A Lei 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de Galicia, no seu título V, baixo a rúbrica de réxime sancionador clasifica e tipifica as infraccións administrativas que poden comete-las caixas de aforros e as persoas que teñan cargos de administración ou dirección nelas; fixa os prazos de prescrición; establece as sancións correspondentes a cada clase de infracción cos criterios de graduación destas; delimita a responsabilidade dos membros dos órganos de administración e dirección; distribúe a competencia sancionadora, segundo a clase de infracción, entre a Consellería de Economía e Facenda e o Consello da Xunta de Galicia; e, no seu artigo 71, prevé a regulación dun procedemento sancionador específico por vía regulamentaria. Ó cumprimento deste mandado legal obedece o presente decreto.
O procedemento que se desenvolve neste decreto axústase, como é obrigado, ós principios inspiradores do réxime sancionador contidos nos artigos 134 a 138 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: separación das fases instructora e sancionadora, presunción de inocencia, garantías dos dereitos do presunto responsable, motivación da resolución, etc. É de destacar, ademais, que este procedemento presenta algunhas singularidades con respecto ó procedemento sancionador xeral, que veñen en gran medida impostas pola maior complexidade que pode revesti-la súa instrucción, dada a natureza dos suxeitos responsables -caixas de aforros e os seus órganos de dirección ou administración- e das infraccións que sanciona -vulneración de normas de ordenación e disciplina das entidades financeiras-. Entre estas singularidades cabe sinala-las seguintes:
Polo demais, o decreto articúlase en cinco capítulos relativos ás disposicións xerais (capítulo I), ás tres clásicas fases procedementais: de iniciación, instrucción e resolución (capítulos II, III e IV), e a un procedemento simplificado para as infraccións leves e graves nas que concorren determinadas circunstancias (capítulo V). Finalmente, para evitar reiteracións innecesarias dos principios inspiradores do procedemento sancionador e de normas xa contidas no procedemento sancionador común e no aplicable ós suxeitos que actúan nos mercados financeiros a disposición adicional declara a supletoriedade da regulación dos citados procedementos contida nos reais decretos 1398/1993 e 2119/1993 respectivamente.
De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de setembro de dous mil,
O presente decreto regula o procedemento para o exercicio da potestade sancionadora atribuída á Xunta de Galicia polo artigo 69 da Lei 4/1996, de caixas de aforros de Galicia, respecto das infraccións tipificadas nos arts. 61 a 63 da precitada Lei 4/1996 que fosen cometidas por caixas de aforros no territorio desta Comunidade Autónoma.
O procedemento sancionador iniciarase sempre de oficio, por acordo do órgano competente, ben por propia iniciativa ou como consecuencia de orde superior, petición razoada doutros órganos ou denuncia.
Con anterioridade á iniciación do procedemento, poderanse realizar actuacións previas co obxecto de determinar con carácter preliminar se concorren as circunstancias que xustifiquen a iniciación. En especial, estas actuacións orientaranse a determinar, coa maior precisión posible, os feitos susceptibles de motiva-la incoación do procedemento, a identificación dos suxeitos que puideran resultar responsables e as circunstancias relevantes que concorran nuns e noutros.
O acordo de iniciación conterá, como mínimo, as seguintes especificacións:
O órgano competente para resolver poderá adoptar en calquera momento, mediante acordo motivado, as medidas de carácter provisional que resulten necesarias para asegura-la eficacia da resolución que puidera recaer.
Poderán adoptarse as medidas provisionais previstas no artigo 70 da Lei 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de Galicia, así como as establecidas con carácter xeral no artigo 15 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
As medidas de intervención e suspensión publicaranse no D.O.G. e no B.O.E. , e inscribiranse nos rexistros correspondentes. Para as restantes, o órgano que as decretase poderá dispoñer, se a súa natureza e as circunstancias do caso o aconsellan, a súa publicación, segundo o previsto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a súa inscrición nos rexistros públicos que corresponda.
| |O instructor practicará cantas dilixencias sexan adecuadas para a comprobación dos feitos e a determinación das responsabilidades susceptibles de sanción.
Á vista do resultado das dilixencias practicadas, formulará o prego de cargos co seguinte contido específico:
No prazo de vinte días, contados desde a notificación do prego de cargos, poderán os interesados contestalo, achegando tódolos documentos e alegacións que estimen convenientes e, se é o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretendan valerse.
Contestado o prego ou transcorrido o prazo sen facelo, o instructor poderá acorda-la práctica das probas solicitadas que sexan adecuadas para a determinación dos feitos e posibles responsabilidades.
A práctica das probas, entendéndose por tales aquelas distintas dos documentos que os interesados poidan achegar en calquera momento do procedemento, realizarase nun prazo non superior a 30 días nin inferior a 10 días e de conformidade co establecido no artigo 81 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O instructor tan só poderá rexeita-las probas propostas polos inculpados cando sexan manifestamente improcedentes ou innecesarias, mediante resolución motivada.
Concluída, de se-lo caso, a proba, o instructor do procedemento formulará proposta de resolución na que se fixarán de forma motivada os feitos, especificándose os que se consideren probados e a súa exacta cualificación xurídica, determinarase a infracción que, se é o caso, aqueles constitúan e os suxeitos que resulten responsables, así como a sanción que lle corresponda; ou ben proporase a declaración de non existencia de infracción ou responsabilidade.
Cando sexa imprescindible para a correcta determinación dos feitos ou para a adecuada resolución do procedemento, o órgano que acordou a súa iniciación, e tamén o órgano competente para dicta-la resolución, poderá, de forma motivada, encomendarlle ó instructor que practique, como actuacións complementarias, as que aquel órgano estime necesarias, dando audiencia do seu resultado por sete días ós interesados.
A resolución, que se dictará no prazo dun mes desde a recepción da proposta ou, se é o caso, desde a práctica das actuacións complementarias, será motivada, resolverá tódalas cuestións formuladas no expediente e non poderá aceptar feitos distintos dos determinados na fase de instrucción do procedemento ou, de se-lo caso, dos que resulten de actuacións complementarias, con independencia da súa diferente valoración xurídica.
| |Cando se trate de infraccións leves, ou aínda sendo graves sempre que os feitos estean claramente determinados, porque foran probados noutras actuacións sancionadoras ou consignados en actas de inspección, foran recoñecidos ou declarados polos propios interesados ou consten en rexistros administrativos, seguirase o seguinte procedemento:
Cando se trate de infraccións graves, remitirase simultaneamente ó Banco de España para a emisión do informe ó que se refire o artigo 69.3º da Lei 4/1996, de caixas de aforros de Galicia. Recibidas as alegacións e o informe, ou transcorrido o prazo conferido para o efecto, elevarase a proposta xunto con todo o expediente ó órgano competente para resolver. A resolución deberá dictarse no prazo dun mes contado desde a recepción das alegacións ou desde a conclusión do prazo para formulalas.
| | No non previsto expresamente neste decreto aplicaranse, supletoriamente,
as disposicións do Regulamento do procedemento para o exercicio
da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993,
do 4 de agosto, e do procedemento sancionador aplicable ós
suxeitos que actúan nos mercados financeiros, regulado polo
Real decreto 2119/1993, do 3 de decembro.
O presente decreto entrará en vigor ós vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vintenove de setembro de
dous mil.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda