Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Orde de 12 de marzo de 2004, pola que se se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia, no Laboratorio de Consumo de Galicia. (DOG nº 74 de 19 de abril de 2004).

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no capítulo III do título II o que se entende por prezos privados. No artigo 50 do referido texto establécese que «Son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos aos que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

A lexislación en materia de consumo, a través principalmente da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa do consumidor e usuario, e da Lei 12/1984, do 28 de decembro, do Estatuto galego do consumidor e usuario, recolle amplamente o dereito do consumidor e usuario á protección da súa saúde e dos seus intereses económicos e sociais.

No cumprimento deste obxectivo, unha das vías que se abren para o Laboratorio de Consumo de Galicia é a de actuar como órgano de apoio para empresas ou organismos preocupados por garantir a calidade e seguridade dos produtos que ofrecen, así como de particulares que os adquiran, fundamentalmente, no relativo a produtos de limpeza, cosméticos e de hixiene, produtos téxtiles, xoguetes e material escolar e aparellos eléctricos.

En virtude de todo isto, por proposta do presidente do Instituto Galego de Consumo, organismo autónomo ao que está adscrito o Laboratorio de Consumo de Galicia, e logo do informe da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Atendendo ás condicións e circunstancias do mercado, fíxanse os prezos privados, que se van cobrar no Laboratorio de Consumo de Galicia, como consecuencia da contraprestación percibida pola realización das operacións seguintes:

  1. Ensaios de tipo físico-químico de interese directo na determinación dos cumprimentos de calidade e seguridade dos produtos, segundo as normas vixentes en cada materia (UNE, EN, ISO, etc.).
  2. As análises microbiolóxicas que condicionan decisivamente a avaliación da calidade de produtos cosméticos, observándose que se cumpren os límites microbiolóxicos recomendados, por exemplo, pola CTPA (Cosmetics, Toiletry and Perfumery, Associatión, Ltd).
  3. Ensaios eléctricos e mecánicos, que condicionan decisivamente a avaliación da seguridade de produtos industriais, tales como aparellos eléctricos, xoguetes e material escolar.

Artigo 2º

Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 30 de xuño de 1997 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia no Laboratorio de Consumo de Galicia, e tamén cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO

Ensaios e prezos (en euros)

  1. Comúns a distintos grupos de produtos industriais.
    1. Etiquetaxe: 14,38.
    2. Estanquidade: 28,43.
    3. pH de disolucións acuosas (método electroquímico-potenciométrico): 8,52.
    4. Densidade específica: 14,21.
    5. Materia volátil a 105ºC (método gravimétrico): 14,21.
    6. Residuo seco (método gravimétrico): 14,21.
    7. Contido en auga (Karl-Fischer): 14,21.
    8. Cinzas (método gravimétrico): 11,90.
    9. Disolventes (cromatografía de gases): 42,63.
    10. Disolventes (IR): 42,63.
    11. Ensaios de tracción (dinamómetro): 56,84.
  2. Lixivias e outros axentes branqueantes.
    1. Cloro activo (volumetría): 42,63.
    2. Alcalinidade total en óxido de sodio (volumetría): 42,63.
    3. Peróxido de hidróxeno (HO) (volumetría): 42,63.
  3. Deterxentes e produtos de limpeza.
    1. Materia activa aniónica (tensioactivos iónicos) (volumetría): 42,63.
    2. Fosfatos (método gravimétrico): 42,63.
    3. Axente secuestrante: EDTA (volumetría): 42,63.
  4. Produtos de hixiene e cosméticos.
    1. Tipo de emulsión: 14,21.
    2. Estabilidade térmica da emulsión: 14,21.
    3. Estabilidade mecánica da emulsión: 14,21.
    4. Materia activa aniónica: tensioactivos aniónicos (volumetría): 42,63.
    5. Piritionato de zinc (volumetría): 42,63.
    6. Piroctone olamina (espectrofotometría): 42,63.
    7. Ácido tioglicólico (volumetría): 42,63.
    8. Ácidos graxos (cromatografía de gases): 42,63.
  5. Produtos téxtiles.
    1. Identificación de fibras e composición.
      1. Observación microscópica: sección lonxitudina: l8,52.
      2. Observación microscópica: sección transversal: 11,37.
      3. Observación microscópica: fotomicrografía: 14,21.
      4. Identificación por solubilidade: 22,74.
      5. Identificación de fibras téxtiles: microscopía e solubilidade: 31,27.
      6. Identificación por FT IR: 42,63.
      7. Análise química cuantitativa de mesturas binarias ou ternarias de fibras téxtiles: 28,43.
    2. Estrutura e características físicas e químicas.
      1. Masa por unidade de lonxitude e por unidade de superficie dos tecidos: 14,21.
      2. Masa dos fíos de urdido e de trama por unidade de superficie nun tecido: 14,21.
      3. Densidade lineal (número ou título) dos fíos dun tecido: 22,74.
      4. Densidade dos tecidos: nº fíos/cm: 14,21.
      5. Variacións dimensionais dos tecidos en auga fría: 17,06.
      6. Variacións dimensionais ao lavado e seca domésticos: 22,74.
      7. Determinación da resistencia á abrasión dos tecidos (método Martindale): 34,10.
      8. Determinación da tendencia á formación de peluxe e de boliñas (pilling) (método Martindale modificado): 34,10.
      9. Comportamento ao lume de tecidos para indumentaria: 22,74.
    3. Solidez das tinturas.
      1. Solidez das tinturas ao lavado doméstico e comercial: 28,43.
      2. Solidez das tinturas á limpeza en seco: 28,43.
      3. Solidez das tinturas á auga clorada: 28,43.
      4. Solidez das tinturas á auga: 22,74.
      5. Solidez das tinturas á auga de mar: 22,74.
      6. Solidez das tinturas ao suor: 22,74.
      7. Solidez das tinturas á frega: disolventes orgánicos: 17,06.
      8. Solidez das tinturas á frega: 17,06.
      9. Solidez das tinturas á auga quente: 17,06.
      10. Solidez das tinturas ao branqueo: hipoclorito: 17,06.
      11. Solidez das tinturas ao branqueo: peróxido: 17,06.
      12. Solidez das tinturas á auga en ebulición: 11,37.
      13. Solidez das tinturas aos ácidos: 11,37.
      14. Solidez das tinturas aos álcalis: 11,37.
      15. Solidez das tinturas á gota de auga: 11,37.
      16. Solidez das tinturas ós disolventes orgánicos: 11,37.
    4. Ensaios de tracción.
      1. Fíos enrolados. Determinación da forza de rotura e da elongación na rotura de fíos individuais: 56,84.
      2. Costuras de tecidos e de artigos téxtiles confeccionados. Determinación da forza máxima ata a rotura das costuras polo método da tira: 56,84.
      3. Costuras de tecidos e de artículos téxtiles confeccionados. Determinación da forza máxima ata a rotura das costuras polo método do agarre: 56,84.
      4. Téxtiles. Determinación da forza máxima e da elongación na rotura polo método do agarre: 56,84.
      5. Téxtiles. Determinación da forza máxima e da elongación na rotura polo método da tira: 56,84.
      6. Resistencia dos tecidos ao resgado: 42,63.
      7. Resistencia dos tecidos ao esgazamento por elementos punzantes: 42,63.
  6. Seguridade dos xoguetes.
    1. Propiedades físicas e mecánicas (EN 71-1).
      1. Determinación de partes pequenas: 11,37.
      2. Ensaio de torsión: 17,06.
      3. Ensaio de tracción: 17,06.
      4. Ensaio de caída: 11,37.
      5. Ensaio de envorcadura: 11,37.
      6. Ensaio de impacto: 11,37.
      7. Ensaio de compresión: 17,06.
      8. Ensaio de imbibición: 17,06.
      9. Accesibilidade dun elemento ou peza: 17,06.
      10. Acuidade dos bordos: 17,06.
      11. Acuidade das puntas: 17,06.
      12. Flexibilidade dos arames: 34,10.
      13. Estanquidade de xoguetes que conteñen líquidos: 34,10.
      14. Forma xeométrica de certos xoguetes: 11,37.
      15. Mecanismos despregables ou esvaradíos: 17,06.
      16. Resistividade eléctrica das cordas: 34,10.
      17. Espesura das cordas: 11,37.
      18. Resistencia estática: 17,06.
      19. Resistencia dinámica: 34,10.
      20. Estabilidade: 17,06.
      21. Resistencia dos bambáns e similares: 56,84.
      22. Determinación da enerxía cinética: 34,10.
      23. Láminas de plástico: 17,06.
      24. Buratos nas estruturas metálicas para gabear e similares: 34,10.
      25. Funcionamento dos freos: 34,10.
      26. Determinación da velocidade de xoguetes eléctricos destinados a manterse neles: 17,06.
      27. Medida da elevación da temperatura: 17,06.
      28. Seguridade integral dun xoguete: 170,52.
    2. Inflamabilidade (EN 71-2).
      1. Ensaios de barbas, bigotes, perrucas e máscaras: 34,10.
      2. Ensaio de máscaras totais ou parciais que inclúen ou non elementos pilosos: 34,10.
      3. Ensaios relativos a traxes de disfraces: 34,10.
      4. Ensaios relativos a xoguetes flexibles recheos con superficie pilosa ou téxtil: 34,10.
      5. Marcas e indicacións: 11,37.
    3. Xogos de experimentos químicos (EN 71-4).
      1. Xoguete sinxelo: 170,52.
      2. Xoguete complexo: 284,20.
  7. Seguridade dos xoguetes eléctricos (UNE-EN 50088).
    1. Marcas, indicacións e folla de instrucións: 11,37.
    2. Potencia absorbida: 17,06.
    3. Quentamentos e funcionamento anormal: 56,84.
    4. Rixidez dieléctrica á temperatura de réxime: 56,84.
    5. Resistencia á humidade: 34,10.
    6. Rixidez dieléctrica á temperatura ambiente: 17,06.
    7. Resistencia mecánica: 17,06.
    8. Construción: 56,84.
    9. Protección dos cables e condutores: 17,06.
    10. Parafusos e conexións: 17,06.
    11. Liñas de fuga e distancia no aire: 17,06.
  8. Electrodomésticos en xeral (UNE-EN 60335-1).
    1. Marcas, indicacións e follas de instrucións: 14,38.
    2. Protección contra os choques eléctricos: 56,84.
    3. Arrinque dos aparellos con motor: 34,10.
    4. Potencia e intensidade absorbidas: 17,06.
    5. Quentamentos: 85,27.
    6. Funcionamento en sobrecarga dos aparellos provistos de elementos calefactores: 113,68.
    7. Illamento eléctrico e corrente de fuga a temperatura de réxime: 56,84.
    8. Resistencia á humidade de aparellos ordinarios: 34,10.
    9. Resistencia á humidade de aparellos expertos ao desbordamento de líquidos: 56,84.
    10. Resistencia á humidade contra as caídas de auga verticais e contra a proxección de auga: 85,27.
    11. Resistencia á humidade de aparellos estancos á inmersión: 113,68.
    12. Resistencia ó illamento: 28,43.
    13. Rixidez dieléctrica: 28,43.
    14. Endurancia: 113,68.
    15. Funcionamento anormal de aparellos con elementos calefactores: 113,68.
    16. Funcionamento anormal de aparellos con motor e partes asociadas: 17,06.
    17. Estabilidade e perigos mecánicos: 28,43.
    18. Resistencia mecánica: 17,06.
    19. Construción: 170,52.
    20. Cables internos: 56,84.
    21. Xeneralidades sobre compoñentes: 85,27.
    22. Conexión á rede de cables flexibles exteriores: 85,27.
    23. Bordos para condutores exteriores: 56,84.
    24. Dispositivos para a posta á terra: 34,10.
    25. Parafusos e conexións: 34,10.
    26. Liñas de fuga, distancias no aire e distancias a través do illamento: 85,27.
    27. Protección contra a oxidación: 56,84.
    28. Funcionamento térmico dos termóstatos: 85,27.
    29. Funcionamento térmico dos limitadores de temperatura: 56,84.
    30. Cortocircuítos térmicos e relés de máxima intensidade: 56,84.
  9. Pilas e acumuladores.
    1. Dimensións: 28,43.
    2. Órganos de conexión: 17,06.
    3. Marcado: 14,38.
    4. Condicións xerais de fabricación: 14,21.
    5. Condicións xerais de ensaio: 113,68.
    6. Determinación de cadmio e mercurio: 113,68.
  10. Aparellos eléctricos.
    1. Marcas e indicacións: 14,21.
    2. Verificación das dimensións: 85,27.
    3. Protección contra os choques eléctricos: 56,84.
    4. Dispositivos de posta á terra: 34,10.
    5. Bornes: 113,68.
    6. Construción: 113,68.
    7. Resistencia ao envellecemento: 34,10.
    8. Resistencia á humidade: 56,84.
    9. Resistencia ao illamento: 17,06.
    10. Resistencia mecánica: 56,84.
    11. Resistencia á calor: 85,27.
    12. Parafusos, partes condutoras da corrente e conexións: 113,68.
    13. Liñas de fuga e distancias no aire: 34,10.
    14. Características normais do cable: 17,06.
    15. Identificación de condutores do cable: 34,10.
    16. Constitución do cable: 34,10.
    17. Ensaios eléctricos do cable: 85,27.
    18. Ensaios mecánicos do cable: 85,27.
    19. Ensaios mecánicos do illamento do cable: 17,06.
    20. Clasificación: 17,06.
    21. Mecanismos: 113,68.
    22. Quentamentos: 56,84.
    23. Poder de peche e de corte: 85,27.
    24. Oxidación: 34,10.
A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC