Con base no artigo 25.1º da Lei 1/1998, do 7 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, o Consello da Xunta de Galicia, por Decreto 124/1998, do 23 de abril, autorizou a realización das operacións financeiras recollidas na indicada lei mediante a emisión de débeda pública ou a concertación de créditos, facultando, así mesmo, o conselleiro de Economía e Facenda para que estableza as condicións das ditas operacións e dicte as disposicións necesarias para tal efecto. Por todo isto,
Obtida a autorización, establecida no artigo 14 punto 3º da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiación das comunidades autónomas, mediante acordo do Consello de Ministros con data do 19 de xuño de 1998, disponse a emisión de débeda pública interior por un importe de 17.500 millóns de pesetas.
Esta emisión constitúe para tódolos efectos un segundo tramo da emitida ó 20 de xullo deste ano 1998, código valor ES0001352147, polo importe de 13.000 millóns de pesetas, cun cupón do 5,40% e vencemento do 20 de xullo do 2018.
Este tramo emítese baixo a forma de obrigas da Xunta de Galicia representada mediante anotacións en contra, ó abeiro dos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores, coas modificacións establecidas pola Lei 37/1998, do 16 de novembro, de reforma da anterior.
A emisión de débeda pública que autoriza a presente orde terá as características que se detallan a continuación:
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1998.
José Antonio Orza Fernández
Consellerio de Economía e Facenda