Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

ANEXO 5, TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA, OCUPACIÓN OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO DA LEI 6/2003, DO 9 DE DECEMBRO, DE TAXAS, PREZOS E EXACCIÓNS REGULADORAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. (D.O.G. Núm. 240 de 11 de decembro de 2003). (1)

(1) Tarifas actualizadas pola Lei 8/2003, do 23 de decembro, de OXCA para 2004 (DOG nº 251, do 29 de decembro de 2003), e Lei 13/2004, do 29 de decembro, de OXCA para 2005 (DOG nº 253, do 29 de decembro de 2004), e Lei 7/2005, do 29 de decembro, de OXCA para 2006 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2005), Lei 14/2006, do 28 de decembro, de OXCA para 2007 (DOG nº 249, do 29 de decembro de 2006) e Lei 16/2007, do 26 de decembro, de OXCA para 2008 (DOG nº 251 do 31 de decembro de 2007).

TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA, OCUPACIÓN OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO (Código 34)
Código Descrición Tarifa
01 Dominio público en xeral  
  - Mínimo 2%
  - Máximo 6%
  Regras Dominio público en xeral  
02 Dominio público portuario  
  a) ocupación de terreos e augas do porto  
  - áreas destinadas a usos portuarios relacionados co intercambio entre modos de transporte, ós relativos ó desenvolvemento de servizos portuarios e a outras actividades portuarias comerciais, pesqueiras e náutico-deportivas 5%
  - áreas destinadas a actividades auxiliares ou complementarias das actividades portuarias, incluídas as loxísticas, de almacenaxe e as que correspondan a empresas industriais ou comerciais 6%
  - áreas destinadas a usos non portuarios 7%
  - espazo de auga para recheo durante as obras 2,5%
  - espazo da auga para recheo finalizadas as obras 5%
  b) ocupación do voo ou do subsolo de terreos ou espazos somerxidos 2,5%
  c) no caso de ocupación de obras e instalacións  
  - áreas destinadas a usos portuarios relacionados co intercambio entre modos de transporte, ós relativos ó desenvolvemento de servizos portuarios e a outras actividades portuarias comerciais, pesqueiras e náutico-deportivas:  
  - sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións. 5%
  - valor depreciación anual asignada 100%
  - áreas destinadas a actividades auxiliares ou complementarias das actividades portuarias, incluídas as loxísticas, de almacenaxe e as que correspondan a empresas industriais ou comerciais  
  - sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións. 6%
  - valor depreciación anual asignada 100%
  - áreas destinadas a usos non portuarios  
  - sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións. 7%
  - valor depreciación anual asignada 100%
  d) uso consuntivo sobre o valor dos materiais consumidos 100%
  Regras Dominio público portuario  
|

Volver á lei |
Volver ó índice de anexos

|
A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC