Dando cumprimento ao disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, procede actualizar os prezos dos servizos prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, ata agora
fixados pola Orde do 28 de decembro de 2006
(DOG nº 2, do 2 de xaneiro), así como establecer os
prezos dos diferentes carnés dirixidos á xuventude
que se expiden a través dos servizos de xuventude,
casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidadescolaboradoras.
A Lei 6/2003, que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 51, que a contía destes
acordarase por orde da consellería correspondente,
logo de informe favorable da Consellería de Economía
e Facenda, por todo iso,
Para o emprego do material, que pola súa especificidade así o exixa, os grupos deberán contar con persoal especializado e coas titulacións necesarias para a súa utilización.
Os grupos deberán presentar no momento en que vaian facer uso de material que pola súa especializade así o requira, tanto o seguro que cubra a realización da actividade coma a acreditación das titulacións referidas no parágrafo anterior.
Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade no programa Campaña de Verán.
Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia compulsada do título de familia numerosa onde figure.
Os usuarios do Carné Xove Euro<26 e do Carne Máis gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, dun desconto como mínimo do 10% e como máximo do 50%. A porcentaxe de desconto aplicable en cada caso, especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.
Queda derrogada a Orde do 28 de decembro de 2006 pola que se fixan as tarifas e os prezos correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2007.
Malia o disposto na disposición derrogatoria, segue vixente o prezo do servizo (por praza e mes) nas residencias xuvenís para estudantes contido na alínea C da Orde do 28 de decembro de 2006, durante o curso 2006/2007.
Facúltase o director xeral de Xuventude e Solidariedade para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2008.
Anxo Manuel Quintana González
Vicepresidente da Igualdade e do Benestar
Prezos relativos á utilización e os servizos prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar.
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Por quincena | 114 |
| Por día | 11 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Por quincena | 153 |
| Por día | 16,30 |
Estes prezos abranguen os seguintes servizos: o aloxamento, alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material de conformidade co establecido no artigo 2º.2 e 2º.3, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.
Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar como entidades prestadoras de servizos sociais, gozarán dun desconto do 50% sobre os prezos desta epígrafe.
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
Actividades náuticas (por quincena) |
168 |
Actividades ao aire libre/medio natural,lúdicodeportivas e culturais (por quincena) |
143 |
Actividades ao aire libre/medio natural, lúdicodeportivas
e culturais (quenda de 7 días) |
82 |
Actividades turístico-deportivas (por quincena) |
168 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
Actividades náuticas (por quincena) |
188 |
Actividades ao aire libre/medio natural,lúdicodeportivas e culturais (por quincena) |
180 |
Actividades ao aire libre/medio natural, lúdicodeportivas
e culturais (quenda de 7 días) |
92 |
Actividades turístico-deportivas (por quincena) |
180 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Ámbito autonómico e nacional (por quincena) | 72 |
| Ámbito internacional (por quincena) | 72 |
| Servizos | Ata 30 anos | Maiores de 30 anos |
|---|---|---|
| Pensión completa | 16,50 | 21,50 |
| Aloxamento | 7,50 | 11 |
| Almorzo | 2,50 | 2,50 |
| Xantar ou cea | 6,70 | 6,70 |
Para facer uso destes servizos deberase posuír o carné de alberguista en calquera das súas modalidades.
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Residentes internos | 263 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Un barco de vela media xornada | 6 |
| Un barco de vela unha xornada | 11 |
| Unha embarcación pneumática a motor media xornada | 11 |
| Unha embarcación pneumática a motor unha xornada | 21 |
| Unha canoa media xornada | 4 |
| Unha canoa unha xornada | 7 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Unha bicicleta media xornada | 4 |
| Unha bicicleta unha xornada | 7 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Uso do rocódromo media xornada | 3 |
| Uso do rocódromo unha xornada | 6 |
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Media xornada | 7 |
| Unha xornada | 11 |
O réxime de pensión completa para grupos xa inclúe o uso das dependencias necesarias para o desenvolvemento do programa.
Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á xuventude
| Descrición | Tarifa en euros |
|---|---|
| Carné Xove Euro<26 | 6 |
| Carné alberguista xove | 5 |
| Carné alberguista adulto | 12 |
| Carné alberguista grupo | 15 |
| Carné alberguista familiar | 24 |
| Carné alberguista para estranxeiros (completo) | 21 |
| Carné alberguista para estranxeiros (cupón) | 3,50 |
| Guía internacional de albergues | 11 |
| Carné teacher (ITIC) | 8 |
| Carné internacional xove (IYTC) | 6 |
| Carné student (ISIC) | 6 |
Anexo modificado pola Orde do 21 de febreiro de 2008 (DOG nº 68 do 9 de abril de 2008)