Documento nun único arquivo
Este documento dividiuse en catro partes debido
á súa extensión. Pódese acceder á
parte seguinte pulsando o enlace á fin do texto e do sumario.
Se quere ter unha copia completa do regulamento pode descargar aquí
o
documento
en formato PDF
Sumario
| Saltar
sumario |
REGULAMENTO PARA A EXECUCIÓN DA LEI DO
PATRIMONIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA
Sección 1ª. Normas xerais
Sección 2ª. Afectación
Sección 3ª. Adscrición.
Sección 4ª. Desafectación
Sección 5ª. Desadscrición
Sección 6ª. Mutacións demaniais
Sección 1ª. Adquisición
Apartado A. Regras xerais
Apartado B. Adquisición de bens inmobles a título
oneroso
Apartado C. Adquisición de bens mobles
Apartado D. Outras adquisicións
Sección 2ª. Alleamento e cesión
Apartado A. Bens inmobles
Apartado B. Bens mobles
Apartado C. Propiedades incorporais
Apartado D. Títulos representativos do capital ou débeda
emitida por sociedades e empresas
Sección 3ª. Actividade empresarial
do sector público de Galicia
Sección 1ª. Inventario
Sección 2ª. Inscrición de
bens e dereitos
Sección 3ª. Seguro de determinados
bens
Sección 1ª. Recuperación
da posesión
Sección 2ª. Investigación
e inspección
Sección 3ª. Embargos e execucións
contra bens e dereitos da Comunidade Autónoma
|
|
Continuar: Título
II |
Título III
|
Disposicións
|
|
DECRETO 50/1989, DO 9 DE MARZO,
POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO PARA A EXECUCIÓN DA LEI
3/1985, DO 12 DE ABRIL, DO PATRIMONIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA
GALEGA. (1)
En cumprimento da disposición adicional primeira da Lei
3/1985, do 12 de abril, do Patrimonio da Comunidade Autónoma
Galega (D.O.G.
n.º 78, do 24 de abril) (2),
a proposta do Conselleiro de Economía e Facenda e logo da
deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa
reunión do día nove de marzo de mil novecentos oitenta
e nove,
(1) O dito regulamento, publicado no
DOG nº
71, do 13 de abril de 1989, (C. de e. no DOG
nº 134, do 13 de xullo de 1989), aprobouse polo Decreto 50/1989,
do 9 de marzo, e modificouse polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo
( DOG nº
156, do 13 de agosto).
Coa finalidade de facilita-la consulta conxunta da
Lei e do Regulamento do patrimonio da CA
galega, a continuación dos preceptos deste último
sinálanse os da citada lei (epígrafe §1 desta
publicación) reproducidos ou desenvoltos polo regulamento.
As referencias á Dirección Xeral
do Patrimonio e ó director xeral do Patrimonio deben
entenderse referidas, respectivamente, á Secretaría
Xeral e do Patrimonio e ó secretario xeral e do Patrimonio,
de acordo co previsto no D. 13/1997,
do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica
da Cª de Economía e Facenda (DOG
nº 22, do 3 de febreiro. C. de e. no DOG
nº 33, do 18 de febreiro).
(2) A dita lei foi modificada polas
leis de presupostos da CA
galega para os anos 1986, 1988, 1989 e 1997. En concreto, pola disposición
adicional 5ª da Lei 1/1986, do 29 de outubro (DOG
nº 214, do 3 de novembro), pola disposición adicional
5ª da Lei 2/1988, do 5 de marzo (DOG
nº 50, do 14 de marzo), pola disposición adicional 14ª
da Lei 13/1988, do 30 de decembro (DOG
nº 251, do 31 de decembro) e pola disposición adicional
11ª da Lei 11/1996, do 30 de decembro (DOG
nº 254, do 31 de decembro).
Así mesmo foi modificada, en virtude da habilitación
conferida na súa disposición adicional 2ª ó
Consello da Xunta, polo D. 207/1994,
do 30 de xuño (DOG
nº 131, do 8 de xullo. C.de e. no DOG
nº 143, do 27 de xullo).
Por último, tamén se modificou polos
arts. 16º a 19º da Lei 2/1998,
do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario,
función pública, patrimonio, organización e
xestión (DOG
nº 68, do 9 de abril).
DISPOÑO:
Artigo único
Apróbase o Regulamento para a execución da Lei do
Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, o texto do
cal se insire a seguir:
REGULAMENTO PARA A EXECUCIÓN
DA LEI DO PATRIMONIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA
O presente Regulamento vén estructurado en 193 artigos,
oito disposicións adicionais, tres disposicións transitorias,
unha disposición derradeira e outra derrogatoria, que desenvolven
os 82 artigos da Lei, modificados nalgúns casos e ampliados
noutros en virtude das Leis 1/1986, do 29 de outubro, 2/1988, do
5 de marzo, e 13/1988, do 30 de decembro (3).
Co obxectivo de que esta norma teña a máxima utilidade
incorporáronse ó seu texto os preceptos da Lei en
todos aqueles casos en que non requirían un desenvolvemento,
de maneira que co manexo de só o Regulamento poidan resolverse
os problemas que se presenten na práctica.
Mantívose fundamentalmente a sistemática da Lei,
aínda que con modificacións que se consideran máis
adecuadas para a ordenación das materias, sobre todo polo
que se refire ó desenvolvemento do título III da Lei
«Protección e Defensa», tal como se expón
no artigo 149 deste Regulamento para a execución da Lei do
Patrimonio da Comunidade Autónoma Galega ( en adiante R.P.G.),
no que se distingue a protección, especificamente considerada,
a través do inventario, inscrición nos rexistros e
deslindamento, cunha marcada finalidade de identificación
dos bens e a defensa e tutela do patrimonio.
Partindo de termos que figuran na Lei sistematizouse e unificouse
a denominación dos distintos entes que se relacionan co patrimonio,
co fin de obter unha regulación global da materia. Así,
en diferentes artigos do Regulamento (p. ex. art.
7) fálase de Consellerías, entes públicos autonómicos
e órganos estatutarios que noutros preceptos aparecen sincopadamente
expresados por razóns de estilo.
Por órganos estatutarios, expresión que procede do
artigo 3º da Lei, enténdense as institucións
previstas no Estatuto de Autonomía para Galicia (en diante
E.A.G.), como o Parlamento, Valedor do Pobo, Consello da Cultura
Galega, Consello de Contas, en claro paralelismo cos «órganos
constitucionais» respecto da Constitución española.
Baixo a expresión «Entes públicos autonómicos»
compréndese todos aqueles que forman parte da Administración
pública galega, dependendo da Xunta de Galicia (artigo 41
E.A.G.) calquera que sexa a forma xurídica que adopten, trátese
de organismos autónomos ou doutros entes (artigo 93 do Regulamento),
terminoloxía procedente da Lei. En ocasións, para
referirse ós entes públicos autonómicos como
ós órganos estatutarios utilízase o termo entidades.
Loxicamente, tanto este regulamento como a propia Lei por el desenvolta
só se aplicará directamente a aqueles entes públicos
autonómicos ós cales a súa propia Lei de creación
non lles atribúe patrimonio independente; en caso contrario
a aplicación será supletoria.
Perfílanse ademais os conceptos de afectación e adscrición
aproveitando unha certa indeterminación da lei, a pesar de
que o seu artigo 13 podería dar pé para interpreta-la
adscrición como acción relativa a poñer ó
dispor só de entidades públicas e organismos autónomos
bens e dereitos que sexan necesarios para o cumprimento dos seus
fins. De acordo co que se entende correcto doutrinalmente e co que
se deduce tamén dunha correcta interpretación da lexislación
estatal, a afectación ten un carácter obxectivo ou
material pola que o ben se destina ó uso xeral ou ó
servicio público. Consecuencia da afectación é
a adscrición de carácter orgánico do ben a
quen competa.
Por iso, ten senso a pluralidade de afectacións (art.
12 L.P.G. e 30 R.P.G.) que require determina-lo órgano ó
que se adscribe o ben por razón da afectación principal
e ó que corresponden as facultades e deberes inherentes á
adscrición.
Pola mesma razón a adscrición pode realizarse a unha
Consellería, ente público ou órgano estatutario,
xa que non se define pola natureza do que recibe o ben.
Igualmente, sendo a afectación título xurídico
para a adscrición, pode cambiar esta permanecendo aquela
e o cambio de afectación pode implicar -a Lei o di taxativamente
(«implica», art. 12.1)-
alteración da adscrición orgánica, que ocorrerá
ordinariamente.
Por último, cabe suliñar que este Regulamento intenta
asegurar na práctica administrativa a natureza unitaria do
patrimonio da Comunidade Autónoma configurada na Lei; de
aí que se faga unha atribución nun único centro
directivo -Dirección Xeral do Patrimonio da
Comunidade Autónoma- de tódalas funcións que
son necesarias para a plena virtualidade da idea mesma de patrimonio
en tódolos seus aspectos, posto que a fecundidade da regulación
xurídica do patrimonio virá da súa consideración
unitaria, de réxime e de xestión, cunha división
de tarefas claramente asignadas polas normas, sen duplicidade de
xestión e sen compartimentos estancos en razón á
natureza dos bens.
(3) Véxase a nota nº 2.
|
|
TÍTULO PRELIMINAR.
Disposicións xerais
|
Artigo 1
O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia ou patrimonio
de Galicia está constituído por tódolos bens
e dereitos que lle pertenzan por calquera título (4)
(art. 1 Lei).
(4) Art.
43 do EAG
.
Artigo 2
Os bens e dereitos integrantes do patrimonio da Comunidade Autónoma
de Galicia clasifícanse en demaniais e patrimoniais (5)
(art. 2 Lei).
(5) O réxime xurídico
dos bens demaniais está contido fundamentalmente entre os
artigos 8 a 32 e 117 a 137 deste regulamento. E o dos bens patrimoniais
nos artigos 33 a 116 e 138 a 148. Os demais artigos refírense
a aspectos xerais ou a normas aplicables a cada clase de bens.
Artigo 3
- Son bens de dominio público da Comunidade Autónoma
os afectados ó uso xeral ou á prestación
directa de servicios públicos, propios da Comunidade e
os así declarados por normas con categoría de lei
(6).
- Tamén o son os inmobles propiedade da Comunidade Autónoma
que aloxen as súas institucións e órganos
estatutarios.
- Aplicarase o réxime xurídico demanial ós
dereitos reais da Comunidade Autónoma sempre que concorra
algunha das circunstancias definidas no apartado primeiro (art.
3 Lei).
(6) Véxanse os arts.132
da CE
, así como 339 e 344 do CC
.
Artigo 4
Son bens patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia
sempre que non concorra algunha das circunstancias expresadas no
artigo anterior:
- Os que lle corresponden en propiedade.
- Os bens e dereitos derivados da súa titularidade patrimonial.
- Os dereitos reais e calquera outro que lle corresponda sobre
cousa allea.
- Os dereitos de propiedade inmaterial que lle pertenzan.
- Os dereitos de arrendamento e outros de carácter persoal.
- As cotas, partes alícuotas e títulos representativos
do capital que lle pertenzan en concepto de participación,
por calquera título, en empresas constituídas de
acordo co dereito privado.
- As empresas mercantís que sexan de titularidade da Comunidade
Autónoma.
- Calquera outro ben ou dereito que pertenza á Comunidade
Autónoma e non sexa demanial en virtude do disposto no
artigo anterior (art. 4 Lei).
Artigo 5
- O Patrimonio de Galicia réxese pola Lei 3/1985, do 12
de abril, do Patrimonio da Comunidade Autónoma Galega (7),
por este Regulamento e polas demais normas que o complementen
ou desenvolvan (8), que, coas
normas estatutarias (9), integran
o dereito propio de Galicia na materia. Supletoriamente aplicarase
o Dereito propio de Galicia e, no seu defecto, sucesivamente,
a lexislación sobre patrimonio do Estado (10)
e as normas de dereito privado, civil e mercantil (11).
- As propiedades administrativas especiais regularanse pola súa
lexislación específica (12)
e complementaria e supletoriamente pola Lei do Patrimonio e por
este Regulamento, no que lle corresponda.
- Terán a consideración de propiedades administrativas
especiais, para estes efectos, as augas terrestres, minas, montes
e dereitos de propiedade incorporal, cando a súa titularidade
en concepto de demanio ou patrimonio poida ser outorgada ou lle
corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia (art.
5 Lei).
(7) Véxase a nota nº 2.
(8) Téñanse en conta
a O. da Cª de Economía e Facenda
do 17 de xullo de 1989 pola que se nomea o órgano para a
emisión do informe ó que se refire a disposición
adicional décimoquinta da Lei 13/1988 (DOG
nº 151, do 8 de agosto), a Res.
da D.X. do Patrimonio
da CA do 3
de xaneiro de 1990 pola que se establecen as normas sobre o cerramento
e conseguinte formación do inventario xeral, con data do
31 de decembro do ano 1989, e se establece o procedemento para a
súa actualización permanente (DOG
nº 10, do 15 de xaneiro), e a Res.
da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio do 5 de
febreiro de 1992 sobre habilitación de facultativos para
a asistencia ás recepcións provisionais de obras para
os efectos de actualización do inventario de bens inmobles
da CA de Galicia
(DOG nº
35, do 20 de febreiro).
(9) Arts.
43 e 55 do EAG
.
(10) Esencialmente, o D.
1.022/1964, do 15 de abril, polo que se aproba o texto articulado
da Lei do patrimonio do Estado (BOE
nº 98, do 23 de abril) e o D.
3.588/1964, do 5 de novembro , polo que se aproba o Rto.
para a aplicación da Lei do patrimonio do Estado (BOE
nº 276, do 17 de novembro).
(11) Sobre todo o CC
, o Código de Comercio, a Lei de sociedades anónimas,
aprobada polo R.D.L.
1.564/1989, do 22 de decembro (BOE
nº 310, do 27 de decembro), e a Lei 2/1995, do 23 de marzo,
de sociedades de responsabilidade limitada (BOE
nº 71, do 24 de marzo).
(12) Para estes efectos véxanse
a Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas (BOE
nº 189, do 8 de agosto); a Lei 22/1973, do 21 de xullo, de
minas (BOE
nº 176, do 24 de xullo); a Lei de montes do 8 de xuño
de 1957 (BOE
nº 151 , do 10 de xuño); o R.D.L.
1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da
Lei de propiedade intelectual (BOE
nº 97, do 22 de abril), modificado pola Lei 5/1998, do 6 de
marzo (BOE
nº 57, do 7 de marzo); a Lei 11/1986, do 20 de marzo, de patentes
de invención e modelos de utilidade (BOE
nº 73, do 26 de marzo), modificada pola Lei 21/1992, do 16
de xullo (BOE
nº 176, do 23 de xullo), e pola Lei 66/1997, do 30 de decembro
(BOE
nº 313, do 31 de decembro), polo Real Decreto-Lei 8/1998, do
31 de xullo (BOE
nº 194, do 14 de agosto) e pola Lei 50/1998, do 30 de decembro
(BOE
nº 313, do 31 de decembro); e tamén o Estatuto da propiedade
industrial, texto refundido pola Real Orde do 30 de abril de 1930
(Gaceta do 7 de maio). No ámbito da C. A. téñase
en conta a Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación
das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos
balnearios da C. A. de Galicia (DOG
nº 118 bis, do 21 de xuño).
Artigo 6
- Os bens e dereitos demaniais da Comunidade Autónoma de
Galicia son indisponibles e non poderán ser obxecto de
tráfico xurídico privado mentres ostenten tal condición,
aplicándoselles exclusivamente as peculiares modalidades
de tráfico administrativo reguladas na Lei do Patrimonio
da Comunidade Autónoma e no presente Regulamento (13).
- O tráfico privado dos bens e dereitos patrimoniais esixe
a previa observancia das disposicións da Lei do Patrimonio
da Comunidade Autónoma e deste Regulamento (14)
(art. 6 Lei).
(13) Arts.
8 a 32 deste regulamento.
(14) Arts.
33 a 116 deste regulamento.
Artigo 7
- O exercicio das funcións dominicais sobre o patrimonio
da Comunidade Autónoma, así como a súa representación
extraxudicial, correspóndelle á Consellería
de Economía e Facenda, que o exercerá a través
da Dirección Xeral do Patrimonio, salvo cando
estea atribuído aquel ó Parlamento ou á Xunta.
A representación en xuício é competencia
da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia (15).
- O disposto no apartado anterior enténdese sen prexuício
das funcións e responsabilidades doutras Consellerías,
entes públicos autonómicos e órganos estatutarios,
para a administración, xestión e conservación
dos bens e dereitos demaniais que lles foran adscritos (16)
para o cumprimento dos seus fins.
- No exercicio das funcións de administración, xestión
e conservación dos bens e dereitos demaniais que tivesen
adscritos, as Consellerías, entes públicos autonómicos
e órganos estatutarios manterán coa Dirección
Xeral do Patrimonio a coordenación precisa para
a boa orde daqueles (art. 7 Lei).
(15) Art.
5º c) do Rto. orgánico
da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, aprobado
polo D. 370/1992, do 3 de decembro
(DOG nº
252, do 29 de decembro).
(16) Arts.
18 e ss. deste regulamento.
|
|
TÍTULO PRIMEIRO.
Tráfico xurídico do patrimonio
|
CAPÍTULO PRIMEIRO.
Formas de tráfico administrativo dos bens demaniais
Sección 1ª. Normas xerais
Artigo 8
Os bens e dereitos demaniais da Comunidade Autónoma de Galicia
son inalienables, imprescritibles e inembargables (17),
e, en consecuencia, non poden ser obxecto de gravame, carga, afección,
transacción ou arbitraxe (art.
8 Lei).
(17) Art.
132.1 da CE
.
Artigo 9
- As Consellerías, entes públicos autonómicos
e órganos estatutarios que precisen bens patrimoniais determinados
para o cumprimento dos seus fins dirixiranse por conducto do titular
da Consellería ou dos respectivos presidentes daqueles
á Consellería de Economía e Facenda, expresando
cales sexan e a finalidade que teñan prevista.
- Igualmente poderán dirixirse á Consellería
de Economía e Facenda reclamando a información que
precisen sobre bens existentes no Patrimonio da Comunidade Autónoma
que poidan ser utilizados para a satisfacción dos seus
fins.
Se, a xuício da Dirección Xeral do Patrimonio
existen bens adecuados para a satisfacción das necesidades
indicadas, poñerase en coñecemento da Consellería,
ente público ou órgano estatutario interesado, que,
se lles convén, poderán pedi-la adscrición
do ben, ou se é o caso, a correspondente afectación.
|
|
Sección 2ª. Afectación
Artigo 10
A integración dos bens e dereitos no dominio público
orixínase pola súa afectación expresa ou tácita
ó uso xeral ou á prestación dos servicios públicos
propios da Comunidade Autónoma de Galicia (art.
9.1 Lei).
Artigo 11
A afectación expresa dos bens patrimoniais ó uso
xeral ou ós servicios públicos da Comunidade Autónoma
realizarase por medio de resolución do Consello da Xunta
a proposta da Consellería de Economía e Facenda. A
dita resolución adoptará a forma de Decreto (art.
9.2 Lei).
Artigo 12
A Consellería de Economía e Facenda, logo de instrucción
do correspondente expediente de afectación pola Dirección
Xeral do Patrimonio, á vista das razóns invocadas
para a afectación e das que poidan facer conveniente a conservación
dos bens no Patrimonio, elevará ó Consello da Xunta
a proposta de resolución de afectación.
Artigo 13
A resolución de afectación expresará o ben
ou bens que comprenda, o fin ou fins a que se destine, a circunstancia
de quedar integrados no dominio público da Comunidade Autónoma
e, se é o caso, a Consellería, ente público
ou órgano estatutario ó que, ó quedarlle adscrito
o ben, lle corresponderá o exercicio das competencias demaniais.
Artigo 14
- Autorizada a afectación, extenderase a pertinente acta,
que subscribirán o Director Xeral do Patrimonio da Comunidade
Autónoma en representación do Conselleiro de Economía
e Facenda e o titular da Consellería, presidente ou ente
público ou órgano estatutario ó que se adscriba
o ben afectado.
- A acta conservarase na Dirección Xeral do Patrimonio
e farase constar no Inventario Xeral de Bens e Dereitos e, cando
proceda, no Rexistro da Propiedade correspondente (18).
(18) Arts.
150 a 168 deste regulamento.
Artigo 15
Leva implícita a afectación de bens e dereitos patrimoniais
ó uso xeral e ó servicio público de que se
trate:
- A utilización de feito de tales bens ou dereitos para
o cumprimento de fins de uso xeral ou de servicio público
durante o prazo dun ano.
Os órganos da Comunidade Autónoma que tivesen
coñecemento de que se produciu esta afectación
presunta deberano poner en coñecemento da Dirección
Xeral do Patrimonio para que, se procede, se extenda
a correspondente acta de afectación e se incorporen os
bens e dereitos de que se trate ó inventario e rexistros
públicos pertinentes.
- A aprobación, polo Consello da Xunta, de plans, programas,
proxectos ou resolucións que conleven, expresa ou implicitamente,
o destino específico de determinados bens ou dereitos ó
cumprimento directo daquelas finalidades de uso xeral ou de servicio
público, a cal será comunicada á Dirección
Xeral do Patrimonio.
- A resolución do Parlamento de Galicia, que se executará
nos termos que a mesma estableza.
- A adquisición dun ben a título oneroso para o
cumprimento dunha finalidade de uso xeral ou servicio público.
- A adquisición dun ben a título lucrativo ou mortis
causa, sempre que o transmitente faga consta-la finalidade de
uso xeral ou de servicio público (art.
9.2 Lei).
Artigo 16
A adquisición de bens ou dereitos por usucapión,
de conformidade coas regras de dereito privado (19),
equivale á afectación, sen necesidade de ningún
acto formal, cando os actos posesorios se vinculasen ó cumprimento
dos fins determinantes da integración demanial (art.
9.3 Lei).
(19) Véxanse especialmente
os arts. 1.930 a 1.960 do CC
.
Artigo 17
A adquisición de bens ou dereitos mediante expropiación
forzosa (20) significa a súa
afectación ós fins que foron determinantes da declaración
de utilidade pública ou de interese social sen necesidade
de ningún outro acto expreso, quedando adscritos á
Consellería competente ou ó ente público beneficiario
da expropiación (art. 9.4 Lei).
(20) Véxanse os arts.
33 da CE
e 349 do CC , así
como a Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de
1954 (BOE
nº 351, do 17 de decembro), e o seu regulamento, aprobado polo
D. do 26 de abril de 1957 (BOE
nº 160, do 20 de xuño).
|
|
Sección 3ª. Adscrición
Artigo 18
A adscrición conferirá ás Consellerías,
entes públicos autonómicos ou órganos estatutarios
as facultades de administración, xestión e conservación
dos bens e dereitos demaniais que se lles adscriban, tendo o seu
uso e disfrute que ser conforme co fin previsto na resolución
de afectación (art. 13 Lei).
Artigo 19
- A adscrición de bens e dereitos demaniais ás Consellerías
ou órganos estatutarios realizarase por medio de Orde do
Conselleiro de Economía e Facenda, a proposta da Dirección
Xeral do Patrimonio, logo de solicitude da Consellería
ou órgano estatutario interesado.
- A adscrición considerarase implícita na afectación
ó dominio público.
Artigo 20
- Os entes públicos autonómicos, calquera que sexa
a forma xurídica que adopten, xa se trate de organismos
autónomos ou doutras entidades públicas dependentes
administrativamente das distintas Consellerías, poderán
ser cesionarios de bens ou dereitos demaniais pertencentes ó
patrimonio da Comunidade Autónoma, cando estes sexan necesarios
para o cumprimento directo dos fins atribuídos á
súa competencia.
- En virtude do acordo de cesión producirase a correspondente
adscrición dos bens ou dereitos ó organismo autónomo
ou entidade pública, sen que iso supoña cambio na
titularidade ou calificación xurídica dos bens ou
dereitos cedidos.
- A Consellería da que depende a entidade pública
ou organismo autónomo adoptará as medidas que considere
oportunas para a adecuada conservación dos bens e a súa
efectiva aplicación ós fins expresadas no acordo
de adscrición.
Artigo 21
- Cando os bens e dereitos adscritos deixen de ser necesarios
para o cumprimento directo dos fins determinantes da cesión,
reverterá o seu uso á Consellería da que
dependan administrativamente.
- O acordo aprobatorio da reversión do uso dos bens e dereitos
demaniais adscritos a entidades públicas ou organismos
autónomos orixina a desafectación, sen necesidade
de ningún outro acto formal, cando a Consellería
cedente ou outro organismo da Administración da Comunidade
Autónoma, central ou institucional, non asuman, simultaneamente,
a xestión e exercicio das competencias expresadas no acordo
de adscrición.
- Os acordos de reversión surten efectos de mutación
demanial dos bens e dereitos, nos termos dos parágrafos
1 e 2 do artigo 30, cando, con ocasión dos mesmos, se impuxese
unha nova afectación.
- Os acordos de adscrición e reversión de uso regulados
nos artigos 20 e 21 observarán as formalidades que establece
o artigo 31 deste Regulamento nos seus respectivos casos.
Artigo 22
A sucesión entre organismos públicos nos supostos
de creación, supresión ou reforma de departamentos
da Administración da Comunidade Autónoma e organismos
e entidades públicas dependentes da mesma en virtude da norma
legal ou regulamentaria non supón novación das causas
determinantes da afectación dos bens e dereitos no dominio
público da Comunidade Autónoma, que continuarán
afectos ó exercicio das competencias e funcións obxecto
de traspaso ou subrogación, sen necesidade de declaración
expresa.
Non obstante a adscrición dos bens e dereitos que lle correspondan
realizarase consonte co establecido nesta sección (art.
14 Lei).
|
|
Sección 4ª. Desafectación
Artigo 23
Cando os bens e dereitos de dominio público da Comunidade
Autónoma non fosen necesarios para o cumprimento dos fins
determinantes da súa afectación, cesará a súa
natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais
sen prexuício, se é o caso, do dereito de reversión
nos termos da lexislación de expropiación forzosa
(21), respecto daqueles bens
adquiridos por este título (art.
10 Lei).
(21) Arts.
63 a 70 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, aprobado
polo D. do 26 de abril de 1957
(BOE
nº 160, do 20 de xuño).
Artigo 24
- A desafectación deberase facer mediante resolución
do Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Economía
e Facenda. A dita resolución adoptará forma de Decreto.
- Para tal efecto, as distintas Consellerías, entes públicos
ou órganos estatutarios que teñan adscritos bens
demaniais de titularidade da Comunidade Autónoma deberán
poñer en coñecemento da Consellería de Economía
e Facenda os datos e circunstancias que permitan a identificación
do ben e as causas que determinen a desafectación.
- A Dirección Xeral do Patrimonio instruirá
o correspondente expediente e unha vez acreditada a desaparición
das causas xustificativas da afectación reclamará
da Consellería, ente público ou órgano estatutario
interesado a designación dun representante que, xunto co
nomeado polo mencionado centro directivo, formalicen a correspondente
acta de entrega do ben ó patrimonio da Comunidade Autónoma.
- O acordo de desafectación farase constar no Inventario
Xeral de Bens e Dereitos e, cando proceda, no Rexistro da Propiedade
(22) (art.
10.2 Lei).
(22) Arts.
150 a 168 deste regulamento.
Artigo 25
A desafectación esixe norma con categoría de Lei
ou Resolución do Parlamento, cando os actos de afectación
revestisen tales formalidades, correspóndenlle (23)
á Consellería de Economía e Facenda propoñer
ó Consello da Xunta a iniciativa que, dado o caso, esta teña
que adoptar no exercicio das súas competencias (art.
10.3 Lei).
(23) Erro non corrixido. Debería
dicir "correspondéndolle".
Artigo 26
- As pertenzas ou porcións sobrantes en operacións
de deslindamento (24) de bens
de dominio público enténdense desafectadas, adquirindo
a súa natureza patrimonial, sen necesidade de ulterior
requisito formal, o que non exclúe a obriga de subscribi-la
acta de entrega á que se refire o art.
24,3 deste Regulamento.
- Para os efectos expresados no apartado anterior, de tales deslindamentos
deberá darse conta polo órgano competente á
Dirección Xeral do Patrimonio, que designará
un representante para subscribi-la acta de entrega.
- A Consellería de Economía e Facenda poderá
reclamar das Consellerías competentes o deslindamento dos
bens de dominio público dos posibles terreos sobrantes,
para efectos da integración no patrimonio da Comunidade
Autónoma como bens patrimoniais (art.
10.4 Lei).
(24) Arts.
170 a 181 deste regulamento.
Artigo 27
Salvo o disposto no artigo anterior, a incorporación ó
dominio privado da Comunidade Autónoma dos bens desafectados
non se entenderá efectuada ata a recepción formal
por parte da Consellería de Economía e Facenda dos
bens de que se trate, e mentres a mesma non teña lugar seguirán
tendo aqueles o carácter de dominio público.
Artigo 28
A desafectación e ulterior destino dos bens transferidos
(25) polo Estado á Comunidade
Autónoma realizarase conforme ó disposto nos artigos
anteriores cando os bens estean afectos a un servicio público
propio da Comunidade Autónoma. A dos destinados ó
uso xeral farase de conformidade coas leis que os regulen, a iniciativa
da Comunidade Autónoma (art.
11 Lei).
(25) Con carácter xeral, téñase
en conta o R.D. 581/1982,
do 26 de febreiro, sobre normas de traspaso de servicios do Estado
á CA
de Galicia e funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias
(BOE
nº 71, do 24 de marzo).
|
|
Sección 5ª. Desadscrición
Artigo 29
- A desadscrición de bens e dereitos demaniais das Consellerías
ou dos órganos estatutarios realizarase conforme ó
mesmo procedemento sinalado no artigo 19 para a adscrición.
- Os bens ou dereitos demaniais poderán ser obxecto dunha
ou máis adscricións sempre que a utilización
conxunta non resulte incompatible e se manteña a mesma
afectación, correspondendo as facultades de administración,
xestión e conservación do ben de forma conxunta
e proporcional ós distintos órganos ós que
veña adscrito. Se xurdisen discrepancias entre os distintos
órganos que tivesen adscrito o ben, decidirá a Consellería
de Economía e Facenda, logo de audiencia dos órganos
interesados.
- Se a adscrición dun ben ou dereito demanial que xa estea
adscrito a unha Consellería ou órgano estatutario
fose solicitado por outro, a Consellería de Economía
e Facenda, a proposta da Dirección Xeral do Patrimonio,
decidirá se procede mante-la adscrición inicial,
modificala ou realizar unha adscrición conxunta, logo de
audiencia dos órganos interesados.
- A desafectación dos bens ou dereitos de dominio público
significará, en todo caso, a súa desadscrición
orgánica.
|
|
Sección 6ª. Mutacións demaniais
Artigo 30
- Os cambios de afectación por novación da causa
determinante da integración como demaniais dos bens e dereitos
no patrimonio da Comunidade Autónoma orixinan a mutación
de destino dos mesmos.
- A mutación demanial implica alteración da adscrición
orgánica dos bens ou dereitos e modificación de
competencia funcional e fins específicos a que aqueles
se vinculan, sen transferencia de titularidade nin cambio da súa
calificación xurídica.
- Os bens e dereitos demaniais, sen mutación do destino
determinado pola súa afectación principal, poderán
ser obxecto de unha ou máis afectacións secundarias,
sempre que os diversos fins e competencias concorrentes non resulten
incompatibles. A concorrencia de diversas afectacións respecto
dun mesmo ben ou dereito non altera a adscrición orgánica
esixida pola afectación principal, que conferirá
ó seu titular as facultades de administración, xestión
e conservación, sen prexuício do exercicio das que
correspondan ás Consellerías, entes públicos
ou organismos estatutarios titulares dun interese específico
por razón da afectación secundaria (art.
12 Lei).
Artigo 31
- A mutación de destino de bens e dereitos demaniais ou
a imposición de afectacións secundarias sobre os
mesmos require acordo do Consello da Xunta, logo de instrucción
do correspondente expediente pola Consellería de Economía
e Facenda a través da Dirección Xeral do Patrimonio
a instancia das Consellerías, entes públicos ou
órganos estatutarios interesados. O dito acordo adoptará
a forma de Decreto.
- Para estes efectos, as Consellerías, os entes públicos
ou os órganos estatutarios que precisen bens para dedicalos
a fins distintos, e que xa estean adscritos a outros, dirixiranse
á Dirección Xeral do Patrimonio a fin
de que se incoe o oportuno expediente no que, con audiencia das
Consellerías, entes públicos ou órganos estatutarios
interesados se decida sobre a afectación do ben ou bens
de que se trate.
- Se xorden discrepancias entre as Consellerías, entes
públicos ou órganos estatutarios interesados ou
entre algún destes e a Consellería de Economía
e Facenda acerca da afectación ou cambio de destino dun
ben ou bens determinados, a resolución correspondente será
da competencia do Consello do Goberno a proposta da Consellería
de Economía e Facenda, e adoptará forma de Decreto.
- En todo caso, a resolución que se dicte será motivada
e expresará os fins a que se afecta o uso dos bens, a Consellería,
entes públicos ou órganos estatutarios a que se
adscriben, e, se é o caso, as facultades e deberes doutras
Consellerías, entes públicos ou órganos estatutarios
titulares de afectacións accesorias.
- As mutacións ou ampliacións do destino de bens
e dereitos demaniais formalizaranse mediante acta de entrega ou
ampliación asinada polos Conselleiros dos departamentos
interesados e polo de Economía e Facenda.
- As mutacións ou ampliacións do destino dos bens
e dereitos demaniais esixen norma con categoría de Lei
ou Resolución do Parlamento se os actos de afectación
revestiron tales formalidades (art.
12.5 Lei).
Artigo 32
As modificacións do destino dos bens e dereitos transferidos
polo Estado á Comunidade Autónoma de Galicia realizaranse
conforme ó disposto neste Regulamento, sen prexuício
do establecido nas leis que as regulen (art.
12.6 Lei).
|
|
CAPÍTULO SEGUNDO.
Requisitos especiais do tráfico dos bens patrimoniais
Sección 1ª. Adquisición
Apartado A. Regras xerais
Artigo 33
A Comunidade Autónoma ten plena capacidade para adquirir
e posuír bens e dereitos polos medios establecidos polo ordenamento
xurídico (26) (art.
16 Lei).
(26) Arts.
43 do EAG
e 609 do CC .
Artigo 34
- A adquisición pura e simple de bens a título gratuíto
ou lucrativo requirirá Decreto do Consello da Xunta de
Galicia, a proposta da Consellería de Economía e
Facenda (27).
- A aceptación de herdanzas entenderase sempre feita a
beneficio de inventario (28)
(art. 17 Lei).
(27) Véxanse os arts.
618 a 1.087 do CC
. Sobre a sucesión intestada a favor da CA
, téñanse en conta os arts.
153 e 154 da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia
(DOG nº
107, do 6 de xuño), así como o D.
94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión
intestada en favor da CA
de Galicia (DOG
nº 73 do 19 de abril).
(28) Arts.
1.010 e ss. do CC
.
Artigo 35
Salvo no caso de expropiación forzosa e nos de adquisición
directa previsto nos artigos 46 e 51, as adquisicións entre
vivos a título oneroso suxeitaranse ós requisitos
de publicidade e concorrencia establecidos neste Regulamento e subsidiariamente
ós da lexislación sobre contratación administrativa
(29) (art.
18 Lei).
(29) Nesta materia deben terse en
conta principalmente a LCAP
, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro (BOE
nº 311, do 29 de decembro). De xeito complementario pode consultarse
o Rto. xeral de contratación
do Estado, aprobado polo D. 3.410/1975,
do 25 de novembro (BOE
nº 311 e 312, do 27 e do 29 de decembro) e o R.D.
390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da LCAP
(BOE
nº 70, do 21 de marzo).
Artigo 36
- As adquisicións realizadas no marco do procedemento expropiatorio
observarán as normas específicas do mesmo (30).
- Estas adquisicións levarán implícita a
afectación dos bens ós fins que determinaron a súa
declaración de utilidade pública (31)
ou interese social, así como a súa adscrición
(art. 19 Lei).
(30) Consúltense a Lei de expropiación
forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE
nº 351, do 17 de decembro) e o seu regulamento, aprobado polo
D. do 26 de abril de 1957 (BOE
nº 160, do 20 de xuño).
(31) Como normas específicas
véxanse as disposicións adicionais 2ª e 3ª
da Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime
orzamentario, función pública e xestión (DOG
nº 252, do 31 de decembro).
Artigo 37
Á Dirección Xeral do Patrimonio corresponderalle
a cuantificación, taxación pericial e formalización,
se é o caso, das operacións de escrituración,
rexistro e inventario dos bens e dereitos que, como consecuencia
de procedementos xudiciais ou administrativos, resulten adxudicados
á Comunidade Autónoma de Galicia (art.
20 Lei).
Artigo 38
- Non se poderán adquirir bens ou dereitos a título
lucrativo cando o valor global dos gravames, cargas ou afeccións
impostos sobre os mesmos sobrepase o seu valor intrínseco.
- Non se considerarán cargas, gravames ou afeccións
os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma
para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da
súa competencia que fixe o cedente ou doador.
- As adquisicións de bens e dereitos a título oneroso
efectuaranse libres de toda carga, gravame ou afectación,
se así o esixise o cumprimento directo dos fins determinantes
da súa adquisición. Sen embargo, poderán
subsistir aquelas limitacións a título de licencia,
permiso ou concesión administrativa das que o exercicio
resulte compatible co fin da afectación.
- A subsistencia de cargas, gravames, dereitos ou afeccións
sobre bens obxecto de expropiación forzosa decidirase no
marco do procedemento expropiatorio.
- Cando os bens ou dereitos se adquirisen baixo condición
ou carga de vinculación permanente a determinados destinos,
entenderanse cumpridos e consumados se durante trinta anos estivesen
afectos ós mesmos e deixasen de estalo por circunstancias
sobrevindas de interese público (art.
23 Lei).
|
|
Apartado B. Adquisición de bens inmobles a título
oneroso
Artigo 39
- A adquisición a título oneroso de bens inmobles
será realizada pola Consellería de Economía
e Facenda, a través da Dirección Xeral do
Patrimonio, calquera que sexa o valor dos mencionados bens
e a Consellería a iniciativa da cal se realice ou á
que se deban de adscribir (32).
- Exceptúase o suposto de adquisicións realizadas
a través do procedemento expropiatorio, conforme co artigo
35, pero a Consellería ou ente público interesado
deberá darlle conta á Dirección Xeral
do Patrimonio do inmoble adquirido, con expresión
das súas características e das circunstancias da
expropiación (arts. 18 e 19
Lei).
(32) Sobre a adquisición a
título oneroso debe terse en conta o acordo adoptado o 12
de novembro de 1992 polo Consello da Xunta, que di o seguinte:
Calquera iniciativa de adquisicións
a título oneroso de bens e dereitos sobre inmobles que pretenda
ser levada a cabo polas distintas consellerías deberá,
dende a súa fase inicial, ser posta inexcusablemente en coñecemento
da Consellería de Economía e Facenda, quen a través
da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio determinará
a iniciación do correspondente expediente de adquisición,
logo da xustificación suficiente no programa de necesidades.
A estes efectos o trámite a seguir
axeitarase ós seguintes requisitos:
- Tódalas adquisicións levaranse a cabo mediante
o correspondente concurso público e, no caso de prescindir
deste procedemento nos supostos do artigo 18.2 da Lei 3/85,
do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma
cando se solicite e acorde a adquisición directa será
sempre atendendo ós principios de igualdade, publicidade
e concorrencia, reducindo a casos verdadeiramente excepcionais
de peculiaridade do ben as adquisicións sen estes requisitos.
- A Consellería interesada dirixirase á Secretaría
Xeral Técnica e do Patrimonio solicitando a adquisición
ou aluguer cunha proposta que deberá conte-los seguintes
datos:
- Programa de necesidades no que se xustifique en base á
ampliación dos servicios existentes, carencias dos
mesmos ou instalacións de novos servicios a adquisición
ou aluguer facendo constar no mesmo a situación,
superficie, coste máximo e demais características
que permitan convocar o concurso ou acordar a adquisición
directa para a posterior recepción de ofertas e selección.
- Documento de retención de crédito polo importe
estimado da adquisición ou aluguer.
- A Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio será
a que no seu caso inicie os contactos cos posibles vendedores
ou arrendadores nos que, se o estima procedente, poderán
participar os servicios da consellería interesada.
Artigo 40
A adquisición farase mediante concurso público, sen
prexuício do disposto no artigo 46, e con subxección
ós trámites que establecen os artigos seguintes (art.
18 Lei).
Artigo 41
- A Dirección Xeral do Patrimonio redactará
o prego de condicións do concurso ou, no seu defecto, incorporará
ó expediente o que redactase a Consellería que propuxese
a adquisición.
- O prego de condicións conterá tódolos datos
e circunstancias que sexan precisos para a completa determinación
das características do inmoble que se pretende adquirir,
así como, polo menos, as condicións de pagamento
e o modelo de proposición con expresión dos documentos
que se deban de xuntar. O dito prego deberá contar co informe
da Asesoría Xurídica Xeral (33).
- O expediente así instruído, no que obrigatoriamente
figurará o informe da Intervención Xeral (34),
xunto coa proposta do Director Xeral do Patrimonio, será
sometido á aprobación do Conselleiro de Economía
e Facenda.
(33) Arts.
1º, apartados 2 e 3, 9º, apartado 1, e 12º, apartado
3, do Rto. orgánico da Asesoría
Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, aprobado polo D.
370/1992, do 3 de decembro (DOG
nº 252, do 29 de decembro).
(34) Art.
94.2 do TRLRFO
.
Artigo 42
- Aprobado o expediente, publicarase a convocatoria no Diario
Oficial de Galicia e potestativamente nun dos xornais de maior
circulación de Galicia.
- A convocatoria deberá conter, como mínimo, os
mesmos extremos sinalados no número 2 do artigo anterior,
e sinalará prazo, que non será inferior a un mes
excepto por razóns de urxencia apreciadas pola propia Dirección
Xeral do Patrimonio que poderá establecerse en quince
(15) días naturais, e lugar onde se deben de presenta-las
proposicións, así como o día, hora e lugar
no que se vaia proceder á apertura das proposicións.
Artigo 43
- Poderán tomar parte no concurso as persoas, naturais
ou xurídicas, nacionais ou extranxeiras, que teñan
plena capacidade xurídica e de obrar ou, no seu defecto,
estean asistidas dos medios legais para suplicala (35)
ou completala.
- Os concursantes poderán comparecer representados por
persoa autorizada con poder bastante para o efecto, sen que para
a mera presentación das proposicións a que se refire
o apartado seguinte sexa necesario acreditar representación
ningunha.
- As proposicións para o concurso presentaranse en sobre
pechado no rexistro xeral da Dirección Xeral do Patrimonio,
ou polos medios establecidos na Lei de Procedemento Administrativo
(36), axustaranse ó
modelo descrito no prego de condicións e irán acompañadas
dos documentos sinalados no mencionado prego.
- Os concursantes estarán facultados, sen embargo, para
suxerir nas súas propostas as modificacións que
non supoñan menoscabo esencial das bases do concurso.
(35) Erro non corrixido. En vez de
"suplicala" debe entenderse "suplila".
(36) Véxase o art.
38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das Administracións públicas e do procedemento administrativo
común (BOE
nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do
13 de xaneiro (BOE
nº 12, do 14 de xaneiro).
Artigo 44
A apertura das proposicións será verificada por unha
Mesa constituída da seguinte forma:
- O Director Xeral do Patrimonio ou funcionario da Dirección
Xeral en quen delegue, que actuará como presidente.
- Un letrado da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta
de Galicia.
- Un representante da Intervención Xeral da Comunidade
Autónoma.
- Un representante da Consellería interesada na adquisición,
designado polo seu titular.
- Un funcionario da Dirección Xeral do Patrimonio,
designado polo seu titular, que actuará como secretario
con voz e voto.
Artigo 45
- Unha vez comprobados os bastanteos polo letrado afecto á
Mesa, os poderes e demais documentos acreditativos da persoalidade
dos concursantes, o secretario da mesma procederá á
lectura das proposicións formuladas cos debidos requisitos,
iniciándose, acto seguido, a deliberación.
- A adxudicación outorgarase, con carácter provisional,
á proposición que obtivese maior número de
votos, decidindo, en caso de empate, o do presidente. Os vocais
da Mesa que disintan do acordo da maioría poderán
formular por escrito voto reservado debidamente fundamentado.
- A acta da sesión, as proposicións presentadas,
a proposta de adxudicación e, se é o caso, o voto
ou votos reservados, serán sometidos pola Dirección
Xeral do Patrimonio á resolución do Conselleiro
de Economía e Facenda.
Artigo 46
- A petición da Consellería interesada, e a proposta
da Dirección Xeral do Patrimonio, a Consellería
de Economía e Facenda poderá prescindir do trámite
de concurso e autoriza-la adquisición por adxudicación
directa cando así o requiran as peculiaridades dos bens,
as necesidades do servicio ou función que se vai satisfacer,
a urxencia extrema da adquisición e afectación ou
as limitacións do mercado inmobiliario na localidade onde
estean situados os inmobles que se sometan a adquisición.
Cando a contía da adquisición exceda de 1.803.100 euros, a Consellería de Economía e Facenda
requirirá autorización do Consello da Xunta para
realiza-la adquisición directa (37).
- Deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia mediante
Resolución da Dirección Xeral do Patrimonio
as razóns que xustifiquen a adquisición directa.
- Para realiza-la adquisición directa, o órgano
de contratación, sempre que sexa posible, deberá
de solicitar polo menos tres ofertas, deixando constancia diso
no expediente.
- O exercicio dos dereitos de tanteo e retracto (38)
tendentes á adquisición de bens que se incorporen
ó Patrimonio da Comunidade Autónoma correspóndelle
á Consellería de Economía e Facenda, por
proposta da Dirección Xeral do Patrimonio
e logo de informe da Intervención Xeral (art.
18.2 Lei).
(37) Parágrafo modificado polo D. 180/2003, do 27 de febreiro, polo que se modifican as contías establecidas nos artigos 26, 34.1º e 2º, 35.2º e 36 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, así como varios artigos do regulamento que a executa, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo (DOG nº 52, do 14 de marzo). A contía anterior era 300 millóns de pesetas.
(38) Arts.
1.507 a 1.525 do CC
.
Artigo 47
- Para a efectividade das adquisicións de bens inmobles
a título oneroso poderanse adquirir compromisos de gastos
de carácter plurianual nos termos previstos na Lei de xestión
económica e financeira pública para investimentos
reais (39).
- A adquisición de inmobles poderase facer por medio de
«leasing» e aprazamento de pagos cando as circunstancias
así o aconsellen e por razóns de economía
e oportunidade, logo de informe favorable da Dirección
Xeral do Patrimonio.
- Nestes casos, a compra conceptuarase como un proxecto plurianual
e o correspondente contrato deberase realizar de acordo cos trámites
establecidos nos artigos precedentes (art.
18.3 Lei).
(39) Esta remisión normativa
debe entenderse referida ó art.
58 do TRLRFO
, modificado polo art. 5º da Lei
8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e
de función pública e actuación administrativa
(DOG nº
252, do 31 de decembro).
Artigo 48
- En todo caso, a Dirección Xeral do Patrimonio
será a competente para a formalización notarial
dos correspondentes contratos.
No outorgamento das escrituras ostentará a representación
da Comunidade Autónoma o Director Xeral do Patrimonio
ou funcionario en quen delegue (art.
18.3 Lei).
- Así mesmo, o citado centro directivo procederá
a inscribi-lo inmoble no Rexistro da Propiedade e a incluílo
no Inventario Xeral de Bens e Dereitos (40).
(40) Arts.
150 a 168 deste regulamento.
|
|
Apartado C. Adquisición de bens mobles
Artigo 49
- A adquisición a título oneroso de bens mobles
corporais realizaraa a Consellería, ente público
ou órgano estatutario que vaia utilizalos, e levará
implícita, se é o caso, a afectación dos
mesmos ó servicio público correspondente (art.18
bis Lei).
- En todo caso o Consello da Xunta poderá acorda-la adquisición
centralizada de determinados bens mobles, por unha soa Consellería
ou organismo (art. 18 bis Lei).
Artigo 50
- A adquisición rexerase polo procedemento sinalado pola
contratación (41) administrativa
vixente para os contratos de subministración (42).
- A Comunidade Autónoma poderá adquirir bens mobles
por ocupación na forma establecida na normativa vixente
(43).
(41) Erro non corrixido. En vez de
"contratación" debería dicir "lexislación".
(42) Véxanse os arts.
172 a 196 da LCAP
. Así mesmo, na medida en que non se opoñan ós
preceptos anteriores, os arts. 237
e ss. do Rto.
xeral de contratación do Estado, aprobado polo D.
3.410/1975, do 25 de novembro (BOE
nº 311 e 312, do 27 e 29 de decembro).
(43) Arts.
610 a 617 do CC .
Artigo 51
- A adquisición de bens mobles poderase facer por medio
de «leasing» e aprazamento de pagos nos termos previstos
nos parágrafos 2 e 3 do artigo 47.
- Cando a adquisición dos mobles teña por obxecto
substituír outros que resultasen obsoletos, poderase empregar
como un medio de pago a entrega ó provedor dos xa utilizados,
logo de taxa-los mesmos a Dirección Xeral do Patrimonio.
|
|
Apartado D. Outras adquisicións
Artigo 52
- A adquisición a título oneroso de cotas, partes
alícuotas ou títulos representativos do capital
de empresas constituídas consonte co dereito privado será
realizada mediante compra ou subscrición polo Consello
da Xunta a proposta da Consellería de Economía e
Facenda, oída a Consellería competente por razón
da materia, e logo de informe da Dirección Xeral
do Patrimonio (44).
- Correspóndelle á Dirección Xeral
do Patrimonio a tramitación do oportuno expediente
e a formalización dos mencionados actos, en nome da Comunidade
Autónoma.
- Cando se trate de empresas mercantís, a participación
da Comunidade Autónoma resultante da adquisición
non poderá ser inferior ó 10 por 100 do importe
do capital social.
- A compra ou subscrición de obrigacións, bonos,
cotas ou outros títulos acreditativos de débeda
emitida por empresas mercantís esixirá que a porcentaxe
de participación no capital social non resulte inferior
a un 10 por 100 do mesmo na eventual circunstancia da súa
conversión en accións ou títulos con análogo
carácter.
- Os títulos ou os resgardos de depósito correspondentes
custodiaranse na Dirección Xeral do Patrimonio
(art. 21 Lei).
(44) Art.
113 deste regulamento.
Artigo 53
- A adquisición de propiedades incorporais (45)
correspóndelle ó Consello da Xunta, a proposta da
Consellería de Economía e Facenda (art.
21.4 Lei).
- É competencia da Dirección Xeral do Patrimonio
a tramitación dos respectivos expedientes, logo de informe
da Consellería competente por razón da materia.
(45) Consúltense a Lei 11/1986,
do 20 de marzo, de patentes de invención e modelos de utilidade
(BOE
nº 73, do 26 de marzo), modificada pola Lei 21/1992, do 16
de xullo (BOE
nº 176, do 23 de xullo) e pola Lei 66/1997, do 30 de decembro
(BOE
nº 313, do 31 de decembro), polo Real Decreto-Lei 8/1998, do
31 de xullo (BOE
nº 194, do 14 de agosto) e pola Lei 50/1998, do 30 de decembro
(BOE
nº 313, do 31 de decembro), o Estatuto da propiedade industrial,
texto refundido pola Real Orde do 30 de abril de 1930 (Gaceta do
7 de maio) e o R.D.L.
1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da
Lei de propiedade intelectual (BOE
nº 97, do 22 de abril), modificado pola Lei 5/1998, do 6 de
marzo (BOE
nº 57, do 7 de marzo).
Artigo 54
- Compételle á Consellería de Economía
e Facenda (46) concerta-los
arrendamentos de bens inmobles (47)
necesarios para o desenvolvemento das funcións da Comunidade
Autónoma.
- Estes arrendamentos concertaranse mediante concurso público,
que se suxeitará ó procedemento establecido nos
artigos 43 a 47 para a adquisición de bens inmobles a título
oneroso, mais coa peculiaridade de que o Director Xeral do Patrimonio
substituirá ó Conselleiro de Economía e Facenda
(art. 22 Lei).
(46) Consúltese a nota ó
art. 39.1 deste regulamento.
(47) Téñanse en conta
os arts. 35 a 56 da Lei 4/1995, do
24 de maio, de dereito civil de Galicia (DOG
nº 107, do 6 de xuño), a Lei 83/1990, do 31 de decembro,
de arrendamentos rústicos (BOE
nº 26,do 30 de xaneiro de 1981) e a Lei 29/1994, do 24 de novembro,
de arrendamentos urbanos (BOE
nº 282, do 25 de novembro).
Artigo 55
- Non obstante o disposto no artigo anterior, a Consellería
de Economía e Facenda poderá autoriza-la concertación
directa do arrendamento cando o requiran as peculiaridades dos
bens, as necesidades do servicio ou función que se vai
satisfacer, a urxencia extrema da adquisición e afectación
ou as limitacións do mercado inmobiliario na localidade
onde aqueles estean situados.
- Deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia, mediante
Resolución da Dirección Xeral do Patrimonio,
as razóns que xustifiquen a concertación directa.
- Para realiza-la adquisición directa, o órgano
de contratación, sempre que sexa posible, deberá
de solicitar polo menos tres ofertas, deixando constancia diso
no expediente.
Artigo 56
Correspóndelle ó Director Xeral do Patrimonio formalizar
por si ou polo funcionario adscrito á Dirección Xeral
en quen delegue o correspondente contrato.
Artigo 57
Concertado o arrendamento e posto o inmoble ó dispor do
órgano que o debe de utilizar, corresponderalle á
Consellería respectiva, ente público ou órgano
estatutario adoptar tódalas medidas que sexan necesarias
que por lei incumban ó arrendatario para mante-lo inmoble
en condición de servir en todo momento ó fin a que
se destina, sen prexuício das funcións que competen
á Asesoría Xurídica Xeral para a defensa en
xuício (48) dos dereitos
da Comunidade Autónoma como arrendataria.
(48) Art.
5º.1.c) do Rto. orgánico
da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, aprobado
polo D. 370/1992, do 3 de decembro
(DOG nº
252, do 29 de decembro).
Artigo 58
- É competencia da Dirección Xeral do Patrimonio
dispoñe-la resolución voluntaria dos contratos de
arrendamento de inmobles en favor da Comunidade Autónoma
e a adscrición dos mesmos ás Consellerías,
entes públicos ou órganos estatutarios, se é
o caso.
- Para estes efectos, cando a finca deixe de ser necesaria para
o servicio do órgano estatutario ou da Consellería
ou entidade pública, estes poñerano en coñecemento
da Dirección Xeral do Patrimonio antes de
desaloxa-lo inmoble, e, unha vez acreditado que o mesmo non é
necesario para o servicio doutro órgano da Comunidade Autónoma,
o citado centro directivo dispoñerá a resolución
do contrato.
Artigo 59
O arrendamento de bens mobles será concertado pola Consellería,
ente público ou órgano estatutario interesado, de
acordo co previsto nos artigos anteriores. Para estes efectos entenderase
que, en principio, concorre algunha das circunstancias previstas
no artigo 55.1.
|
|
Sección 2ª. Alleamento e cesión
Apartado A. Bens inmobles
Artigo 60
- O alleamento ou gravame por calquera título de bens inmobles
do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia ou de dereitos
impostos sobre os mesmos require a previa declaración da
súa alienabilidade, que será acordada polo Conselleiro
de Economía e Facenda, a proposta da Dirección
Xeral do Patrimonio, logo de informe da Consellería
interesada.
- Non poderán ser obxecto de declaración de alienabilidade:
- Os bens que estivesen en litixio.
- Os bens non deslindados ou non inscritos previamente no
Rexistro da Propiedade (49).
- Os bens ou dereitos cando a súa titulación
non subministre os datos relativos á súa identidade.
- A declaración de alienabilidade será publicada
no Diario Oficial de Galicia, con expresión das súas
circunstancias (art. 24 Lei).
(49) Consúltense os