A Lei 13/1991, do 9 de decembro (1), de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia establece a posibilidade de obtencións de recursos por parte dos órganos da Administración, entes e organismos autónomos como consecuencia da cesión, alleamento ou prestación de servizos.
Así mesmo, o Regulamento de organización e funcionamento da Escola Galega de Administración Pública establece, no seu artigo 18, como un dos medios económicos cos que contará a Escola para o cumprimento dos seus fins "os dereitos de matrícula e demais dereitos e taxas por prestación de servizos".
Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Escola Galega de Administración Pública, e logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta Consellería:
A presente orde ten por obxecto o establecemento de normas de xestión e os prezos a aplicar pola cesión temporal das instalacións da Escola para actividades de tipo académico ou cultural no contrapostas os fins desta institución.
O uso das instalacións estará sometido a autorización previa mediante solicitude por escrito da entidade organizadora dirixida ó director da Escola.
Os prezos que se aproban na presente orde non serán de aplicación para as actividades organizadas pola Administración autonómica, excepto cando a participación na actividade de que se trate estea sometida a dereitos de inscripción.
O prezo establecido na táboa de tarifas que se xunta como anexo deberán satisfacerse no prazo de dous días a partir da data da concesión.
A solicitude de aulas, seminarios o salón de actos deberá de facerse como mínimo con sete días de adianto ó comezo da actividade, segundo o modelo confeccionado para o efecto.
Os prezos revisaranse anualmente en función da evolución do IPC.
Os ingresos xerados polo alugueiro das instalacións repercutirán no presuposto da Escola.
A presente orde será de aplicación a aquelas actividades que se desenvolvan nas instalacións de la EGAP en el momento de súa entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».
| Salón de Actos Capacidade 224 |
Aulas Capacidade (25-35) |
Aulas Capacidade (55-75) |
Seminarios Capacidade (16) |
Laboratorio Idiomas Aula Informática (20) | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 día | 65.000 ptas. (390 euros) |
30.000 ptas. (180 euros) |
35.000 ptas. (210 euros) |
25.000 ptas. (150 euros) |
45.000 ptas. (279 euros) |
| 1/2 día | 50.000 ptas. (300 euros) |
20.000 ptas. (120 euros) |
25.000 ptas. (150 euros) |
20.000 ptas. (120 euros) |
30.000 ptas. (180 euros) |
Consultar prezos vixentes no ano.
(1) A referencia se entende feita á actual Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 de 11 de decembro de 2003)
(2) Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia da súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro.
En cada caso, os prezos en euros serán o resultado da conversión dos prezos aprobados en pesetas mediante orde de cada consellería aplicando as regras do artigo 11 da Lei 46/1998, é dicir, expresados con dous decimais, efectuándose o redondeo por exceso ou por defecto o segundo decimal máis próximo. No caso de que a terceira cifra decimal sexa cinco o superior a cinco, o redondeo se efectuará á unidade superior.