Recolle esta lei un conxunto de medidas que desde distintos ámbitos inciden sobre a política económica instrumentada polo Goberno de Galicia a través dos orzamentos do ano 2000.
Nalgúns casos a repercusión maniféstase por medio dunha relación máis próxima con aspectos sectoriais do desenvolvemento desa política, mentres que noutros se fai patente pola complementariedade do seu carácter, así como pola utilidade que representan en relación coa consecución de determinados obxectivos de vixencia intemporal.
Ó servicio desa finalidade a lei agrupa en títulos diferenciados as medidas de natureza tributaria e as modificacións que afectan a distintos aspectos do texto refundido da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e ó réxime xurídico da función pública, abordando en disposicións adicionais cuestións que corresponden ó ámbito da actuación administrativa e á metodoloxía da transferencia de servicios ás corporacións locais.
En materia fiscal, dentro dunha política de apoio á natalidade, establécense diversas deduccións da cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas que poderán facerse efectivas por nacemiento ou adopción de fillos e nos supostos de titularidade de familia numerosa.
Polo que respecta ó réxime orzamentario, modifícanse diversos preceptos do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1 999, de 7 de outubro, que afectan á determinación dos intereses de demora, ás excepcións existentes en relación coa prohibición de atender obrigas mediante a minoración de dereitos da facenda pública e maila casuística e os condicionantes ós que están sometidos os gastos plurianuais. Unha atención especial concédeselle á regulación das axudas públicas e subvencións, que son obxecto dun tratamento máis amplo e completo có actual, permitindo desa forma supera-las dificultades observadas na interpretación e aplicación da anterior normativa, ó mesmo tempo que se determina o réxime de infraccións e sancións aplicables nos casos de incumprimento, por parte dos beneficiarios, das condicións ás que se somete a súa concesión.
Dentro do ámbito da función pública recóllense diversas modificacións da súa lei reguladora, necesarias para adaptala a normas estatais de carácter básico aprobadas posteriormente ou para superar deficiencias técnico-xurídicas sobrevidas respecto da redacción orixinal.
Finalmente, e polo que respecta ó contido das disposicións adicionais, é de destaca-la declaración de utilidade pública de diversas obras de aproveitamentos hidráulicos, o establecemento, con finalidades de fomento empresarial, dun réxime especial de alleamento de solo industrial por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e a modificación que se realiza da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, para introduci-lo investimento novo entre os conceptos susceptibles de integra-la valoración do custo efectivo dos medios e servicios que poidan serlles transferidos ás corporacións locais por parte da Comunidade Autónoma.
Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.
Por cada fillo nado no período impositivo que conviva co contribuínte na data do devengo do imposto:
Cando os fillos nados no período impositivo convivan con ámbolos dous proxenitores, a deducción que corresponda practicarase por partes iguais na declaración de cada un.
A deducción á que se refire este apartado seralles igualmente aplicable ós fillos adoptados durante o período impositivo, sempre e cando o adoptado nacese no dito período e conviva co contribuínte na data de devengo do imposto.
No caso de nacementos múltiples a deducción que corresponde a cada fillo incrementarase en 10.000 pesetas.
O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data do devengo do imposto poderá deduci-las seguintes cantidades:
As condicións necesarias para a consideración de familia numerosa e a súa clasificación por categorías determinaranse conforme o establecido na Lei 25/1971, do 19 de xuño, de protección ás familias numerosas, segundo as modificacións introducidas pola disposición derradeira cuarta da Lei 42/1994, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, e pola Lei 8/1998, do 14 abril, de ampliación do concepto de familia numerosa.
Esta deducción practicaraa o contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa. Cando estes convivan con máis dun contribuínte, o importe da deducción prorratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.
Modifícase a letra c) do número 1, punto Un, do artigo 3 da Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión, que quedará redactada como segue:
c. Nas tómbolas de duración inferior a quince días organizadas con ocasión de mercados, feiras ou festas de ámbito local nas que os seus premios non excedan dun valor total de 10.000 pesetas, o suxeito pasivo poderá optar entre satisface-la taxa de acordo co tipo do apartado a) ou ben a razón de 1.200 pesetas por cada día de duración en capitais de provincia ou poboacións de máis de 100.000 habitantes, de 600 pesetas por cada día en poboacións de entre 20.000 e 100.000 habitantes e de 300 pesetas por cada día de duración en poboacións inferiores a 20.000 habitantes.| |
Modifícase o artigo 21 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que quedará redactado da seguinte forma:
- As cantidades debidas á Facenda da Comunidade Autónoma devengarán intereses de demora desde o día seguinte ó do seu vencemento. Inclúense neste apartado as cantidades recadadas a través de entidades colaboradoras, contas restrinxidas, oficinas liquidadoras e demais entidades recadadoras por conta da Facenda da Comunidade que non sexan ingresadas polas ditas entidades na Tesourería nos prazos establecidos.
- O interese de demora será o interese legal do diñeiro vixente no día que venza o prazo sinalado no número anterior, sen prexuízo do establecido en leis especiais.
Modifícase o apartado 2 do artigo 55 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que quedará redactado nos seguintes termos:
2. Exceptúanse do disposto no punto anterior as devolucións de ingresos que se declaren indebidos por tribunal ou autoridade competentes e o reembolso do custo das garantías achegadas polos contribuíntes para obte-la suspensión cautelar do pagamento de débedas tributarias impugnadas, en canto estas sexan declaradas improcedentes e a dita declaración adquira firmeza.Exceptúanse do disposto no punto anterior as devolucións de ingresos que se declaren indebidos por tribunal ou autoridade competentes e o reembolso do custo das garantías achegadas polos contribuíntes para obte-la suspensión cautelar do pagamento de débedas tributarias impugnadas, en canto estas sexan declaradas improcedentes e a dita declaración adquira firmeza.
Modifícanse os puntos 1 e 3 do artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que quedarán redactados da seguinte maneira:
1. Poderán adquirirse compromisos de gastos de carácter plurianual, aínda que a súa execución deba iniciarse no exercicio seguinte, cando o seu contido coincida cos que a seguir se especifican:
- Investimentos e transferencias de capital.
- Transferencias correntes derivadas de normas con rango de lei, ou que se concedan a través de convocatorias ou do asinamento de convenios, logo da autorización do compromiso plurianual por parte do Consello da Xunta.
- Gastos en bens e servicios dos que a súa contratación baixo as modalidades establecidas na Lei de contratos das administracións públicas non poida ser estipulada ou resulte antieconómica por prazo que comprenda un só exercicio orzamentario.
- Arrendamentos de bens inmobles que vaian ser utilizados por organismos ou servicios da Comunidade Autónoma.
- Cargas financeiras derivadas de operacións de endebedamento da Comunidade ou dos seus organismos autónomos.
- Activos financeiros.
- Convenios con universidades e outras institucións ou centros docentes cando aqueles deban executarse durante cursos académicos coincidentes con dous exercicios orzamentarios
3. O número de exercicios ós que poden aplicarse os gastos incluídos nas letras a), b), c), f) e g) do número 1 non poderá ser superior a catro, quedando reducido a dous anos nos traballos específicos e non habituais.
O gasto que nestes casos se comprometa con cargo a exercicios futuros non poderá exceder do resultado de aplicar ó crédito inicial, a nivel de concepto, as seguintes porcentaxes: no exercicio inmediato seguinte o 70%, no segundo exercicio o 60% e nos exercicios terceiro e cuarto o 50%. Tampouco poderá ser inferior ó 10% do importe total do expediente de gasto, en ningún dos anos ós que se estenda a súa execución material, agás, se é o caso, no derradeiro exercicio.
O total dos importes comprometidos con cargo a exercicios futuros no conxunto dos conceptos que define un nivel de vinculación non poderá supera-las porcentaxes arriba indicadas, calculadas sobre o crédito inicial dese conxunto de conceptos.
Modifícase o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que quedará redactado como segue:
- As normas contidas neste e no seguinte artigo son aplicables, en defecto de lexislación específica, ás subvencións e axudas públicas que se outorguen con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
O disposto nesta lei será de aplicación supletoria para os procedementos de concesión de axudas e subvencións establecidos en normas da Unión Europea ou da Comunidade Autónoma en desenvolvemento ou transposición daquelas, para os casos nos que corresponda a outra Administración a regulamentación básica, e para aquelas axudas das cales o seu outorgamento e contía se atribúa á Administración autonómica en virtude de normas de rango legal.
- Enténdese por subvención e axuda pública, para os efectos desta norma, toda disposición de fondos públicos acordada pola Administración da Comunidade Autónoma ou unha entidade vinculada ou dependente dela con cargo ós seus orzamentos, a favor doutras entidades públicas ou privadas ou de particulares, e que cumpra os seguintes requisitos:
- Que a entrega se realice sen contraprestación directa dos beneficiarios.
- Que a entrega estea afectada a un fin, un propósito, unha actividade ou un proxecto específicos, e exista a obriga do destinatario de cumpri-las obrigas ou os requisitos que se establecesen.
- Que a finalidade responda ó fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou para a consecución dunha finalidade pública
- Son órganos competentes para a concesión de subvencións ou axudas públicas os conselleiros, os presidentes ou directores dos organismos autónomos e os órganos rectores dos demais entes segundo as súas leis de creación ou normativa específica dentro do ámbito da súa competencia e logo de consignación orzamentaria. As ditas atribucións poderán ser obxecto de delegación.
Malia o anterior, requirirá autorización do Consello da Xunta a concesión de subvencións ou axudas públicas cando o gasto que se vaia aprobar sexa superior a 500.000.000 de pesetas.
- Terá a consideración de beneficiario da subvención ou axuda pública o destinatario dos fondos públicos que teña que realiza-la actividade que fundamentou o seu outorgamento ou que se atope na situación que lexitima a súa concesión.
Son obrigas do beneficiario:
- Realiza-la actividade ou adopta-lo comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
- Acreditar ante a entidade concedente ou, se é o caso, ante a entidade colaboradora a realización da actividade ou a adopción do comportamento, así como o cumprimento dos requisitos ou condicións que determinan a concesión ou desfrute da axuda.
- Acreditar previamente ó cobramento que se encontra ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectua-la entidade concedente ou, se é o caso, a colaboradora e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.
- Comunicar á entidade concedente ou, se é o caso, á entidade colaboradora a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público .
- As bases reguladoras das subvencións ou axudas públicas poderán establecer que a entrega e distribución dos fondos públicos ós beneficiarios se efectúe a través dunha entidade colaboradora.
Para estes efectos poderán ser consideradas entidades colaboradoras as sociedades e entes públicos da Xunta de Galicia e as corporacións de dereito público, así como as persoas xurídicas que reúnan as condicións de solvencia e eficacia que regulamentariamente se establezan.
Son obrigas da entidade colaboradora:
- Entregar ós beneficiarios os fondos recibidos de acordo cos criterios establecidos nas normas reguladoras da subvención ou axuda.
- Verificar, se é o caso, o cumprimento e efectividade das condicións ou requisitos determinantes para o seu outorgamento.
- Xustifica-la aplicación dos fondos percibidos ante a entidade concedente e, se é o caso, entrega-la xustificación presentada polos beneficiarios.
- Someterse ás actuacións de comprobación que respecto da xestión dos ditos fondos pode efectua-la entidade concedente e ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ós procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.
- Colaborar na restitución das subvencións outorgadas nos supostos nos que concorra causa de reintegro .
- A concesión de subvencións e axudas públicas axustarase ós principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.
Sen prexuízo de que o Consello da Xunta determine os criterios básicos, os órganos concedentes establecerán con carácter previo á disposición dos créditos as bases reguladoras aplicables á concesión. As citadas bases serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e conterán como mínimo os seguintes extremos:
- Definición precisa do obxecto da axuda ou subvención.
- Requisitos que deberán reuni-los beneficiarios para a obtención da subvención ou axuda pública, prazo e forma de acreditalos e prazo no que se deben presenta-las solicitudes.
- Criterios obxectivos de adxudicación da subvención ou axuda pública.
- Crédito orzamentario ó que deben imputarse e importe global máximo que se destina, posibilidade de concorrencia con outras axudas, subvencións, ingresos ou recursos e, se é o caso, incompatibilidade coa súa percepción.
- Órganos competentes para a xestión da subvención ou axuda pública e para a resolución da concesión e prazo no que será dictada.
- Prazo e forma de xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención ou axuda pública e da aplicación dos fondos percibidos.
- No suposto de preve-la posibilidade de realizar aboamentos a conta e pagamentos anticipados, prazos, modo de pagamento e réxime particular de garantías que deberán achega-los beneficiarios, así como aqueloutras medidas de garantía a favor dos intereses públicos que poidan considerarse precisas.
- Obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.
- Obriga do beneficiario de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio da súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
- Se é o caso, as condicións de solvencia e eficacia que teñan que reuni-las entidades colaboradoras.
- Mención expresa do disposto no apartado 7 deste artigo.
- Expresión dos recursos que procedan contra a resolución da concesión, con indicación do órgano administrativo ou xudicial ante o que tivesen que presentarse, prazo para interpoñelos e demais requisitos esixidos pola normativa de xeral aplicación.
Non será necesaria publicidade cando as subvencións ou axudas públicas teñan asignación nominativa nos orzamentos ou o seu outorgamento e contía resulten impostos para a Administración en virtude de norma de rango legal ou, excepcionalmente, cando non sexa posible promove-la concorrencia.
- Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
- O importe das subvencións reguladas neste artigo en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.
- Procederá o reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida e os intereses de demora devengados desde o momento do seu pagamento nos seguintes casos:
- Incumprimento da obriga de xustificación.
- Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.
- Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.
- Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da subvención ou axuda pública.
Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos previstos no apartado 8 deste artigo sobre o custo da actividade desenvolvida.
As cantidades que se deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 a 23 desta lei.
Modifícase o artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que terá a redacción seguinte:
De non considerarse existencia de delicto, a Administración continuará o expediente sancionador con base nos feitos que os tribunais xulgasen probados.
A aprobación de expedientes de gasto que correspondan a contratos menores estará sometida a fiscalización previa, excepto nos casos nos que a súa contía non exceda de 1.100.000 pesetas, suposto no que unicamente será necesaria para a súa tramitación a existencia de crédito adecuado e suficiente e o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 57 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
| |Modifícase o artigo 10 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que quedará redactado como segue:
Nin a prestación de servicios en réxime interino nin a contratación de persoal temporal constituirán mérito preferente para o acceso á condición de funcionario ou de persoal laboral fixo, respectivamente.
Non obstante, o tempo de servicios prestados poderá ser computado nos supostos de concurso oposición e sempre que os servicios correspondan ás prazas convocadas.
Modifícase o punto 1 do artigo 47 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que terá a redacción seguinte:
- A xubilación forzosa declárase de oficio ó cumpri-lo funcionario a idade de 65 anos.
Malia o disposto no parágrafo anterior, tal declaración non se producirá ata o momento no que os funcionarios cesen na situación de servicio activo, naqueles supostos nos que voluntariamente prolonguen a súa permanencia nela, ata, como máximo, os 70 anos de idade. Para tal efecto poderán optar pola prolongación da permanencia no servicio activo, mediante escrito dirixido ó conselleiro competente en materia de función pública cunha anticipación de dous meses, como mínimo, á data na que cumpran os 65 anos de idade, e entenderase recoñecida pola Administración da Xunta de Galicia a devandita prolongación se non notificase ós interesados resolución expresa e motivada en contrario antes dos quince días que preceden a aquela data.
Facúltase o conselleiro competente en materia de función pública para dicta-las normas complementarias de procedemento que permitan a aplicación da medida citada ós funcionarios referidos no parágrafo anterior.
Do disposto no parágrafo segundo quedan exceptuados os funcionarios daqueles corpos e escalas que teñan normas específicas de xubilación de acordo co disposto na normativa básica estatal.
Modifícase o punto 3 do artigo 50 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que terá a redacción seguinte:
3. Cando quedan á disposición do órgano que regulamentariamente se determine de acordo co establecido no artigo 62.4.
Engádeselle un punto 3 ó artigo 53 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que quedará redactado da seguinte maneira:
3. O disposto neste artigo relativo ó cómputo do tempo de permanencia na situación de servicios especiais, para os efectos de ascensos, trienios e dereitos pasivos, non será de aplicación ós funcionarios públicos que, logo de ingresaren ó servicio das institucións comunitarias europeas ou ó de entidades e organismos asimilados, exerciten o dereito de transferencia establecido no artigo 11.2 do anexo VIII do Estatuto dos funcionarios das Comunidades Europeas, aprobado polo Regulamento 259/1968 do Consello, do 29 de febreiro, modificado polo Regulamento 571/1992, do Consello, do 2 de marzo, sen prexuízo dos efectos económicos que poidan derivar dos ascensos e trienios consolidables ata o momento do exercicio deste dereito.
Modifícase o apartado a) do punto 2 do artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que quedará redactado nos seguintes termos:
2. Por interese particular:
- Poderá concedérselles igualmente a excedencia voluntaria ós funcionarios cando o soliciten por interese particular.
Para solicita-lo pase á situación prevista nesta letra será preciso ter prestado servicios efectivos en calquera das administracións públicas durante os cinco anos inmediatamente anteriores e nela non se poderá permanecer menos de dous anos continuados.
Procederá así mesmo declarar en excedencia voluntaria ós funcionarios públicos cando, rematada a causa que determinou o pase a unha situación distinta á de servicio activo, incumpran a obriga de solicita-lo reingreso no prazo establecido regulamentariamente.
Os funcionarios públicos que presten servicios en organismos ou entidades que queden excluídos da consideración do sector público para os efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no punto 1 deste artigo serán declarados na situación de excedencia voluntaria regulada neste punto, sen que lles sexan de aplicación os prazos de permanencia nela.
Modifícase o punto 4 do apartado A) da disposición adicional primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que terá a seguinte redacción:
4. Corpo auxiliar da Xunta, do grupo D, que realizará tarefas de taquigrafía, mecanografía, rexistro e despacho de correspondencia, cálculo, manexo de máquinas e outras funcións semellantes. Estas funcións seguiranse a desempeñar por aqueles funcionarios que se acollan ó disposto na disposición adicional vixésimo segunda da Lei 30/1984, do 2 de agosto.| |
Correspóndelle ó Servicio Galego de Saúde a autorización das modificacións, dentro de cada centro de xestión, dos cadros de persoal estatutario, de persoal MIR e de calquera outro tipo de persoal de institucións sanitarias dependentes do organismo non incluídos nas relacións de postos de traballo, sempre que a modificación acordada non supoña un incremento dos créditos do artigo correspondente do devandito centro.
En idénticas condicións correspóndelle ó Servicio Galego de Saúde a autorización da modificación prevista no parágrafo anterior dos cadros de persoal funcionario sanitario pertencentes ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares.
En todo caso, daráselle conta á Consellería de Economía e Facenda unha vez tramitada a correspondente modificación.
O artigo 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terá vixencia permanente.
Sen prexuízo do establecido con carácter xeral no artigo 68, punto 5, da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en atención ás peculiaridades do persoal docente, recoñecidas polo artigo 1, punto 2, da referida lei, e con carácter de transitoriedade durante o período de implantación da reforma educativa prevista pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, os profesores dos corpos docentes previstos no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán percibir ata o total das súas retribucións tanto básicas coma complementarias cando sexan autorizados para o desfrute de licencias por estudios durante o curso escolar, nos supostos, termos, prazos e condicións que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co informe favorable das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública.
Modifícase o apartado d) do punto 2 do artigo 179 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, que queda redactado nos seguintes termos:
d) Valoración do custo efectivo do servicio, tendo en conta que, cando se traspasen servicios nos que a súa prestación estea gravada con taxas ou reporte ingresos de dereito privado, o seu importe minorará a valoración do custo efectivo do servicio transferido.
Enténdese por custo efectivo o que corresponda ó gasto corrente, así como, se é o caso, ó gasto de investimento novo e de reposición e ás subvencións condicionadas.
Modifícase o apartado d) do punto 4 do artigo 182 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, que queda redactado como segue:
d) Valoración do custo efectivo da prestación do servicio, tendo en conta que, cando se deleguen servicios dos que a súa prestación estea gravada con taxas ou reporte ingresos de dereito privado, o seu importe minorará a valoración do custo efectivo do servicio delegado. Enténdese por custo efectivo o que corresponda ó gasto corrente, así como, se é o caso, ó gasto de investimento novo e de reposición e ás subvencións condicionadas.
Para os efectos do previsto no artigo 9 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, decláranse de utilidade pública as obras constitutivas dos aproveitamentos hidráulicos outorgados con destino á producción de enerxía eléctrica nos ríos Tines ou Santabaia, Lañas, Brandelos, Castro e Parada de Valdohome e as do aproveitamento hidroeléctrico do encoro de Caldas de Reis no río Umia.
Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo, nos supostos de alleamento de terreos destinados á creación de solo industrial ou de parcelas ou parques empresariais terminados que se realice a favor das sociedades públicas maioritariamente participadas polo dito organismo, para que o alleamento se poida efectuar con pagamento aprazado non superior a dez anos e sen repercusión de intereses.
As sociedades públicas referidas ofreceranlles como mínimo esas mesmas condicións ós adquirentes finais das parcelas, sen prexuízo do réxime de garantías que deberá constituírse en favor daquelas.
De acordo co previsto no apartado 5 da disposición adicional vixésimo terceira da Lei 50/1984, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1985, cando se produza o cesamento das actividades docentes e asistenciais na parte do inmoble ocupada polo Hospital Clínico Universitario (Santiago de Compostela) que lle foi transferida á Comunidade Autónoma polo Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, a dita parte do inmoble deixará de formar parte da rede sanitaria e quedará sen efecto a súa adscrición demanial á Administración sanitaria, pasando a integrarse no patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela.
| |O artigo 8 e as disposicións adicionais primeira e sétima terán vixencia exclusiva para o ano 2000.
O Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, desenvolverá regulamentariamente, no prazo de seis meses a partir da entrada en vigor desta lei, os artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Autorízase o Consello da Xunta para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución do disposto nesta lei, que entrará en vigor o día 1 de xaneiro do ano 2000.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1999.
Manuel Fraga Iribarne,
Presidente.