(1) As referencias á Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ó Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da mesma, entenderanse realizadas á Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia.
(2) Corrección de erros (D.O.G. nº 184, do 22 de setembro de 1994)
O Decreto 172/1992, do 26 de xuño, polo que se establecen as normas para a xestión, liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma,. dispón no seu artigo 10 que "a xestión recadatoria en período voluntario das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia correspóndelle en exclusiva á Consellería de Economía e Facenda". Así mesmo, o artigo 14 determina os medios considerados como xustificante do pagamento das taxas e prezos públicos.
A Orde do 30 de xuño de 1992 regulamenta o procedemento para a recadación voluntaria das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia a través de entidades financeiras, facéndose necesaria unha regulamentación específica para a recadación dos prezos públicos e privados .
Por iso, en uso das facultades conferidas pola disposición adicional primeira do citado Decreto 17211992. do 26 de xuño,
DISPOÑO
A xestión recadatoria en período voluntario dos prezos públicos e privados da Comunidade Autónoma de Galicia, que debe realizarse a través de entidades financeiras, queda encomendada ás delegacións da Consellería de Economía e Facenda das capitais de provincia.
Os ingresos realizaranse nas contas restrinxas abertas nas entidades colaboradoras especificamente autorizadas para a recadación de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, titulada : "Tesouro Facenda Pública galega, - conta restrinxida. Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de ________________, por taxas e prezos". (4)
(3) Entenderase que esta é a redacción do artigo 2, de acordo co artigo 1 da Orde do 31 de xullo de 1997, pola que se regula o procedemento de presentación centralizada de ingresos polas entidades colaboradoras.
(4) Redacción dada polo artigo 1 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se modifican determinados artigos da Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os ingresos poderán realizarse en calquera oficina da rede das entidades financeiras que canalizarán os ditos ingresos á conta restrinxida de recadación centralizada correspondente á provincia na que radique o servizo ou organismo xestor do prezo público ou privado de que se trate.
Os ingresos efectuados nas entidades financeiras xurdirán efectos diante da Administración da Comunidade Autónoma na data na que se realizaron na oficina receptora do ingreso.
A administración e cobro dos prezos públicos ou privados que figuran relacionados no anexo I, axustarase ó proceso que se describe a continuación e documentaranse no modelo que con carácter básico figura no anexo III.
O documento de cobro dos prezos públicos e privados que figuran no anexo II instrumentaranse segundo a súa natureza en talonarios de entradas, de recibos ou outros medios similares, coas súas correspondentes matrices.
As entidades colaboradoras, nos prazos previstos no Regulamento xeral de recadación, é dicir, dentro dos sete días hábiles seguintes ó fin de cada quincena, ingresarán, mediante cheque nominativo cruzado a favor do Tesouro Público de Galicia, o recadado cada quincena polo concepto de taxas e prezos.
O ingreso instrumentarase co mandamento de ingreso TP01, debendo efectuarse ante o Servizo de Recadación da propia delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda.
Cada quincena comprenderá dende o fin da anterior ata o día 5 ó 20 seguinte ou ata o inmediato hábil posterior, si o 5 ou 20 son inhábiles. A tales efectos, serán considerados días inhábiles os sábados.
Calquera que sexa o número de días inhábiles, o ingreso na conta do Tesouro Público deberá producirse no mesmo mes no que finaliza a quincena correspondente.
(5) Redacción dada polo art.2 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, citada na nota anterior.
Presentación dos ingresos mediante soporte magnético.
(6) Redacción dada polo art. 3 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, previamente citada.
(7) Suprimido polo art. 4 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, previamente citada.
Os ingresos por taxas da Comunidade Autónoma terán no sucesivo tratamento descrito nos artigos 7 e seguintes da presente orde.
Esta orde non será aplicable ós prezos percibidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) nin polo IGAPE.
Mantense en vigor a Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia en canto non se opoña o disposto na presente orde.
| |Nos supostos dos prezos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que figuran no anexo I cos números de código: 35.07.00; 35.08.00; 35.09.00 e 36.08.00, o interesado cumprimentará o impreso que se le facilite no servizo correspondente e procederá ó seu ingreso en calquera das entidades sinaladas ó dorso do citado impreso, procedendo unha vez ingresado o importe e presentado o exemplar debidamente selado pola entidade bancaria á oportuna comprobación na secretaría do centro. Para verificar esta comprobación, nos supostos de aplicación dalgunha exención ou bonificación, xuntarase xustificación documental deste extremo.
O anexo V da Orden do 30 de xuño de 1992, polo que se aproba o modelo de autoliquidación de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado pola Orde do 13 de xaneiro de 1994, incrementase nos servizos de:
07. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
11. Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
14. Consellería de Familia, Muller e Xuventude.
Autorízase á Dirección Xeral de Tributos a actualizar mediante resolución, por necesidades propias do servizo, os anexos I e II de la presente orde.
(8) Disposición Adicional engadida pola Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).
| |Esta Orde entrará en vigor ó día seguinte ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de
1994.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía
e Facenda.
(9) Anexo actualizado polas resolucións da Dirección xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (D.O.G. nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (D.O.G. nº 8, de 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (D.O.G. nº 1, de 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (D.O.G. nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (D.O.G. nº 251, do 29 de decembre de 2003) e do 23 de decembro de 2004 (D.O.G. nº 254 ,de 31 de decembro de 2004) e do 20 de decembro de 2006 (D.O.G. nº 249 ,de 29 de decembro de 2006) e do 20 de decembro de 2007 (DOG Nº 251, do 31 de decembro de 2007).
| CÓDIGO | DENOMINACIÓN |
|---|---|
| 350500 | Canóns de concesionarios de estacións de autobuses e centrais de mercancías |
| 350600 | Outros canóns |
| 350700 | Conservatorios de música e danza |
| 350800 | Escolas Oficiais de Idiomas |
| 350900 | Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais |
| 351000 | Canon ITV |
| 351200 | Utilización de locais incubadoras C.E.I. |
| 352000 | Laboratorio Rexional de Medio Ambente Industrial |
| 352400 | Garda de Menores |
| 352500 | Ensinanzas regradas de arte dramática |
| 352600 | Estudos superiores de deseño |
| 360100 | Venda de publicacións |
| 360200 | Uso de instalacións da EGAP |
| 360300 | Matrículas de cursos da EGAP |
| 360400 | Biblioteca EGAP |
| 360600 | Venda de cartografía |
| 360700 | Ensaios de laboratorios de control de calidade |
| 361001 | Campamentos e albergues. Campaña de verán |
| 361002 | Campamentos e albergues. Estancias |
| 361100 | Residencias xuvenís para estudantes |
| 361200 | Escolas infantís 0-3 |
| 361600 | Venda de doses seminais e exemplares de animais |
| 361601 | Venda de doses seminais |
| 361602 | Venda de exemplares bovinos |
| 361603 | Venda de exemplares aviares |
| 361604 | Venda de exemplares ovinos |
| 361605 | Venda de exemplares porcinos |
| 362000 | Venda de especies cinexéticas |
| 362100 | Curso Consello Galego de Relacións Laborais |
| 362400 | Cesión temporal de locais do I.G.V.S. |
| 362500 | Servizos prestados no Laboratorio de Consumo de Galicia |
| 362600 | Cursos e talleres de artistas impartidos no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) |
| 362900 | Cursos, xornadas e seminarios |
| 362901 | Matrícula ou inscrición |
| 362902 | Instalación de stands |
| 363000 | Reprodución parcial mediante fotocopia de publicacións e outros documentos elaborados polo I.G.E. |
| 363100 | Carné Xuventude |
| 363101 | Carné Xoven euro < 26 |
| 363200 | Carnés T.I.V.E. |
| 363201 | Carné alberguista xoven |
| 363202 | Carné alberguista adulto |
| 363203 | Carné alberguista grupo |
| 363204 | Carné alberguista familiar |
| 363205 | Carné alberguista internacional |
| 363206 | Carné teacher (ITIC) |
| 363207 | Carné go < 25 (FIYTO) |
| 363208 | Carné Student (ISIC) |
| 363300 | Guía Internacional de Albergues |
| 363400 | Programas T.I.V.E. |
| 363401 | Campos de traballo |
| 363402 | Intercambios xuvenís |
| 363403 | Programas de turismo xoven |
| 363404 | Outras actividades T.I.V.E. |
| 363500 | Venda de follas de reclamacións no Instituto Galego de Consumo |
| 363600 | Venda de prendas do uniforme dos alumnos da Academia Galega de Seguridade Pública |
| 363700 | Explotación datos estatísticos. I.G.E. |
(10) Anexo actualizado polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (D.O.G. nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (D.O.G. nº 8, de 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (D.O.G. nº 1, do 2 de xaneiro de 2001) e do 17 de decembro de 2003 (D.O.G. nº 251, do 29 de decembro de 2.003).
| CÓDIGO | DENOMINACIÓN |
|---|---|
| 351401 | Venda de permisos de caza |
| 351402 | Venda de permisos de pesca |
| 351500 | Precintaxe de artes legais de pesca |
| 351600 | Arquivos e museos |
| 351700 | Residencias da terceira idade |
| 351800 | Centros sociais |
| 351900 | Residencias de Tempo Libre |
| 352200 | Centros de atención especializada a minusválidos psíquicos (CAMP). |
| 352300 | Servizos sociais da Mariña |
| 360900 | Productos e aproveitamentos forestais |
| 361300 | Productos agropecuarios |
| 361400 | Obxectos conmemorativos de exposicións |
| 361500 | Servizo de instalacións recreativo-deportivas |
| 361700 | Análises físicos, químicos e fisicoquímicos realizados nos Laboratorios agrarios e enolóxicos da Consellería de Agricultura, Gandeira e Política Agroalimentaria |
| 361800 | Venda de plantas e sementes en viveiro |
| 361900 | Venta de sementes e piñas en secadoiro |
| 362200 | Servizos C.G.A.I. |
(11) Modelo de liquidación de prezos substituído a todos os efectos polo modelo de liquidación en euros de prezos públicos/privados, aprobado pola Disposición Adicional Novena da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 y que figura no seu Anexo XII (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 2001).
(12) Modificado polo anexo 2 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda.
A información que se transfira consistirá nunha lista que detalle cada ingreso tramitado durante o mes correspondente, especificando os seguintes datos:
A continuación establécense algúns convenios para a transferencia.
| Nome | Lonxitude | Comentarios |
|---|---|---|
| CÓDIGO | 9 | Código do ingreso |
| CON | 2 | Código da consellería |
| SVC | 2 | Código de servizo |
| DEL | 2 | Código de delegación |
| DNI | 10 | D.N.I. do suxeito pasivo |
| NOMBRE | 50 | Nome e apelidos do suxeito pasivo |
| BAN | 4 | Código da entidade colaboradora |
| SUC | 4 | Código de sucursal |
| TASA | 6 | Código de taxa |
| FECHA | 8 | Data do ingreso AAAAMMDD |
| IMPORTE | 10 | Importe sen decimais |
(13) Anexo engadido polo anexo 1 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, previamente citada.