Só se amosa a parte do decreto que afecta ao código tratado 351700 - Residencias da Terceira Idade.
Conforme ó artigo 44 do Estatuto de Autonomía , a facenda da Comunidade Autónoma constitúese, entre outros rendementos polos ingresos de dereito privado, ben consistan estes en froitos, rendas e intereses de bens e dereitos patrimoniais, ben en rendementos e ingresos de servizos e actividades que non teñan natureza tributaria.
Pola súa parte, a Lei orgánica 8/1980, de 22 de setembro, de financiamento das Comunidades Autónomas no seu artigo cuarto se pronuncia en idéntico sentido.
O artigo 18 da Lei 1/1985, de 10 de xaneiro , de Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma, ademais de conter o concepto do que ha de entenderse por prezo público, establece que a Xunta fixará os que deban de ser exixibles pola Administración Autonómica.
Na súa virtude, en cumprimento do disposto no citado artigo 18 da Lei 1/1985, de 10 de xaneiro (citada), a proposta do Conselleiro de Economía e Facenda e previa deliberación do Consello da Xunta en reunión do día dous de maio de mil novecentos oitenta e cinco,
As tarifas exixibles polos prezos públicos a que se refire o artigo 18 da Lei do Parlamento de Galicia 1/1985, de 10 de xaneiro de Presupostos Xerais de la Comunidade Autónoma de Galicia para 1985 son as que se fixan nos anexos de este Decreto.
O presente Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».