Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

LEI 3/1985, DO 12 DE ABRIL, DO PATRIMONIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA

Documento nun único arquivo
Este documento dividiuse en dúas partes debido á súa extensión. Pódese acceder á parte seguinte pulsando o enlace á fin do texto e do sumario. Se quere ter unha copia completa da Lei pode descargar aquí o documento en formato PDF documento PDF, Lei do Patrimonio da Comunidade Autónoma Galega

Sumario

| |

Exposición de motivos.

TÍTULO PRELIMINAR. Disposicións xerais.

TÍTULO PRIMEIRO. Tráfico xurídico do patrimonio.

CAPÍTULO PRIMEIRO. Formas de tráfico administrativo dos bens demaniais.

CAPÍTULO SEGUNDO. Requisitos especiais do tráfico dos bens patrimoniais.

Sección 1ª. Adquisición

Sección 2ª. Alleamento e cesión

Sección 3ª. Actividade empresarial do sector público de Galicia

TÍTULO SEGUNDO. Utilización e aproveitamento do patrimonio.

CAPÍTULO PRIMEIRO. Formas de utilización dos bens demaniais.

CAPÍTULO SEGUNDO. Explotación dos bens patrimoniais.

TÍTULO TERCEIRO. Protección e defensa.

CAPÍTULO PRIMEIRO. Recuperación da posesión.

CAPÍTULO SEGUNDO. Deslinde.

Disposición transitoria.

Disposicións adicionais.

| |

Continuar: Título II - III

|
arriba
|

LEI 3/1985, DO 12 DE ABRIL, DO PATRIMONIO DA
COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA
(1).

En desenvolvemento das previsións do artigo 43 do vixente Estatuto de Autonomía para Galicia, cómpre a regulación por norma con rango formal de Lei do Patrimonio da Comunidade Autónoma, a súa administración e defensa e conservación.

A problemática xurídica que plantexa a normación do sector patrimonial da Comunidade Autónoma pode sintetizarse nas seguintes cuestións:

  1. O ámbito obxectivo da regulación, no que, por outra banda, debe distinguirse:
    1. a dicotomía demanio-patrimonio e o seu alcance
    2. a diversificación ou clasificación dos criterios de integración demanial, co problema conexo das categorías de demanio que poden ser atribuídas á titularidade da Comunidade Autónoma
    3. delimitación dos bens ou titularidades que poden ostentar natureza demanial
    4. determinación das formas de utilización ou explotación dos bens, títulos habilitantes e principios inspiradores
    5. conexión da lexislación patrimonial con outra normativa sectorial específica.
  2. Criterios sistemáticos ou estructurais que se han de observar na ordenaciķn da materia.

    A dicotomía demanio-patrimonio, lonxe de representar un contraste esencial con diversificación de réximes xurídicos concebidos como compartimentos estancos, debe ser obxecto dunha contemplación unitaria, sen prexuício dos matices substantivos e procedementais, ben patentes na regulación legal, esixidos en atención ó destino específico a que se suxeitan os bens e titularidades dun determinado momento do seu tráfico ou dinámica.

    O criterio unitario na regulación fundaméntase non soamente no concepto de «Patrimonio persoal» como centro de unificación de todas aquelas titularidades que, ostentando un valor económico, se atribúen a un suxeito de dereito para o cumprimento dos seus fins, senón tamén na necesaria e constante interrelación de ámbalas esferas cando se observa o funcionamento práctico do tráfico e uso dos bens. En efecto, o patrimonio é demanio en potencia a través de diversas formas de afectación e, pola súa banda, o demanio degrádase cando sobrevén un acto de desafectación. Pois ben, tales mutacións na calificación xurídica dos bens fundaméntanse, simplemente, na xerarquización dos fins ós que serven, no seu diverso valor e transcendencia en relación coa maior ou menor conexión que garden coa prestación de funcións e servicios públicos á Comunidade.

    A regulación normativa intensifícase, con arregro a un criterio de proporcionalidade, para adecuarse á maior relevancia de fin específico a que sirvan os bens, é dicir, escala gradual de maior ou menor protección en canto ó réxime xurídico, segundo sexa requirido polo valor do fin a que se destinan os bens.

    Desde este punto de vista, a Lei fundaméntase nos seguintes principios:

    1. O demanio defínese tendo en conta a directa vinculación dos bens ou titularidades a unha función ou servicio público propio, ou ben a outros fins que teñan unha relevancia tipificada por norma con rango de lei.
    2. A directa vinculación ou conexión do ben co fin específico constitúese a través dun acto de afectación, ben concreto, ben xenericamente determinado pola lei, tendo en conta características ostensibles ou aparentes.
    3. Da afectación específica ou xenérica derívase un réxime xurídico especial de utilización e protección. As súas características poden sintetizarse como segue:
      1. Toda utilización que comporte unha restricción de uso, require un título habilitante ou lexitimador; así, as «reservas demaniais» (uso privativo da Administración), «concesións» (uso privativo dos particulares), «licencias».
      2. Potestade de recuperación de oficio en calquera tempo, en supostos de usurpación ou detentación ilegal, e de recuperación posesoria na vía administrativa a través dun procedemento específico cando se extinguisen os dereitos constituídos sobre os mesmos.
      3. O seu carácter indisponible mediante negocios iusprivatistas, sen prexuício das peculiares modalidades de tráfico administrativo: afectación, desafectación, mutación demanial, cesión, adscrición, concesión, licencia, permiso, etc.
    4. Os bens patrimoniais ou propiedade privada da Administración, como demanio en potencia, sen prexuício de regras comúns de protección con este, aínda que menos intensas (alienabilidade limitada, deslindamento, recuperación posesoria, inembargabilidade executiva, inventario, etc.) só poden allearse se a súa explotación rentable ou afectación demanial non se xulgasen previsibles. Estas circunstancias constátanse a través de «declaración de alienabilidade», como antecedente ineludible de todo acordo de alienamento.

      En definitiva, unidade de réxime xurídico, que simplemente se intensifica cando existe unha vinculación directa do ben a unha función, servicio ou finalidade legal relevante.

      A regulación do demanio inspírase nos tradicionais principios de inalienabilidade, imprescritibilidade e inembargabilidade, que constitucionaliza o art. 132 da «Lei de Leis».

      A administración, defensa e conservación dos bens patrimoniais regúlase de conformidade cos criterios básicos que contén a vixente Lei do Patrimonio do Estado do 15 de abril de 1964 (2), prescindíndose, non obstante, da atribución á Comunidade Autónoma dos bens inmobles retidos ou disfrutados sen título válido («mostrengos ou vacantes») así como dos «abintestatos», por canto tal atribución patrimonial, herdeira dunha Regalía da Coroa, se integra na soberanía do Estado; en efecto, o Tribunal Constitucional, na súa Sentencia do 27 de xullo de 1982 (3), senta a doctrina de que “en canto que a titularidade da soberanía lle corresponde ó Estado no seu conxunto e non a ningunha das súas institucións en concreto, os bens vacantes poderían, en principio, ser admitidos (4) a Entes distintos da Administración Central, pero só o órgano que pode decidir en nome de todo o Estado e non unha das súas partes pode modificar tal atribución».

      Por outra banda, se a lei do Estado modificase o ancestral criterio, que data do Decreto de Carlos III, do 27 de novembro de 1785 (Novísima Recopilación, 10, 22, 6), a atribución da titularidade á Comunidade Autónoma operaríase en virtude do n.º 3.º dos artigos 43 do Estatuto de Autonomía, 609 do Código Civil e 1.º da presente Lei patrimonial. A Lei é, desde logo, o modo de adquiri-lo patrimonio e título xurídico válido, podendo sosterse o propio da Herdanza Intestada(5).

      O problema das categorías ou sectores demaniais que poden ser atribuídos á titularidade da Comunidade Autónoma é en extremo complexo, se se analiza o ordenamento constitucional e estatutario.

      En efecto, as cuestións que aparecen resoltas con claridade poden resumirse como segue:

      1. Bens demaniais atribuídos á titularidade da Comunidade Autónoma.
        1. Os afectos a servicios traspasados, sen prexuício da temática que plantexan a súa desafectación e mutación demaniais: art. 43-2.º do Estatuto.
        2. Os que, sendo propiedade da Comunidade Autónoma, xa no momento de aprobarse o Estatuto (art. 43-1, 1.º), xa adquiridos con posterioridade, sexan afectados á prestación de servicios ou funcións públicas atribuídas á súa competencia.
        3. As obras públicas de interés da Comunidade Autónoma, que se afecten ó uso xeral ou á prestación de servicios ou funcións públicas, sempre que afecten exclusivamente ó territorio autonómico e non teñan a calificación de interés xeral do Estado: arts. 148-1, 4.ª e a 149-1, 24.ª da Constitución; art. 27-7 do Estatuto de Autonomía.
        4. Camiños de ferro e estradas cun itinerario comprendido integramente no territorio da Comunidade Autónoma, sempre que non estean incorporados á rede do Estado: arts. 148-1, 5.ª e 149-1, 2.ª da Constitución (6); art. 27-8 do Estatuto de Autonomía.
        5. Os portos, aeroportos e heliportos non calificados de interés xeral polo Estado e os portos de refuxio e portos e aeroportos deportivos: arts. 148-6.º e 149-1, 20.ª da Constitución; art. 27, n.º 9.º do Estatuto de Autonomía.

          Se ben o art. 148-1, 6.º da Constitución esixe para a súa asunción autonómica, en canto ós «portos de refuxio», «portos e aeroportos deportivos», «que non desenvolvan actividades comerciais», cómpre ter presente sobre tal requisito:

          1. Que este sector do demanio marítimo é transferible por lei, ó non estar incluído dentro das excepcións do art. 132-2.º da Constitución.
          2. Que o Estatuto, como norma institucional básica aprobada por Lei Orgánica, ofrece a cobertura legal suficiente para a asunción de titularidade independentemente do desenvolvemento ou non dunha actividade comercial: arts. 147-2, d) e 150-2.º da Constitución.

            En efecto, o Estatuto, como Lei Orgánica, pode transferir unha titularidade estatal, que, pola súa natureza, sexa transferible ou delegable.

          3. O Estatuto, por outra banda, é título xurídico válido para a asunción autonómica dun sector demanial transferible ou delegable: art. 43, 1, terceiro.
          4. A materia relativa a «os portos de refuxio, portos e aeroportos deportivos, que desenvolven actividades comerciais» non se encontra atribuída á competencia exclusiva do Estado polo art. 149-1, 20.ª da Constitución, que esixe, para tal consecuencia, un «interés xeral», concepto xurídico non coincidente, necesariamente, co desenvolvemento de actividades comerciais, que, por outra banda, segundo prevé a propia Lei de Portos, poden ter simple transcendencia local ou rexional, con evidente subsunción en tal suposto dentro da dimensión de interés comunitario.
        6. As vías pecuarias, sen prexuício da observancia da lexislación básica do Estado: art. 27,10 do Estatuto e 149-1, 23.ª da Constitución.
        7. As «augas minerais» e «termais», como recursos da Sección B da Lexislación Xeral de minas, segundo o art. 27, nº 14 do Estatuto e 148-1, 10.ª, da Constitución.
        8. As augas subterráneas, cando merezan consideración demanial segundo a lexislación e con arregro ós seguintes requisitos (arts. 27, nº 7.º e 14.º do Estatuto e art. 149-1, 22.ª da Constitución):
          1. Que radiquen no territorio da Comunidade Autónoma.
          2. Que as obras relativas á súa captación non teñan a calificación de interés xeral do Estado.
          3. Que a execución de tales obras ou a súa explotación non afecte a territorio extracomunitario.
        Dentro da expresión «augas subterráneas», non deben entenderse comprendidas as «augas subválveas», como accesorias ou dependentes de correntes superficiais (a lexislación actual califica como tales as existentes a menos de 100 metros dun río, regato ou outras augas superficiais demaniais).
      2. Bens demaniais que, en todo caso, son de dominio público estatal: a «zona marítimo-terrestre», as «praias», o «mar territorial» e os «recursos naturais da zona económica e a plataforma continental»: art. 132-2.º da Constitución.

        A titularidade dominical de tales bens é «intransferible» á Comunidade Autónoma, que, sen embargo, exerce sobre os mesmos certas competencias de «ordenación» e «xestión»; así, art. 27 do Estatuto de Autonomía, n.º 3.º (ordenación do litoral) e 15.º (pesca nas rías, marisqueo e acuicultura).

      3. Bens demaniais, a titularidade dos cales é, en principio, transferible ás Comunidades Autónomas e a atribución dos cales debe determinarse por Lei Estatal:
        1. O sector demanial relativo ás augas terrestres (inclúense as subterráneas non incluídas na competencia autonómica e as subválveas).

          En efecto, as competencias que atribúe o Estatuto de Autonomía (art. 27, n.º 12) son de mera xestión e o propio se deriva da análise do art. 148-1, 10.ª da Constitución:

          Proxectos, construcción e explotación de aproveitamentos hidráulicos, canles e regadíos, sempre que tales obras sexan de interés da Comunidade Autónoma e as augas, pola súa banda, discorran integramente dentro do territorio da Comunidade.

        2. O demanio mineiro, con exclusión dos recursos da Sección B no relativo a augas minerais e termais.

          Neste sector, as competencias de xestión, relativas ó outorgamento de «permisos» e «concesións», tampouco conlevan unha transferencia da titularidade do recurso, que permanece na esfera estatal ó amparo do n.º 3 do art. 149 da Constitución.

        3. O sector demanial relativo ós hidrocarburos.

      A Comunidade Autónoma pode asumi-los tres citados sectores demaniais, en canto á súa titularidade, en virtude dun título xurídico válido (art. 43-1- 3.º do Estatuto), cabendo, en principio, a tales efectos tres alternativas:

      1. Lei substantiva estatal de regulación do sector demanial, que teña tal atribución de titularidade autonómica: art. 132-1.º e 2.º da Constitución.
      2. Lei Orgánica de transferencias: art. 150 - 2.º da Constitución, en canto tales sectores demaniais son transferibles pola súa natureza, sen prexuício das formas de control que para si reserve o Estado (tamén, o n.º 32 do art. 27 do Estatuto de Autonomía).
      3. Reforma estatutaria que conteña tal atribución competencial, a través dos trámites previstos ó efecto.

      As avantaxes de tal asunción autonómica de titularidade serían evidentes, ó se supera-lo contrasentido que supón a existencia dunhas «potestades de xestión» (concesións, permisos, autorizacións, proxectos de obras, etc.) e de «intervención policial» (pesca, acuicultura) comunitarias, sobre uns bens alleos á súa titularidade. E mais, desde o punto de vista doctrinal da regulación do demanio, «a xestión» e «intervención policial» para a súa plena eficacia, utilidade e nítido deslinde competencial, debe ser consecuencia da previa asunción dunha plena titularidade do ben ou sector sobre o que recaen: soamente con tal consecución podería sosterse unha eficaz e real competencia autonómica sobre a materia.

      Por outra banda, desde o punto de vista do «fomento e planificación da actividade económica», conforme ás bases da lexislación estatal, a titularidade autonómica dos tres sectores, constitucionalmente viable, favorecería a técnica das reservas demaniais, que na presente Lei se apunta como mera posibilidade (art. 48, números 2.º, 3.º e 4.º) sobre a base dunha eventual asunción de titularidade (art. 5.º, n.º 3 desta Lei).

      Especialmente, a asunción da titularidade de que se trata, potenciaría a aplicación do n.º 4.º do art. 28 do Estatuto de Autonomía, verdadeiro correlato do 128 da Constitución, co obxecto de promove-la deficiente explotación dos recursos mineiros e hidráulicos e relanzar así sectores en crise.

Por todo o exposto, a regulación legal senta uns principios comúns aplicables a tódolos sectores demaniais, sen prexuício da aplicación e subsistencia da lexislación específica, tendo sempre presente o alcance material da mesma. Do mesmo xeito, e diante da especialidade da materia, debe reputarse plenamente aplicable a «lexislación sobre propiedade intelectual e industrial, competencia exclusiva do Estado, segundo o artigo 149-1, 9.º da Constitución, sen prexuício da atribución de titularidade que o propio bloque normativo poida efectuar en favor da Comunidade Autónoma, con carácter demanial ou patrimonial segundo as regras comúns de afectación. Igualmente, a lei remítese á lexislación vixente sobre montes e aproveitamentos forestais, aplicable á Comunidade Autónoma en canto os seus principios e normas básicas, de conformidade co art. 149-1, 23 da Constitución e 27, n.º 10 do Estatuto de Autonomía, o que ha de entenderse sen prexuício de que a competencia sobre Catálogo de Montes de Utilidade Pública corresponde á Xunta de Galicia, segundo o precepto ultimamente citado e o criterio da Sentencia do Tribunal Constitucional n.º 71/1983, do 29 de xullo (7), recaída en Conflicto Positivo de competencia n.º 179/82: «a levada ou titularidade do Catálogo de Montes no ámbito autonómico correspóndelle á Xunta de Galicia, sen prexuício de que a lexislación básica estatal estableza normas para coordinala coa debida información ó Estado sobre os seus datos, determina-las súas formalidades e, en xeral, establecer outros principios que presenten carácter básico e sirvan ós fins de coordenación e cooperación», postulados, sobre todo, «pola necesidade de que o Estado poida dispoñer dos datos necesarios na materia... para facer posibles as funcións que lle reserva a Constitución en relación coa actividade económica».

A delimitación dos bens ou titularidades que poden ostentar carácter demanial, esixe supera-lo tradicional criterio que consistía en fundamentar toda a regulación sobre a base do «dereito real de dominio sobre bens inmobles», concebindo o dominio público como unha «relación de propiedades».

En realidade, a esencia da regulación demanial radica nun especial réxime xurídico de utilización e protección que se impón como consecuencia da directa conexión (afectación) dun ben a unha función ou servicio de relevancia legalmente definida.

Pois ben, idéntica vinculación ou conexión coa idea de «función» ou «servicio público» poden garda-las titularidades de carácter real, por reuniren desde os puntos de vista estructural e obxectivo as mesmas características cá plena titularidade dominical (obxecto específico e determinado, inherencia, ergaomnialidade, reipersecutoriedade, etc.).

En efecto, pénsese na crecente operatividade dos dereitos reais de «superficie», «voo», coas súas vertentes urbana e rústica (repoboación forestal, consorcios forestais, etc.), «uso», como consecuencia de transferencias de bens afectos a servicios ou funcións de competencia autonómica en que o Estado reserve para si a titularidade dominical ou das adscricións ou cesións efectuadas en favor de Entidades Locais ou outras de carácter público, nos términos da presente Lei, e incluso nas servidumes ou outras cargas de carácter real impostas sobre bens privados por motivos da utilidade pública, ben consistan na protección e intanxibilidade do demanio (por exemplo, servidumes en materia de estradas ou outras vías de comunicación) ou ben garanticen, por modo directo, a prestación regular dun servicio público.

A isto non pode obxectarse a nota de «temporalidade» ínsita na natureza de certos dereitos reais de goce (superficie, voo, uso, etc.) se se ten presente que as propias características, en canto á súa integración no réxime xurídico demanial, a través dos actos de afectación ou desafectación determinados polo tráfico ou dinámica dos bens, pode predicarse da plena titularidade dominical, e que, por outra banda, o carácter temporal da titularidade, lonxe de afectar ós fins propios da integración demanial, significa, simplemente, desafectación, por consumación dos efectos ou cumprimento daqueles fins, que, por outra banda, non obsta ó principio básico de inalienabilidade: cando o gravame ou carga real de natureza demanial se consolida co pleno dominio, desapareceron as causas xustificativas da afectación e, polo mesmo, da aplicación do réxime xurídico específico.

Amais disto, as titularidades reais poden ser obxecto da especial protección e defensa que se regula no Título terceiro da Lei, ó ostentaren carácter rexistrable, inventariable, e incluíren no seu contido o «ius possidendi» ou posesión real lexitimadora das potestades de deslinde e recuperación da posesión.

Polos propios argumentos, poden ostentar carácter demanial os bens mobles inventariables en atención ós seus apreciables valores e os dereitos inmateriais ou de exclusiva, sen que para iso obsten as regras especiais de protección aplicables á súa natureza, de conformidade coa lexislación específica, diante da inutilidade ou non aplicabilidade dalgúns aspectos do Título terceiro da Lei (deslinde, recuperación de oficio, etc.). Do réxime xurídico demanial exclúense, sen embargo, os dereitos de arrendamento, de notoria importancia na actualidade diante do crecente número de contratos celebrados pola Comunidade Autónoma para a debida atención das súas funcións e servicios.

Os fundamentos desta exclusión radican na circunstancia de que a titularidade arrendaticia, sen prexuício de que poidan representar desde o punto de vista económico unha limitación do demanio equiparable, en canto ós seus efectos, a un gravame ou carga real, non ofrece, sen embargo, o necesario soporte obxectivo nin as características estructurais propias dun dereito real.

Isto non obsta á aplicación dun especial réxime xurídico administrativo ós contratos de arrendamento cando estean directamente vinculados á prestación ou regular desenvolvemento dun servicio público.

O carácter administrativo do arrendamento en tales supostos, e a súa consecuente exclusión da lexislación civil, con aplicación dos principios propios dos contratos de obras e servicios e, supletoriamente, do dereito privado, son características admitidas pola Lei de Contratos do Estado e o seu Regulamento Xeral de Contratación (8).

Do propio modo, obsérvase a lexislación especial sobre arrendamentos urbanos por modo directo, de conformidade co art. 149-1, 18.ª (9) da Constitución, cando os contratos deban revestir natureza civil, ó non estaren directamente vinculados á prestación ou regular desenvolvemento dun servicio público ou función.

As formas de utilización e explotación dos bens, así como os modos da súa adquisición, baseándose, así mesmo, nos principios básicos da lexislación estatal, deducidos dos seus diversos sectores: lexislación sobre augas, minas, costas, patrimonio do Estado e bens das Corporacións Locais.

A regulación total fundaméntase nos seguintes principios:

  1. Intanxibilidade dos bens e máxima economía na súa explotación e uso.
  2. Publicidade e concorrencia.
  3. Necesidade dun título de lexitimación (contrato, concesión, licencia, etc.) para a intervención dos particulares ou empresas, exercicio que resulta obrigatorio en prol do principio constitucional de subordinación ó interés xeral de tódalas formas de riqueza (art. 128-1.º da Constitución).
  4. Prevalencia finalística do servicio, función ou actividade a que se afectan os bens, sobre os aspectos relativos ó uso dos mesmos meramente instrumental.

Finalmente, o tráfico e uso dos bens conéctase tamén coa lexislación especial protectora de valores específicos de calquera orde a través do informe preceptivo da Consellería ou Departamento que resulte competente na materia, coa posible avocación de competencias ó Consello da Xunta se existise diverxencia de criterios.

En especial, na materia relativa ó patrimonio histórico-artístico (10), tal coordenación é consecuencia obrigada dos mandados constitucionais, relativos á súa conservación e enriquecemento... «calquera que sexa o seu réxime xurídico e titularidade» (art. 46 da Constitución Española) e ó carácter esencial do servicio da Cultura (art. 149-2.º da Constitución Española).

Desde o punto de vista sistemático ou estructural, sen prexuício da variedade de solucións posibles, a ordenación da materia fundaméntase en criterios comúns derivados da propia esencia ou natureza da institución.

  1. Criterios esenciais de distinción na dicotomía demanio-patrimonio, e a súa proxección básica en canto ó réxime xurídico: Título preliminar, Disposicións xerais.
  2. Consideración dos aspectos relativos á dinámica patrimonial coa distinción funcional relativa ó tráfico dos bens demaniais e tráfico dos bens patrimoniais.

    Estes aspectos da regulación contéñense no Título primeiro da Lei, relativo ó «Tráfico xurídico do patrimonio» subdividido en dous capítulos referidos, respectivamente, ás «Formas de tráfico administrativo dos bens demaniais» e «Requisitos especiais do tráfico dos bens patrimoniais».

  3. Como derivación do tráfico ou dinámica patrimonial, contemplación das regras relativas ó uso e aproveitamento dos bens, ámbitos en estreita interrelación, que se contemplan no Título segundo da Lei, relativo á «Utilización e aproveitamento do patrimonio», en que se distinguen «as formas de utilización dos bens demaniais» (Capítulo primeiro), xuntamente coa «explotación dos bens patrimoniais» (Capítulo segundo).
  4. Finalmente, e en concordancia coas regras substantivas sobre tráfico e uso, as normas adxectivas de «protección e defensa» (Título terceiro) e sobre «Responsabilidades e sancións» (Título cuarto), concebidas como indispensable garantía da dinámica patrimonial e as súas derivacións en orde ó uso ou explotación dos bens.

Polas devanditas razóns, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.º, 2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a Lei do Patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

(1) Esta lei publicouse no DOG nº 78, do 24 de abril de 1985, e foi modificada polas leis de presupostos da CA galega para os anos 1986, 1988, 1989 e 1997. En concreto, pola disposición adicional 5ª da Lei 1/1986, do 29 de outubro (DOG nº 214, do 3 de novembro), pola disposición adicional 5ª da Lei 2/1988, do 5 de marzo (DOG nº 50, do 14 de marzo), pola disposición adicional 14ª da Lei 13/1988, do 30 de decembro (DOG nº 251, do 31 de decembro) e pola disposición adicional 11ª da Lei 11/1996, do 30 de decembro (DOG nº 254, do 31 de decembro).

Así mesmo foi modificada, en virtude da habilitación conferida na súa disposición adicional 2ª ó Consello da Xunta, polo D. 207/1994, do 30 de xuño (DOG nº 131, do 8 de xullo. C. de e. no DOG nº 143, do 27 de xullo).

Por último, tamén se modificou polos arts. 16º a 19º da Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión (DOG nº 68, do 9 de abril).

A continuación dos preceptos da lei menciónanse os do regulamento que a desenvolve, que se atopa no epígrafe §2 desta publicación, coa finalidade de facilita-la análise conxunta das dúas disposicións.

Debido a que o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da CA transcribe a maioría dos preceptos desta lei, ademais de desenvolvelos, as anotacións máis completas atópanse, fundamentalmente, no texto de dito regulamento.

As referencias á D.X. do Patrimonio deben entenderse feitas á Secretaría Xeral e do Patrimonio, que é actualmente o centro directivo competente sobre a materia, de acordo co D. 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Cª de Economía e Facenda (DOG nº 22, do 3 de febreiro. C. de e. no DOG nº 33, do 18 de febreiro).

(2) A dita lei estatal (BOE nº 98, do 23 de abril) de conformidade co art. 149.3 in fine da CE, ten carácter supletorio respecto da presente Lei 3/1985.

(3) Sentencia publicada no BOE nº 197, do 18 de agosto de 1982.

(4) Erro non corrixido. A sentencia reproducida do Tribunal Constitucional non menciona a palabra "admitidos", senón "atribuídos".

(5) Sobre a herdanza intestada a favor da CA galega, consúltense os arts. 153 e 154 da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia (DOG nº 107, do 6 de xuño), así como o D. 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada en favor da CA de Galicia ( DOG nº 73, do 19 de abril).

(6) A referencia correcta é ó art. 149.1.21ª da CE.

(7) Sentencia publicada no BOE nº 197, do 18 de agosto de 1983.

(8) Véxase o art. 5 da LCAP.

(9) A referencia axeitada é o art. 149.1. 8ª da CE.

(10) Sobre este aspecto téñase en conta a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG nº 214, do 8 de novembro), e a Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago (DOG nº 101, do 23 de maio).

|
arriba
|

TÍTULO PRELIMINAR.
Disposicións xerais

|

Artigo 1

O Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia ou Patrimonio de Galicia está constituído por tódolos bens e dereitos que lle pertenzan por calquera título (11) (art. 1 Rto.).

(11) Art. 43 do EAG.

Artigo 2

Os bens e dereitos integrantes do Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia clasifícanse en demaniais e patrimoniais (12) (art. 2 Rto.).

(12) Os bens demaniais están regulados fundamentalmente entre os arts. 8 a 15 e 48 a 59 desta lei. Os bens patrimoniais entre os arts. 16 a 47 e 60 a 68. Nos restantes preceptos regúlanse tanto un coma outro tipo de bens.

Artigo 3

  1. Son bens de dominio público da Comunidade Autónoma os afectados ó uso xeral ou á prestación directa de servicios públicos propios da Comunidade e os así declarados por normas con rango de lei (13).
  2. Tamén o son os inmobles propiedade da Comunidade Autónoma en que se aloxan as súas Institucións e Órganos estatutarios (14).
  3. Aplicarase o réxime xurídico demanial ós dereitos reais da Comunidade Autónoma sempre que concorra algunha das circunstancias definidas no apartado 1.º (art. 3 Rto.).

(13) Consúltense o art. 132 da CE e os arts. 339 e 344 do CC.

(14) Sobre os órganos estatutarios véxase o parágrafo quinto da exposición de motivos do Regulamento do patrimonio da CA galega.

Artigo 4

Son bens patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia sempre que non concorra algunha das circunstancias expresadas no artigo anterior:

  1. Os que lle corresponden en propiedade.
  2. Os bens e dereitos derivados da súa titularidade patrimonial.
  3. Os dereitos reais e calquera outro que lle corresponda sobre cousa allea.
  4. Os dereitos de propiedade inmaterial que lle pertenzan.
  5. Os dereitos de arrendamento e outros de carácter persoal.
  6. As cuotas, partes alícuotas e títulos representativos do capital que lle pertenzan en concepto de participación, por calquera título en empresas constituídas de acordo co dereito privado.
  7. As empresas mercantís que sexan da titularidade da Comunidade Autónoma.
  8. Calquera outro ben ou dereito que lle pertenza á Comunidade Autónoma e non sexa demanial en virtude do disposto no artigo anterior (art. 4 Rto.).

Artigo 5

  1. O Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia réxese pola presente Lei e as súas disposicións concordantes e de desenvolvemento que, coas normas estatutarias, integran o dereito propio de Galicia na materia. Supletoriamente aplicarase o dereito público e, no seu defecto, as normas de dereito privado, civil ou mercantil (15).
  2. As propiedades administrativas especiais regularanse pola súa lexislación específica (16).
  3. Terán a consideración de propiedades administrativas especiais, a estes efectos, as augas terrestres, minas, montes e dereitos de propiedade incorporal, cando a súa titularidade en concepto de demanio ou patrimonio poida ser outorgada á Comunidade Autónoma de Galicia (art. 5 Rto.).

(15) A norma fundamental de desenvolvemento da lei é o Regulamento do patrimonio da CA, contido no epígrafe § 2 desta publicación. Por outra banda, véxanse as anotacións ó art. 5º do citado regulamento. En relación ás normas estatutarias, téñanse en conta os arts. 43 e 55 do EAG. En canto ás normas de dereito privado, aplicaranse fundamentalmente o CC, o Código de Comercio e a Lei de sociedades anónimas, aprobada polo R.D.L. 1564/1989, do 22 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro).

(16) A estes efectos véxanse a Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas (BOE nº 189, do 8 de agosto); a Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas (BOE nº 176, do 24 de xullo); a Lei de montes , do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151, do 10 de xuño); o R.D.L. 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual (BOE nº 97, do 22 de abril), modificada pola Lei 5/1998, do 6 de marzo (BOE nº 57, do 7 de marzo); a Lei 11/1986, do 20 de marzo, de patentes de invención e modelos de utilidade (BOE nº 73, do 26 de marzo), modificada pola Lei 21/1992, do 16 de xullo (BOE nº 176, do 23 de xullo), pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313 do 31 de decembro), polo Real Decreto-Lei 8/1998, do 31 de xullo (BOE nº 194, do 14 de agosto) e pola Lei 50/1998, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro); e o Estatuto da propiedade industrial, texto refundido pola Real Orde do 30 de abril de 1930 (Gaceta do 7 de maio).

Artigo 6

  1. Os bens e dereitos demaniais da Comunidade Autónoma de Galicia son indisponibles e non poderán ser obxecto de tráfico xurídico privado mentres ostenten tal condición, aplicándoselles exclusivamente as peculiares modalidades de tráfico administrativo reguladas na presente Lei (17).
  2. O tráfico privado dos bens e dereitos patrimoniais esixe a previa observancia das disposicións desta Lei (18) (art. 6 Rto.).

(17) Arts. 8 a 15 desta lei.

(18) Arts. 16 a 47 desta lei.

Artigo 7

  1. O exercicio das funcións demaniais sobre o Patrimonio da Comunidade Autónoma correspóndelle á Consellería de Economía e Facenda, salvo cando estea atribuído por esta Lei ó Parlamento ou á Xunta.
  2. O disposto no apartado anterior enténdese sen prexuício das funcións e responsabilidades doutras Consellerías e entes públicos galegos (19) en orde á administración, xestión e conservación dos bens e dereitos demaniais que lles fosen adscritos para o cumplimento dos seus fins (art. 7 Rto.).

(19) Art. 13.3 da lei.

|
arriba
|

TÍTULO PRIMEIRO.
Tráfico xurídico do patrimonio

|

CAPÍTULO PRIMEIRO.
Formas de tráfico administrativo dos bens demaniais

|

Artigo 8

Os bens e dereitos demaniais da Comunidade Autónoma de Galicia son inalienables, imprescritibles e inembargables20, e, en consecuencia, non poden ser obxecto de gravame, carga, afección, transacción ou arbitraxe (art. 8 Rto.).

Artigo 9

  1. A integración dos bens e dereitos demaniais orixínase pola súa afectación expresa ou tácita ó uso xeral ou á prestación dos servicios públicos propios da Comunidade Autónoma de Galicia (art. 10 Rto.).
  2. A afectación de bens e dereitos patrimoniais ós fins expresados no párrafo anterior realizarase por calquera dos medios seguintes:
    1. Resolución expresa do Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Economía e Facenda.
    2. Utilización de feito para o cumprimento daqueles fins de uso xeral ou de servicio público durante o prazo dun ano.
    3. Aprobación, polo Consello da Xunta, de Plans, Programas, Proxectos ou Resolucións que conleven, expresa ou implicitamente, o destino específico de determinados bens ou dereitos ó cumprimento directo daquelas finalidades de uso xeral ou de servicio público.
    4. Resolución do Parlamento de Galicia que se executará nos términos que a mesma estableza (arts. 11 a 15 Rto.).
  3. A adquisición de bens e dereitos por usucapión (21), de conformidade coas regras de dereito privado, equivale á afectación, sen necesidade de ningún acto formal, cando os actos posesorios se vinculasen ó cumprimento dos fins determinantes da integración demanial (art. 16 Rto.).
  4. A adquisición de bens e dereitos mediante expropiación forzosa significa a súa afectación ós fins que foron determinantes da declaración de utilidade pública ou de interés social sen necesidade de ningún outro acto expreso (22) (art. 17 Rto.).

(21) Consúltense os arts. 1.930 a 1.960 do CC.

(22) Téñanse en conta o art. 33 da CE, o art. 349 do CC e a Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

Artigo 10

  1. Cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, no seu caso, do dereito de reversión (23) nos términos da lexislación de expropiación forzosa, respecto daqueles bens adquiridos por este título (art. 23 Rto.).
  2. A desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma debe facerse mediante acordo do Consello da Xunta, previa instrucción de expediente pola Consellería de Economía e Facenda a instancia da Consellería interesada e sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas da afectación (art. 24 Rto.).
  3. A desafectación esixe norma con rango de lei ou resolución do Parlamento, cando os actos de afectación revestisen tales formalidades (art. 25 Rto.).
  4. As pertenzas ou porcións sobrantes en operacións de deslinde (24) de bens de dominio público enténdense desafectadas, adquirindo natureza patrimonial, sen necesidade de ulterior requisito formal (art. 26 Rto.).

(23) Arts. 54 e 55 da xa citada Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

(24) Arts 72 a 76 desta lei.

Artigo 11

A desafectación e ulterior destino dos bens transferidos (25) polo Estado á Comunidade Autónoma deberá facerse de acordo co establecido polas leis (art. 28 Rto.).

(25) En relación ós bens transferidos debe terse en conta o R.D. concreto de transferencia. Con carácter xeral, véxase o R.D. 581/1982, do 26 de febreiro, sobre normas de traspaso de servicios do Estado á CA de Galicia e funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias (BOE nº 71, do 24 de marzo).

Artigo 12

  1. Os cambios de afectación por novación da causa determinante da integración demanial dos bens e dereitos orixinan a mutación de destino dos mesmos.
  2. A mutación demanial implica alteración da adscrición orgánica dos bens ou dereitos e modificación de competencia funcional e fins específicos a que aqueles se vinculan, sen transferencia de titularidade nin cambio da súa calificación xurídica.
  3. Os bens e dereitos demaniais, sen mutación do destino determinado pola súa afectación principal, poderán ser obxecto dunha ou máis afectacións secundarias, sempre que os diversos fins e competencias concorrentes non resulten incompatibles. A concorrencia de diversas afectacións respecto dun mesmo ben ou dereito non altera a adscrición orgánica esixida pola afectación principal, sen prexuício do exercicio das súas competencias accesorias polas Consellerías titulares de afectacións accesoriais.

    Se xurdisen discrepancias entre as Consellerías cotitulares en orde á xestión, administración e conservación de bens ou dereitos demaniais obxecto de diversas afectacións, decidirá o Consello da Xunta, ou, no seu caso, o Parlamento, previa audiencia dos órganos interesados.

  4. A mutación de destino de bens e dereitos demaniais ou a imposición de afectacións secundarias sobre os mesmos require acordo do Consello da Xunta, previa instrucción do expediente pola Consellería de Economía e Facenda, a instancia das Consellerías interesadas.

    A resolución motivada de tales aprobacións expresará os fins a que se afecta o uso dos bens, a Consellería á que se adscribe e, no seu caso, as facultades doutras Consellerías titulares de afectacións accesorias.

  5. As mutacións ou ampliacións do destino dos bens e dereitos demaniais esixen norma con rango de lei ou resolución do Parlamento cando os actos de afectación revestisen tales formalidades.
  6. As modificacións do destino dos bens e dereitos transferidos polo Estado á Comunidade Autónoma de Galicia suxeitaranse ó disposto no artigo 11 desta Lei (arts. 30, 31 e 32 Rto.).

Artigo 13

  1. Poderanse adscribir bens e dereitos demaniais a Entidades públicas ou Organismos Autónomos dependentes da Administración da Comunidade Autónoma cando sexan necesarios para o cumprimento directo dos fins atribuídos á súa competencia.
  2. A adscrición transfire facultades de uso, xestión e administración, vinculadas ó exercicio dunha finalidade competencial concreta sen cambio na titularidade ou calificación xurídica dos bens ou dereitos cedidos.
  3. A Consellería da que dependa a Entidade pública ou Organismo Autónomo cesionario adoptará, como titular da competencia e en exercicio de funcións de tutela, as medidas que estime oportunas para a adecuada conservación dos bens e a súa efectiva aplicación ós fins expresados no acordo de adscrición.
  4. Cando os bens e dereitos adscritos deixen de ser necesarios para o cumprimento directo dos fins determinantes da cesión, reverterá o seu uso á Consellería cedente.
  5. O acordo aprobatorio da reversión do uso dos bens e dereitos demaniais adscritos a Entidades públicas ou Organismos Autónomos orixina a desafectación, sen necesidade de ningún outro acto formal, cando a Consellería cedente ou outro organismo da Administración da Comunidade Autónoma, central ou institucional, non asuman, simultaneamente, a xestión e exercicio das competencias expresadas no acordo de adscrición.

    Os acordos de reversión surten eficacia de mutación demanial dos bens e dereitos, nos términos dos párrafos 1 e 2 do artigo anterior, cando, con ocasión dos mesmos, se impuxese unha nova afectación.

  6. Os acordos de adscrición e reversión de uso regulados por este artigo observarán as formalidades que establecen os párrafos 4 e 5 do artigo 12 desta Lei, nos seus respectivos casos (arts. 18 a 21 Rto.).

Artigo 14

A sucesión entre organismos públicos nos supostos de creación, supresión ou reforma de departamentos da Administración da Comunidade Autónoma e Organismos e Entidades públicas dependentes da mesma en virtude de norma legal ou regulamentaria, non supón novación das causas determinantes da integración demanial dos bens e dereitos, que continuarán afectos ó exercicio das competencias e funcións obxecto de traspaso ou subrogación, sen necesidade de declaración expresa (art. 22 Rto.).

Artigo 15

  1. A utilización e aproveitamento de bens ou dereitos demaniais por persoas ou entidades determinadas suxeitaranse a previa licencia, permiso ou concesión administrativa (26), nos términos establecidos polo Título segundo desta Lei.
  2. As licencias, permisos ou concesións a que se refire o párrafo anterior ostentan a natureza dos títulos lexitimadores da utilización polos particulares dos bens e dereitos de dominio público (arts. 117 e ss. Rto.).

(26) Dende o punto de vista tributario, estes actos administrativos están sometidos con carácter xeral á Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras (DOG nº 241, do 13 de decembro). Debe terse presente a doutrina do Tribunal Constitucional sobre a fixación de prezos públicos polo uso privativo e o aproveitamento especial do dominio público, contida na sentencia 185/1995, do 14 de decembro (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 1996).

|
arriba
|

CAPÍTULO SEGUNDO.
Requisitos especiais do tráfico dos bens patrimoniais

Sección 1ª. Adquisición

Artigo 16

A Comunidade Autónoma ten plena capacidade para adquirir e posuír bens e dereitos polos medios establecidos polo ordenamento xurídico (27), así como para exercita-las accións e recursos que procedan en orde á defensa e tutela do seu patrimonio (28) (arts. 33 e 149 Rto.).

(27) Véxanse os arts. 609 do CC e 43 do EAG.

(28) Arts. 69 e seguintes desta lei.

Artigo 17

  1. A adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá Decreto do Consello da Xunta de Galicia, a proposta da Consellería de Economía e Facenda.
  2. A aceptación de herdanzas entenderase sempre a beneficio de inventario (29) (art. 34 Rto.).

(29) Sobre doazóns e sucesións, consúltense os arts. 618 a 1.087 do CC, en particular os arts. 1.010 e ss. para o beneficio de inventario. Sobre a sucesión intestada a favor da CA, os arts. 153 e 154 da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia (DOG nº 107, do 6 de xuño), así como o D. 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada en favor da CA de Galicia (DOG nº 73, do 19 de abril).

Artigo 18

  1. A adquisición de bens inmobles a título oneroso realizaraa a Consellería de Economía e Facenda e esixirase o cumprimento das normas previstas na contratación administrativa, especialmente as relativas a publicidade e concorrencia (30) (arts. 35 e 39 a 51 Rto.).
  2. Non obstante, a pedimento da Consellería interesada, a Consellería de Economía e Facenda ou o Consello da Xunta por proposta desta poderá prescindir do trámite de concurso e autoriza-la adquisición directa, en función da contía que regulamentariamente se determine, cando así o requiran as peculiaridades dos bens, as necesidades do servicio ou función que se vai satisfacer, a urxencia extrema da adquisición e afectación ás limitacións do mercado inmobiliario na localidade onde estean situados.

    En todo caso, as razóns que xustifiquen a adquisición directa deberanse publicar no Diario Oficial de Galicia (art. 46 Rto.).

  3. Para a efectividade das adquisicións previstas neste artigo poderán adquirirse compromisos de gastos de carácter plurianual nos termos da Lei de Xestión Económica e Financeira Pública para investimentos reais (31).

    A adquisición de inmobles (ou outros bens patrimoniais) poderá facerse por medio de "leasing" e aprazamento de pagamentos, cando as circunstancias así o aconsellen e por razóns de economicidade e oportunidade, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda a través da Dirección Xeral do Patrimonio.

    Nestes casos, a compra conceptuarase como un proxecto plurianual e o correspondente contrato deberá realizarse de acordo cos trámites establecidos no presente artigo.

    En todo caso, a Dirección Xeral do Patrimonio será a competente para a formalización notarial dos correspondentes contratos (32).

(30) Fundamentalmente deben terse en conta, coas modificacións correspondentes, a LCAP así como o Regulamento xeral de contratación do Estado, aprobado polo D. 3.410/1975, do 25 de novembro (BOE nº 311 e 312, do 27 e do 29 de decembro), e o R.D. 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da citada LCAP (BOE nº 70, do 21 de marzo).

(31) Esta referencia legal debe entenderse feita ó art. 58 do TRLRFO, modificado neste aspecto polo art. 5º da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa (DOG nº 252, do 31 de decembro).

(32) Artigo modificado pola disposición adicional 5ª da Lei 2/1988, do 5 de marzo, de presupostos xerais da CA de Galicia para 1988 (DOG nº 50, do 14 de marzo). A súa redacción anterior era a seguinte:

  1. A adquisición de bens a título oneroso esixirá o cumprimento das normas previstas na contratación administrativa, especialmente as relativas a publicidade e concorrencia.
  2. Non obstante poderase prescindir do trámite de concurso e autorizarse a adquisición directa polo Consello da Xunta a proposta da Consellería interesada ou pola propia Consellería, en función da contía que regulamentariamente se determine, cando así o requiran as peculiaridades dos bens, as necesidades do servicio ou función que se vai satisfacer, a urxencia extrema da adquisición e afectación ou as limitacións do mercado inmobiliario na localidade onde estean situados.

    En todo caso as razóns que xustifiquen a adquisición directa deberán publicarse detalladamente no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 18-bis

A adquisición a título oneroso de bens mobles realizaraa a Consellería ou organismo que haxa de utilizalos e someterase ás normas de contratación administrativas vixentes (33).

En todo caso, o Consello poderá acorda-la adquisición centralizada de determinados bens mobles, por unha soa Consellería ou organismo, de acordo coa normativa contractual aludida (34).

(33) Son aplicables as normas sobre o contrato de subministro contidas nos arts. 172 a 196 da LCAP.

(34) Artigo engadido pola disposición adicional 5ª da Lei 2/1988, do 5 de marzo, de presupostos xerais da CA de Galicia para 1988 (DOG nº 50, do 14 de marzo).

Artigo 18.2-bis

O exercicio dos dereitos de tanteo e retracto (35) tendentes á adquisición de bens que se incorporen ó Patrimonio da Comunidade Autónoma correspóndelle á Consellería de Economía e Facenda, por proposta da Dirección Xeral do Patrimonio e logo de informe da Intervención Xeral (36).

(35) Arts. 1.521 a 1.525 do CC.

(36) Precepto engadido pola disposición adicional 14ª da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da CA de Galicia para 1989 (DOG nº 251, do 31 de decembro).

Artigo 19

  1. As adquisicións realizadas no marco do procedemento expropiatorio observarán as normas específicas do mesmo (37).
  2. Estas adquisicións levarán implícita a afectación dos bens ós fins que determinaron a súa declaración de utilidade pública ou interés social, así como a súa adscrición (art. 36 Rto.).

(37) Véxase a Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro), e o seu Regulamento, aprobado polo D. do 26 de abril de 1957 (BOE nº 160, do 20 de xuño).

Artigo 20

Á Consellería de Economía e Facenda corresponderalle a cuantificación, taxación pericial e formalización, no seu caso, das operacións de escrituración, rexistro e inventario dos bens e dereitos que, como consecuencia de procedementos xudiciais ou administrativos, resulten adxudicados á Comunidade Autónoma de Galicia (art. 37 Rto.).

Artigo 21

  1. A adquisición a título oneroso de cuotas, partes alícuotas ou títulos representantivos do capital de empresas constituídas conforme ó dereito privado deberá ser realizada mediante compra ou subscrición, a proposta da Consellería de Economía e Facenda e oída a Consellería competente por razón da materia (38).
  2. Cando se trate de empresas mercantís, a participación da Comunidade Autónoma resultante da adquisición non poderá ser inferior ó dez por cento do importe do capital social.
  3. A compra ou subscrición de obrigas, bonos, cuotas ou outros títulos acreditativos de débeda emitida por empresas mercantís, esixirá que a porcentaxe de participación no capital social non resulte inferior a un dez por cento do mesmo na eventual circunstancia da súa conversión en accións ou títulos con análogo carácter.
  4. A adquisición de propiedades incorporais (39) correspóndelle ó Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda (40) (arts. 52 e 53 Rto.).

(38) Véxase o art. 47 desta lei.

(39) Véxanse o R.D.L. 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual (BOE nº 97, do 22 de abril), modificada pola Lei 5/1998, do 6 de marzo (BOE nº 57, do 7 de marzo); a Lei 11/1986, do 20 de marzo, de patentes de invención e modelos de utilidade (BOE nº 73, do 26 de marzo), modificada pola Lei 21/1992, do 16 de xullo (BOE nº 176, do 23 de xullo), pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), polo Real Decreto-Lei 8/1998, do 31 de xullo (BOE nº 194, do 14 de agosto) e pola Lei 50/1998, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro); e o Estatuto da propiedade industrial, texto refundido pola Real Orde do 30 de abril de 1930 (Gaceta do 7 de maio).

(40) Apartado engadido pola disposición adicional 5ª da Lei 2/1988, do 5 de marzo, de presupostos xerais da CA de Galicia para 1988 (DOG nº 50, do 14 de marzo).

Artigo 22

  1. A Consellería de Economía e Facenda realizará os arrendamentos de bens inmobles (41) necesarios para o desenvolvemento das funcións da Xunta, e concertaraos mediante concurso público salvo cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 18.2, e neste caso a citada Consellería poderá acudir á concertación directa mediante resolución motivada e pública.
  2. É competencia da Consellería de Economía e Facenda dispoñe-la resolución voluntaria dos contratos de arrendamentos de inmobles en favor da Comunidade Autónoma.
  3. O arrendamento de bens mobles será concertado de acordo co previsto neste artigo pola Consellería ou organismo interesado (42) (arts.54 a 59 Rto.).

(41) Véxanse a Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos (BOE nº 282, do 25 de novembro), así como a Lei 83/1980, do 31 de decembro, de arrendamentos rústicos (BOE nº 26, do 30 de xaneiro de 1981), e os arts. 35 a 56 da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia (DOG nº 107, do 6 de xuño).

(42) Artigo modificado pola disposición adicional 5ª da Lei 2/1988, do 5 de marzo, de presupostos xerais da CA de Galicia para 1988 (DOG nº 50, do 14 de marzo). A súa redacción anterior era a seguinte:

Os arrendamentos de bens inmobles necesarios para o desenvolvemento das funcións da Xunta concertaranse, mediante concurso ou contratación directa, pola Consellería de Economía e Facenda nos términos do artigo 18.

Artigo 23

  1. Non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor global dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre os mesmos sobrepase o seu valor intrínseco.

    Non se considerarán carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doante (43).

  2. As adquisicións de bens e dereitos a título oneroso efectuaranse libres de toda carga, gravame ou afectación, se así o esixise o cumprimento directo dos fins determinantes da súa adquisición. Con todo, poderán subsistir aquelas limitacións a título de licencia, permiso ou concesión administrativa que teñan un exercicio que resulte compatible co fin da afectación.
  3. A subsistencia de cargas, gravames, dereitos ou afeccións sobre bens obxectos de expropiación forzosa decidirase no marco do procedemento expropiatorio (44).
  4. Cando os bens ou dereitos se adquirisen baixo condición ou carga de vinculación permanente a determinados destinos, entenderanse cumpridos e consumados se durante trinta anos estivesen afectos ós mesmos e deixasen de estalo por circunstancias sobrevidas de interés público (art. 38 Rto.).

(43) O segundo parágrafo do apartado 1 do art. 23 foi engadido pola disposición adicional 5ª da Lei 2/1988, citada en nota ó art. anterior.

(44) Véxase nota ó art. 19 desta lei.

|
arriba
|

Sección 2ª. Alleamento e cesión

APARTADO A
BENS INMOBLES

Artigo 24

  1. O alleamento ou gravame por calquera título de bens inmobles do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia ou de dereitos impostos sobre os mesmos require a previa declaración da súa alienabilidade, que será dictada polo Conselleiro de Economía e Facenda previo informe da Consellería interesada.
  2. Non poderán ser obxecto de declaración de alienabilidade:
    1. Os bens que se atopasen en litixio.
    2. Os bens non deslindados ou non inscritos previamente no Rexistro da Propiedade (45).
    3. Os bens ou dereitos nos que a súa titulación non subministre os datos relativos á súa identidade.
  3. A declaración de alienabilidade será publicada no Diario Oficial de Galicia, con expresión das súas circunstancias (arts. 60 e 61 Rto.).

(45) Arts. 72 a 76 e 79 desta lei.

Artigo 25

Correspóndelle á Consellería de Economía e Facenda acorda-lo alleamento cando o valor dos bens e dereitos, segundo a declaración de alienabilidade, non exceda de 25.000.000 de pesetas; ó Consello da Xunta, a proposta da citada Consellería, cando sobrepase dita cantidade; e ó Parlamento, mediante Lei, se excedese de 250.000.000 de pesetas (46) (art. 63 Rto.).

(46) Artigo modificado pola disposición adicional 5ª da Lei 1/1986, do 29 de outubro, de presupostos xerais da CA galega para 1986 (DOG nº 214, do 3 de novembro).

A súa redacción inicial era a seguinte:

Correspóndelle ó Consello da Xunta, a proposta do Conselleiro de Economía e Facenda, adopta-los acordos de alleamento cando o valor dos bens e dereitos, segundo a declaración da súa alienabilidade, non exceda de cincuenta millóns de pesetas. Se sobrepasar este importe o alleamento debe ser autorizado por lei.

As contías sinaladas neste precepto foron actualizadas polo D. 207/1994, do 30 de xuño (DOG nº 131, do 8 de xullo.C. de e. no DOG nº 143, do 27 de xullo), en virtude do previsto na disposición adicional 2ª da presente lei segundo a redacción que lle deu a disposición adicional 14ª da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da CA galega para 1989 (DOG nº 251, do 31 de decembro). As contías anteriores eran 10 millóns de pesetas, a primeira, e 50 millóns de pesetas, a segunda.

Artigo 26

O alleamento farase mediante subhasta pública, salvo cando a Consellería de Economía e Facenda, se o valor é inferior a 1.502.600 euros, ou o Consello da Xunta, nos demais casos, a proposta da Consellería de Economía e Facenda, autoricen expresamente o alleamento directo, mediante acordo motivado (47) (arts. 64 a 74 Rto.).

(47) Contía modificada, en virtude da disposición adicional segunda desta lei, polo artigo primeiro do D. 180/2003, do 27 de febreiro, polo que se modifican as contías establecidas nos artigos 26, 34.1º e 2º, 35.2º e 36 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, así como varios artigos do regulamento que a executa, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo (DOG nº 52, do 14 de marzo).

A contía anterior, establecida polo D. 185/2001, do 26 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto), era de 250.000.000 de pesetas.

Artigo 27

Non se poderá promove-la venda (48) dos bens que se achasen en litixio. Se se suscitase despois de iniciado o procedemento de alleamento, este quedará provisoriamente suspendido.

Non sendo no devandito suposto, unha vez anunciada a subasta, só se poderá suspender por orde da Consellería de Economía e Facenda fundada en documentos que fagan fe e que proben a improcedencia da venda (art. 61 Rto.).

(48) Arts. 1.445 a 1.537 do CC.

Artigo 28

  1. Os propietarios colindantes poderán adquirir directamente con preferencia a calquera outro solicitante, unha vez publicada a declaración de alienabilidade, as parcelas sobrantes, os solares inedificables e as fincas rústicas que non acaden unha superficie economicamente explotable ou non sexan susceptibles de prestar utilidade acorde coa súa natureza.

    A estes efectos, a calificación das fincas regularase polas Leis, Regulamentos ou Ordenamentos especiais aplicables á materia, e, no seu caso, polos plans de ordenación, debidamente aprobados.

  2. Cando solicite a devandita adquisición máis dun propietario colindante, será preferido o do inmoble de menor superficie dos que, mediante a súa agrupación co que se pretende adquirir, cheguen a constituír, segundo os casos, un solar edificable ou unha superficie economicamente explotable ou susceptible de prestar utilidade acorde coa súa natureza.

    Cando non concorran tales circunstancias será preferido o propietario do inmoble colindante de maior superficie (arts. 75 e 76 Rto.).

Artigo 29

  1. Os bens inmobles da Comunidade Autónoma poderán ser permutados por outros49, logo de taxación pericial e xustificación da súa conveniencia, sempre que a diferencia no seu valor non fose superior ó 50 % do que o teña máis alto.
  2. Corresponderalle autoriza-la permuta a quen, por razón da contía, fose competente para acorda-lo alleamento(50).
  3. A disposición que autorice a permuta levará implícita, se é o caso, a desafectación do inmoble do que se trate e a declaración de alienabilidade (51) (arts. 77 a 82 Rto.)

(50) Véxase o art. 25 desta lei.

(51) Artigo modificado polo art. 16 da Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión (DOG nº 68, do 9 de abril).

A súa redacción inicial era a seguinte:

  1. Publicada a declaración de alienabilidade, os bens inmobles da Comunidade Autónoma poderán ser permutados por outros, previa taxación pericial e xustificación da súa conveniencia, sempre que a diferencia no seu valor non fose superior ó cincuenta por cento do que o teña máis alto.
  2. Corresponderalle autoriza-la permuta a quen, por razón da contía, fose competente para acorda-lo alleamento.

Artigo 30

  1. Os bens patrimoniais inmobles da Comunidade Autónoma dos que non se xulgue previsible a súa afectación