O Estatuto de autonomía de Galicia , no seu artigo 44.4º, establece que a facenda da Comunidade Autónoma esta constituída, entre outros rendementos, polos procedentes de prestación de servicios directos pola Comunidade Autónoma, sexan de propia creación ou como consecuencia de traspasos de servicios estatais. A Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, pronúnciase no seu artigo 4 no mesmo sentido.
A Lei 13/1991, do 9 de decembro (1), de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, regula tanto o concepto como a forma de fixación dos prezos e dispón, no seu artigo 12 (2), que a súa contía se acordará por decreto por proposta da consellería da que dependa o centro, á que se lle xuntará unha memoria económica.
O Decreto 73/1994, do 25 de marzo , regulaba os prezos públicos das residencias de tempo libre, de Panxón e do Carballiño, que agora é preciso actualizar para acomodalos á alza de prezos que desde entón se produciu.
Na súa virtude, por proposta da conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de febreiro de dous mil tres,.
As tarifas esixibles polos prezos relativos ás residencias de tempo libre do Carballiño e Panxón, xestionadas pola Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, serán as que se fixan no anexo deste decreto.
Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto neste decreto, e, en particular, ó Decreto 73/1994, do 25 de marzo .
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, trece de febreiro de dous mil tres.
(1) A referencia se entende realizada á vixente Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de decembro de 2003).
(2) O seu contido é o actual artigo 47 da vixente Lei 6/2003, de 9 de decembro.