Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Decreto 123/1985, de 2 de maio, que regulamenta os prezos públicos percibidos polas Residencias da Terceira Idade e Centros Sociais. (DOG nº 126 do 3 de xullo de 1985).

Só se amosa a parte do decreto que afecta ao código tratado 351800 - Centros Sociais.

Conforme ó artigo 44 do Estatuto de Autonomía , a facenda da Comunidade Autónoma  constitúese, entre outros rendementos polos ingresos de dereito privado, ben consistan estes en froitos, rendas e intereses de bens e dereitos patrimoniais, ben en rendementos e ingresos de servizos e actividades que non teñan natureza tributaria.

Pola súa parte, a Lei orgánica 8/1980, de 22 de setembro, de financiamento das Comunidades Autónomas  no seu artigo cuarto se pronuncia en idéntico sentido.

O artigo 18 da Lei 1/1985, de 10 de xaneiro , de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma, ademais de conter o concepto do que ha de entenderse por prezo público, establece que a Xunta fixará os que deban de ser exixibles pola Administración Autonómica.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto no citado artigo 18 da Lei 1/1985, de 10 de xaneiro (citada), a proposta do Conselleiro de Economía e Facenda e previa deliberación do Consello da Xunta en reunión do día dous de maio de mil novecentos oitenta  e cinco,

dispoño:

Artigo  único.

As tarifas exixibles polos prezos públicos a que se refire o artigo 18 da Lei do Parlamento de Galicia 1/1985, de 10 de xaneiro de Presupostos Xerais de la Comunidade Autónoma de Galicia para 1985 son as que se fixan nos anexos de este Decreto.

Disposición final.

O presente Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».

ANEXO 3
Consellería de Traballo, Seguridade  Social  e Emigración

III. Clubs de anciáns.

  1. Os que perciban a pensión asistencial regulada no R.D. 2620/81, de 24 de xullo aboarán  a cantidade  de 2.500 ptas. (15,03 €) ó  mes (1).
  2. Os que perciban outras pensións, rendas de bens ou calquera  tipo de ingresos, aboarán  a cantidade de 5.000 ptas. (30,05 € ) ó  mes.

V. Residencias e  fogar de xoves.

O prezo destes servizos será de 10.000 ptas. (60,10 €) ao mes, sobre este prezo se aplicarán as exencións totais e parciais de acordo co procedemento para a aplicación da tarifa de prezos.

Os beneficiarios internos aboarán a beca ou axuda que reciban para finalidades que inclúen  a asistencia que reciben nos centros.

Procedementos para a aplicación da tarifa de prezos.

Para a determinación da tarifa que corresponde a cada solicitante dunha praza se terá en consideración a renda per cápita  mensual da seguinte forma:

B) Residencias  e fogares de xoves.

  • Menos de 15.000 ptas. (, exento total.
  • De 15.000 a 20.000 ptas., 25 % tarifa, 2.500 ptas.
  • De 20.000 a 25.000 ptas., 50 % tarifa, 5.000 ptas.
  • De 25.000 en adiante, total tarifa, 10.000 ptas.

A  renda per capita  a ter en conta  obtense  da suma dos ingresos totais da unidade familiar, divididos polo  número de membros.

Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia de súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro.

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC