Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pago das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación. (1) (D.O.G. 125, do 1 de xullo de 1992)

(1) As referencias á Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ó Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do titulo II da mesma, entenderanse realizadas á Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sumario

| | |
arriba
|

A disposición adicional primeira do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, autoriza á Consellería de Economía e Facenda a ditar as disposicións necesarias para a aplicación de dito decreto.

Pola súa banda, o artigo 13.3 do mencionado decreto establece que a utilización dos efectos timbrados requirira expresa autorización da Consellería de Economía e Facenda.

Dado que os servizos administrativos de compulsa de documentos e verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación se prestan inmediatamente a súa solicitude, resulta necesario autorizar a utilización de efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia para o pagamento das taxas esixidas por ditos servizos administrativos.

Por todo elo,

DISPOÑO

|
arriba
|

CAPÍTULO I. Autoliquidación das taxas.

Artigo 1

Con independencia do procedemento de liquidación aplicable a cada taxa, os ingresos que por estes tributos corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia efectuaranse polos suxeitos pasivos a través das entidades financeiras colaboradoras autorizadas, relacionadas no anexo VII, sen prexuízo do disposto nesta orde para o pagamento mediante efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia (2).

(2) Redacción dada polo artigo 1.1 da Orde do 24 de marzo de 1998, pola que se modifica a Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pago de taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación e a Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).

Artigo 2

Salvo o disposto no parágrafo seguinte, as autoliquidacións por taxas ingresaranse no prazo de tres días a contar dende o seguinte ó seu devengo .

Nos supostos previstos nos artigos 21, puntos 3 e 4, e 23, apartado 09, subapartados 03 e 04 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril (3), a autoliquidación presentarase e ingresarase nos vinte primeiros días naturais dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro, referida cada unha delas ós feitos impoñibles realizados no trimestre inmediato anterior (4).

(3) A referencia entenderase feita ó artigo 27, puntos 3 e 4, e ós subapartados 03 e 04 do apartado 09 do anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

(4) Redacción dada polo artigo 1.2 da Orde do 24 de marzo de 1998, citada nota anterior (D.O.G. Nº 68, do 9 de abril de 1998).

Artigo 3

Sen prexuízo do disposto no último parágrafo deste artigo para aquelas taxas que, conforme ó artigo 6º do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan as normas para a xestión, liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, resulte aplicable o procedemento de autoliquidación, apróbase o modelo de impreso que figura no anexo I da presente orde.

Dito modelo constará dun exemplar para o interesado, outro para a entidade financeira e o resto para a Administración.

O impreso de autoliquidación será facilitado polos servizos administrativos, organismos autónomos ou entes xestores da correspondente taxa, os cales informarán ó solicitante sobre os números que debe consignar nos espazos reservados ós códigos da consellería, delegación e servizo e clave da taxa, conforme ás relacións que figuran como anexo V e VI da presente orde. As entidades financeiras autorizadas para a recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban o convenio de colaboración na xestión da renovación de licencias de caza e pesca, poderán solicitar autorización para o emprego dun xustificante do pago da taxa, que substituirá o modelo de autoliquidación (5).

O modelo de autoliquidación da taxa esixible pola inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da Comunidade Autónoma, artigo 18, número 03 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril (6), axustarase ó que establece a correspondente orde da convocatoria.

(5) Segundo a redacción que da a este parágrafo terceiro o artigo 1.3 da Orde do 24 de marzo de 1998 citada anteriormente 1.3 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).

(6) A referencia entenderase feita ó apartado 03 do anexo 1 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4

Con carácter xeral o suxeito pasivo, unha vez ingresada a taxa e con anterioridade á prestación do servizo solicitado, deberá presentar ó servizo administrativo, organismo autónomo ou ente xestor de dita taxa, o exemplar para a Administración.

Naqueles supostos a que se refire o artigo 2 da presente orde, o suxeito pasivo deberá presentar dito exemplar ó órgano xestor da taxa correspondente dentro dos dez días seguintes á terminación de cada un dos prazos de ingreso.

Ademais, no caso da taxa establecida no artigo 23, número 08 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril (7), pola inspección sanitaria veterinaria, os suxeitos pasivos presentarán ó servizo xestor da mesma o modelo que figura como anexo II da presente orde.

(7) A referencia entenderase feita ó apartado 08 do anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

|
arriba
|

CAPÍTULO II. Utilización de efectos timbrados.

Artigo 5

Os efectos previstos no artigo 13.3 do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, para o pago de taxas esixibles polos servizos administrativos de compulsa de documentos e verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, autorizase a utilización de efectos timbrados coa forma, valor e demais características que figuran no anexo III desta orde.

Artigo 6

Pola Dirección Xeral de Tributos (8) emitiranse efectos timbrados que procedan para cada unha de ditas taxas.

(8) De acordo co artigo 1.4 da Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).

|
arriba
|

CAPÍTULO III. Xestión do pago mediante efectos timbrados.

Artigo 7

Os habilitados responsables dos fondos públicos nos servizos centrais das distintas consellerías solicitarán da Dirección Xeral de Tributos (9) os selos de cada clase que necesiten para a prestación dos servizos gravados polas distintas taxas, sendo responsables da custodia e recadación. (10)

(9) De acordo co artigo 1.4 da Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998).

(10) Modificado por Orde de 31 de maio de 1995 (D.O.G. nº 127, de 4 de xulio de 1995).

Artigo 8

Os secretarios ou funcionarios que substitúan nos servizos territoriais das distintas consellerías, deberán solicitar dos servizos da Tesoureira da Delegación da Consellería de Economía e Facenda correspondente á capital da provincia os selos de cada clase necesarios para prestar os servizos gravados por ditas taxas sendo responsables da súa custodia e recadación.

Artigo 9

Coa periodicidade que se crea oportuno e, se é o caso como mínimo unha vez ó mes, os responsables de recadación, utilizando o modelo que acompaña como anexo IV a esta orde, procederán ó ingreso do importe recadado en calquera das entidades financeiras que en dito modelo se especifican; o mencionado modelo constará de tres exemplares.

Artigo 10

Polas distintas unidades prestadoras do servizo, e unha vez realizado este, procederase a inhabilitar os efectos timbrados.

|
arriba
|

DISPOSICIÓN ADICIONAL

No ámbito das súas competencias autorízase á Dirección Xeral de Tributos, á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro e a Intervención Xeral a ditar cantas disposicións sexan necesarias para a aplicación da presente orde.

Así, mesmo autorízase á Dirección Xeral de Tributos a actualizar os anexos V, VI e VII. (11)

(11) Parágrafo engadido pola Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, de 9 de abril de 1998).

|
arriba
|

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela a 30 de xuño de 1992
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda.

|
arriba
|

ANEXO I. MODELO AUTOLIQUIDACIÓN TAXAS. (documento PDF) (12)

(12) Modelo de autoliquidación substituídos a tódolos efectos polo modelo A. Taxas. Autoliquidación en euros, aprobado pola Disposición Adicional Quinta da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 e que figura no seu anexo VIII (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 2001).

ANEXO II. DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA DA TAXA POLA INSPECCIÓN E O CONTROL SANITARIO OFICIAL DE CARNES FRESCAS E CARNES DE COELLO E DE CAZA. (documento PDF) (13)

(13) Modelo substituído polo modelo da declaración complementaria da taxa pola inspección e control sanitario oficial de carnes frescas e carnes de coello e caza, aprobado pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 5 de xaneiro de 2005, pola que se modifica o modelo de declaración complementaria da taxa por servizos profesionais, polas inspeccións e control sanitarios oficiais de carnes frescas e carnes de coello e caza que figura no seu anexo (D.O.G. nº 9, do 14 de xaneiro de 2005).

ANEXO III. EFECTOS TIMBRADOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. (documento PDF) (14)

(14) Efectos timbrados substituídos a todos os efectos con valor facial en euros, aprobados pola Disposición Adicional Sétima da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001, e que figuran no seu anexo X (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 2.001).

ANEXO IV. DOCUMENTO DE INGRESO PARA EFECTOS TIMBRADOS. (documento PDF) (15)

(15) Modelo substituído a tódolos efectos polo modelo T Documento de ingreso para efectos timbrados en euros, aprobado pola Disposición Adicional Oitava da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 e que figura no seu anexo XI (D.O.G. nº 242, do 17 de decembro de 2001).

ANEXO V. CÓDIGOS DE CONSELLERÍAS E SERVIZOS.
CÓDIGOS DE DELEGACIÓNS. (16)

(16) Modificado pola Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998) e polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (D.O.G. nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (D.O.G. nº 8, do 13 de xaneiro de 2000) e 22 de decembro de 2000 (D.O.G. nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (D.O.G. nº 78, do 23 de abril de 2003) e do 23 de decembro de 2004 (D.O.G. nº 254, do 31 de decembro de 2004) e do 20 de decembro de 2005 (D.O.G. nº 250, do 30 de decembro de 2005) e do 20 de decembro de 2006 (D.O.G. nº 249, do 29 de decembro de 2006) e do 20 de decembro de 2007 (DOG nº251, do 31 de decembro de 2007).

CÓDIGOS DE CONSELLERÍAS E SERVIZOS.
04 Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
01 Secretaría  
02 Escola Galega de Administración Pública OA
04 Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia  
05 Secretaría Xeral de Emigración  
08 Secretaría Xeral de Comunicación  
09 Protección Civil  
10 Secretaría Xeral de Política Lingüística  
11 Diario Oficial de Galicia  
12 Cooperación Exterior  
16 Xogo  
17 Asociacións e Espectáculos Públicos  
18 Administración Local  
19 Academia Galega de Seguridade Pública OA
20 Interior  
05 Economía e Facenda
01 Secretaría  
02 Instituto Galego de Estatística OA
03 Instituto Galego de Promoción Económica OA
04 CIXTEC OA
05 Tribunal galego de Defensa da Competencia OA
06 Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro  
06 Política Territorial, Obras Públicas e Transportes
01 Secretaría  
02 Transportes  
04 Estradas  
06 Urbanismo  
10 Grupo de Portos OA
13 Costas  
16 Xurado de Expropiación Forzosa  
17 Protección do Litoral  
07 Educación e Ordenación Universitaria
01 Secretaría  
03 Ensinanzas Medias  
04 Axencia para a Xestión Integrada, Calidade e Avaliación da Formación Profesional OA
08 Innovación e Industria
01 Secretaría  
02 Minas  
03 Administración Industrial  
05 Instituto Galego de Consumo OA
06 Comercio  
07 Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) OA
08 Enerxía  
09 Investigación e desenvolvemento  
10 Turismo  
11 Servizo Galego de Propiedade Industrial (SEGAPI)  
09 Medio Rural
01 Secretaría  
02 Supervisión de Proxectos  
03 Contratación  
04 Infraestructuras Agrarias  
05 Formación Agraria  
06 Centro de Investigacións Agrarias  
07 Axudas Estructurais  
08 Industria e Comercialización Agroalimentaria  
09 Sanidade e Producción Animal  
10 Montes e Industrias Forestais  
12 Defensa Contra Incendios  
13 Fomento Cooperativo  
14 Fondo Galego de Garantía Agraria - FOGGA OA
15 Sanidade vexetal  
16 Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) OA
10 Cultura e Deporte
01 Secretaría  
02 Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais OA
03 Arquivos e museos  
06 Servizo de Patrimonio  
07 Deportes  
08 Rexistro da Propiedade Intelectual  
11 Sanidade
01 Secretaría  
02 Planificación e Ordenación  
03 SERGAS - Secretaría OA
06 SERGAS - Farmacia OA
08 Saúde Pública  
09 Fundación Pública Hospital do Barbanza OA
10 Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira OA
11 Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia - 061 OA
12 Fundación Pública Centro Transfusión de Galicia OA
13 Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía OA
14 Fundación Pública Hospital de Verín OA
15 Fundación Pública Hospital do Salnés OA
16 Inspección sanitaria  
17 Protección á saúde  
18 Promoción da saúde  
19 Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica OA
12 Pesca e Asuntos Marítimos
01 Secretaría  
02 Acuicultura (S.C.)  
03 Marisqueo (S.C.)  
04 Pesca (S.C.)  
05 Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro  
06 Recursos Mariños  
07 Estruturas e mercados da pesca  
08 Instituto Tecnológico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) OA
14 Igualdade e Benestar
01 Secretaría  
02 Garderías  
03 Xuventude  
04 Tempo Libre  
05 Servicio Galego de Promoción da Igualdade do home e da muller OA
06 Menores  
07 Acción Social  
08 Igualdade  
15 Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
01 Secretaría  
04 Espazos naturais e biodiversidade  
05 Recursos cinexéticos e piscícolas  
06 Protección Ambiental  
07 Fomento e Control de Calidade Ambiental  
08 Control e Xestión de Residuos  
09 Laboratorio Medio Ambiente de Galicia  
10 Centro de Investigacións Forestais  
11 Servicio Técnico Xurídico  
12 Augas de Galicia OA
13 Empresa pública de obras e servizos hidráulicos de Galicia OA
14 Inspección e Intervención Ambiental  
15 Meteogalicia  
17 Traballo
01 Secretaría  
03 Relacións Laborais  
04 Consello Galego de Relacións Laborais  
19 Vivenda e Solo
01 Secretaría  
02 Fomento e Calidade da Vivenda  
03 Instituto Galego da Vivenda e do Solo OA
23 Consello da Cultura Galega
01 Consello da Cultura Galega  
24 Consello Consultivo
01 Secretaría  

CÓDIGOS DE DELEGACIÓNS.
Código Descrición
10 A Coruña
11 Ferrol
12 Ribeira
13 Servizos Centrais
14 Ordes
20 Lugo
21 Celeiro
22 Vilalba
30 Ourense
31 O Barco de Valdeorras
40 Pontevedra
41 Vigo
42 Vilagarcía de Arousa
43 Lalín
80 Casa de Galicia en Madrid
|
arriba
|

ANEXO VI. RELACIÓN DE TARIFAS DAS TAXAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA: CÓDIGO E DENOMINACIÓN. (17)

(17) Anexo modificado polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro 1998 (D.O.G. nº 1, do 4 de xaneiro de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (D.O.G. nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (D.O.G. nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (D.O.G. nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (D.O.G. nº 251, do 29 de decembro de 2003) e do 23 de decembro de 2004 (D.O.G. nº 254, do 31 de decembro de 2004) e do 20 de decembro de 2005 (D.O.G. nº 250, do 30 de decembro de 2005) e do 20 de decembro de 2006 (D.O.G. nº 249, do 29 de decembro de 2006) e do 20 de decembro de 2007 (DOG nº251, do 31 de decembro de 2007).

|
arriba
|

ANEXO VII. RELACIÓN DE ENTIDADES NAS QUE SE PODE REALIZAR O INGRESO. (18)

(18) Anexo introducido pola Orde do 24 de marzo de 1998 (D.O.G. nº 68, do 9 de abril de 1998) e modificado por las Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (D.O.G. nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (D.O.G. nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (D.O.G. nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (D.O.G. nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (D.O.G. nº 251, do 29 de decembro de 2.003 ) e do 23 de decembro de 2004 (D.O.G. nº 254, do 31 de decembro de 2004) e do 20 de decembro de 2005 (D.O.G. nº 250, do 30 de decembro de 2005) e do 20 de decembro de 2006 (D.O.G. nº 249, do 29 de decembro de 2006).

  • Banesto
  • Banco Etcheverría
  • Banco Gallego
  • BSCH
  • Banco Pastor
  • Banco Popular
  • Banco Sabadell
  • Banco de Galicia
  • BBVA
  • Caixa Catalunya
  • Caixa Nova
  • Caixa Galicia
  • Caja España
  • La Caixa
  • Caixa Rural Lugo
  • Caja Madrid
  • Caja General de Depósitos
  • Caja Rural de Zamora
  • Ibercaja
  • Caja Duero
A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC