Con base no artigo 28 da Lei 13/2004, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, o Consello da Xunta de Galicia, polo Decreto 2/2005, do 13 de xaneiro, polo que se regula a débeda da Comunidad Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2005, autorizou a realización das operacións financeiras recollidas na indicada lei mediante a emisión de débeda pública ou a concertación de créditos, facultando, así mesmo, o conselleiro de Economía e Facenda para que estableza as condicións das ditas operacións e dite as disposicións necesarias para tal efecto.
Mediante acordos do Consello de Ministros de datas 25 de febreiro e 28 de outubro de 2005, obtívose a autorización establecida no artigo 14.3º da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas.
Por todo isto,
Emitir débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia por un importe de 200 millóns de euros. Esta emisión realízase baixo a forma de obrigas da Xunta de Galicia, representada mediante anotacións en conta, ao abeiro dos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores, coas modificacións introducidas pola Lei 44/2002, do 22 de novembro, de medidas de reforma do sistema financeiro, e da Lei 41/1999, do 12 de novembro, sobre sistemas de pagamento e liquidación de valores. A emisión de débeda pública que autoriza a presente orde terá as características que se detallan a seguir:
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2005.
José Ramón Fernández Antonio
Conselleiro de Economía e Facenda