Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Orde do 18 de xuño de 2004 pola que se establecen as condicións da emisión de bonos da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe de 220 millóns de euros.

Con base no artigo 28 da Lei 8/2004, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, o Consello da Xunta de Galicia, polo Decreto 21/2004, do 22 de xaneiro, autorizou a realización das operacións financeiras recollidas na indicada lei mediante a emisión de débeda pública ou a concertación de créditos, facultando, así mesmo, ao conselleiro de Economía e Facenda para que estableza as condicións das ditas operacións e dite as disposicións necesarias para tal efecto.

Mediante acordo do Consello de Ministros de data 27 de febreiro de 2004, obtívose a autorización establecida no artigo 14.3º da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único.-

Emitir débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia por un importe de 220 millóns de euros. Esta emisión realízase baixo a forma de bonos da Xunta de Galicia, representada mediante anotacións en conta, ao abeiro dos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores coas modificacións introducidas pola Lei 44/2002, do 22 de novembro, de medidas de reforma do sistema financeiro e da Lei 41/1999, do 12 de novembro, sobre sistemas de pagamentos e de liquidación de valores.

A emisión de débeda pública que autoriza esta orde terá as características que se detallan a continuación:

  • Importe: 220 millóns de euros.
  • Data da emisión: 28 de xuño de 2004.
  • Data de desembolso: 28 de xuño de 2004.
  • Prezo da emisión: á par, libre de gastos para o subscritor.
  • Nominal dos bonos: 1.000 euros.
  • Subscrición: realizarana directamente as entidades financeiras aseguradoras da emisión, actuando no nome propio ou por conta de terceiras persoas, entre os días 23 e 25 de xuño de 2004.
  • Cupón: os cupóns serán semestrais e vencerán os días 28 de decembro e 28 de xuño de cada ano. Nos casos en que, de acordo coa lexislación viexente, sexa aplicable a devolución da retención practicada nos cupóns desta emisión, será o Banco de España quen xestione o correspondente procedemento, segundo se establece na orde da Consellería de Economía e Facenda do 16 de xuño de 2004, publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de xuño de 2004.
  • Cotizacións: solicitarase a inscrición desta débeda pública no mercado de débeda pública de anotacións Iberclear na forma prevista nos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, de mercado de valores, e nos demais preceptos legais aplicables na materia.
  • Fiscalidade: de conformidade co previsto no artigo 14.5º da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, esta emisión goza dos mesmos beneficios e condicións que a débeda pública do Estado.
  • Amortización: dunha soa vez á par, aos sete anos da data de emisión.
  • Tipo de xuro: será variable, fixarase semestralmente, con referencia ao euribor das 11 horas a prazo de 6 meses, publicado por Reuters na páxina euribor01 (ou outra que a substitúa) do segundo día hábil anterior ao inicio do período de xuro, restádolle á devandita referencia 0,02%.
  • Liquidez: as entidades aseguradoras garanten durante a vida da emisión a liquidez das obrigacións.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2004.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC