O artigo 6 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que os prezos privados serán fixados pola consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Os prezos de venda por cartografía teñen este carácter, de conformidade co establecido polo artigo 5 da citada lei.
Desde 1990 os programas de execución de cartografía por parte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda céntranse na súa elaboración por procedementos analíticos. Como resultado, disponse na actualidade dun importante arquivo de información cartográfica que é obxecto dunha demanda crecente por parte de organismos, profesionais, empresas ou particulares. Co fin de lle dar cobertura a esa demanda é preciso establecer unha canle de distribución ó público, fixando os correspondentes prezos.
Por esta orde modifícase parcialmente no que atinxe a cartografía a Orde do 22 de xaneiro de 1996 (Diario Oficial de Galicia, nº 44, do 1 de marzo).
Por todo o anterior, considerando as variacións producidas desde a norma anterior e logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda
Á entrada en vigor desta orde, queda derrogado o anexo I da Orde do 22 de xaneiro de 1996, pola que se fixan prezos privados xestionados pola consellería e polo Laboratorio de Control e Asesoramento para a Calidade da Edificación (Lacace), dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Venda de cartografía
| Planos | 2D o 3D | 2D o 3D | 2D + 3D | 2D + 3D |
|---|---|---|---|---|
| Escalas | Ptas. (€)/hectárea | Hoja completa | Ptas. (€)/hectárea | Hoja completa |
| 1:5000 | 32 (0,192324) |
25600 (153,859099) |
48 (0,288486) |
38400 (230,788648) |
| 1:1000 | 800 (4,808097) |
25600 (153,859099) |
1200 (7,212145) |
38400 (230,788648) |
| 1:500 | 3200 (19,232387) |
25600 (153,859099) |
4800 (28,848581) |
38400 (230,788648) |
No caso de adquiri-las follas dun bloque completo (termo municipal escala 1/5.000, núcleo de poboación escala 1/1.000 ou conxunto histórico 1/500) o prezo final terá un 20% de desconto.
(1) As cantidades en pesetas figuran ca súa conversión en euros trala entrada en vigor de la Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro.