A Lei 13/1991 , do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (1) establece, no seu capítulo 2º do título II, o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.
O artigo 12º da mencionada Lei sinala igualmente que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade oferente.
Por outra parte, a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de arquivos e museos de interese para Galicia, en virtude do disposto polo Estatuto de Autonomía de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 149.1.28 da Constitución. Así mesmo, a Comunidade Autónoma asumiu a xestión dos arquivos e museos de titularidade estatal sitos no seu territorio, en virtude do convenio asinado o 5 de decembro de 1989 co Ministerio de Cultura.
Sendo, pois, necesario regula-la percepción dos prezos públicos por servizos efectuados nos arquivos e museos de titularidade Autónoma, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do Conselleiro de cultura e Xuventude, na súa reunión do día doce de novembro de mil novecentos noventa e dous,
O presente decreto ten por obxecto a fixación dos prezos públicos percibidos pola Xunta de Galicia nos arquivos e museos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia e nos de titularidade autonómica.
Se establecen os seguintes prezos públicos nos arquivos:
A efectos deste decreto constitúen copias de documentos as reproducións de documentos depositados nun arquivo mediante a utilización de sistemas mecánicos o automatizados, realizada con fins non venais.
Expedirase autorización para publicar fotocopias de documentos custodiados nun arquivo de titularidade autonómica o xestionado pola Comunidade Autónoma sempre que o peticionario non teña ánimo de lucro e a sía intención sexa de investigación o u con ánimo cultural.
Se establecen os seguintes prezos públicos a percibir en los museos de titularidade autonómica e nos museos xestionados pola Comunidade Autónoma:
A efectos deste decreto, constitúen copias de pezas de museos as reproducións dos obxectos depositados nun museo mediante calquera sistema.
Os prezos públicos se esixirán nos arquivos de titularidade autonómica e xestionados pola Comunidade Autónoma de acordo cas seguintes tarifas:
A xestión, liquidación e recadación dos prezos públicos establecidos en este decreto se axustarán ó disposto no Decreto 172/1992, de 26 xuño.(5)
Este decreto entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».
(1) A referencia se entende feita á actual Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de decembro de 2003).
(2) Este artigo foi modificado polo Decreto 295/1994, de 30 de setembro.
(3) Cantidade expresada co seu equivalente en euros como consecuencia de súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introducción do Euro
(4) O seu contido foi modificado polo Decreto 295/1994, de 30 de setembro.
(5) Este decreto foi derrogado polo actual decreto 61/2005, do 7 de abril, polo que se ditan as normas para a aplicación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 14 de abril de 2005)