O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados. Así mesmo, o artigo 51 da dita lei establece que os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, e publicaranse no Diario Oficial de Galicia.
A Consellería do Medio Rural está a desenvolver distintos programas dirixidos á salvagarda dos recurxos zooxenéticos da gandaría tradicional.
Como resultado deste programa de conservación xorden, a criterio facultativo dos servizos técnicos responsables, bens excedentes dirixidos á súa venda ao dispor de todos os gandeiros interesados. Esta orde fixa a contraprestación económica destes excedentes.
O aumento das actividades levadas a cabo polo Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, coa presencia de novas razas e especies nas súas dependencias desde a publicación da Orde do 12 de marzo de 2003, fai precisa a publicación dunha nova norma que fixe os prezos privados dos bens excedentes dos programas de conservación.
En consecuencia, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e de acordo co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e, no uso das facultades que me confiren os artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,
Queda derogada a Orde do 12 de marzo de 2003 pola que se fixan os prezos privados de doses seminais e de exemplares bovinos e aviarios producidos no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.
Esta orde entrará en vigor no día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2007.
Alfredo Suárez Canal
Conselleiro do Medio Rural
Prezos privados de doses seminais e exemplares producidos no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (Coles-Ourense).