 e 3, e 12º do Regulamento orgánico
da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, aprobado
polo D. 370/1992, do 3 de decembro
(DOG nº
252, do 29 de decembro), así como os arts.
93 e ss. do TRLRFO
.
Artigo 141
Se o Consello da Xunta acordase que a explotación se levase
a cabo directamente ou por medio de entidade autónoma fixará
as condicións da mesma. A entrega do ben ó órgano
ou entidade a quen se confíe a explotación será
realizada pola Dirección Xeral do Patrimonio,
a quen lle corresponderá a vixilancia do exacto cumprimento
das condicións impostas, de acordo coas instruccións
que para o efecto reciba do Conselleiro de Economía e Facenda
(art. 62 Lei).
Artigo 142
- Se o Consello da Xunta dispuxese que a explotación se
encomende a particulares mediante contrato, aprobará as
bases do concurso, que será convocado e resolto pola Consellería
de Economía e Facenda.
- A convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e potestativamente
nun dos xornais de maior circulación de Galicia, e terá
que conter, polo menos, os seguintes datos:
- Identificación do ben.
- Sistema de adxudicación e tipo de contrato.
- Lugar e horario no que se deben presenta-las proposicións,
e día, lugar e hora nos que se realizará a apertura.
O prazo de presentación de proposicións non
será nunca inferior a quince días nin superior
a tres meses.
- Malia o establecido nos apartados anteriores, o Consello da
Xunta poderá acorda-la adxudicación directa da explotación
de bens patrimoniais cando concorran circunstancias que así
o aconsellen, logo de xustificación razoada no expediente
(127) (art.
63.1).
(127) Apartado engadido polo D.
238/1998, do 24 de xullo, polo que se modifica o Rto.
de execución da Lei 3/1985 ( DOG
nº 156, do 13 de agosto ).
Artigo 143
Están facultadas, para contrata-la explotación de
bens patrimoniais da Comunidade Autónoma as persoas que,
ostentando plena capacidade de obrar, a tivesen de conformidade
coa lexislación xeral de contratos do Estado (128)
(art. 64 Lei).
(128) Arts.
15 e ss. da LCAP
, modificada nese ámbito pola Lei 53/1999, do 28 de decembro
(BOE
nº 311, do 29 de decembro).
Artigo 144
- A celebración do concurso axustarase ós trámites
establecidos nos artigos 43 e 45 deste Regulamento.
- Non obstante, e no referente á composición da
Mesa, o representante sinalado na letra d) do artigo 44 será
substituído por un representante da Consellería
de Economía e Facenda.
- A adxudicación outorgarase con carácter provisional
á proposición que obtivese maior número de
votos, decidindo, en caso de empate, o do presidente. Os vocais
da Mesa que disintan do acordo da maioría poderán
formular, por escrito, voto reservado contra o devandito acordo
expresando necesariamente as razóns nas que apoien a súa
oposición ó mesmo.
- A acta da sesión, as proposicións presentadas
e, se é o caso, o voto ou votos reservados serán
elevados ó Conselleiro de Economía e Facenda para
que resolva sobre a adxudicación definitiva.
Artigo 145
- Acordada a adxudicación definitiva, notificarase ó
concursante favorecido e o acordo publicarase no Diario Oficial
de Galicia.
- O contrato formalizarase notarialmente por conta do adxudicatario
e coa intervención da Dirección Xeral do Patrimonio,
que exercerá a vixilancia precisa sobre a empresa adxudicataria
da explotación para garanti-la indemnización do
ben do que se trate e, se é o caso, a íntegra percepción
das cantidades que teña que paga-lo adxudicatario, así
como, en xeral, o cumprimento do contrato.
Para estes efectos, o devandito centro directivo poderá
reclama-la colaboración que considere precisa doutros órganos
da Administración da Comunidade Autónoma (art.
65 Lei).
Artigo 146
A pedimento do adxudicatario, poderase prorroga-lo contrato por
acordo do Consello da Xunta se o resultado satisfactorio da explotación
fixese aconsellable esta medida.
A solicitude da prórroga deberá realizarse antes
do vencemento do prazo contractual, e dirixirase á Dirección
Xeral do Patrimonio, que emitirá informe sobre ela
así como tamén á Intervención Xeral,
elevándose posteriormente o expediente ó Conselleiro
de Economía e Facenda (art. 66
Lei).
Artigo 147
A subrogación de calquera persoa natural ou xurídica
nos dereitos ou obrigas do adxudicatario requirirá acordo
do Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Economía
e Facenda. O expediente será tramitado pola Dirección
Xeral do Patrimonio co seu informe e o da Intervención
Xeral.
A persoa subrogada deberá reuni-los requisitos necesarios
para contratar (129) (art.
67 Lei).
(129) Véxase nota ó
art. 143 deste regulamento.
Artigo 148
- Os froitos, rendas ou percepcións de calquera clase ou
natureza producidos pola explotación, así como polo
alleamento dos bens patrimoniais logo de liquidación, cando
sexa preciso, ingresaranse na Tesourería da Xunta con aplicación
ós pertinentes conceptos do presuposto de ingresos.
- Non se admitirán máis excepcións ó
disposto no parágrafo anterior cás consignadas nunha
lei (130) (art.
68 Lei ).
(130) Art.
15 do TRLRFO
.
Volver Sumario - Título
I |
Continuar: Título III
|
Disposicións