Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008. Taxas sobre xogos de sorte, envite ou azar.

| |

Sumario

(Reprodúcense unicamente aqueles artigos que afectan ás taxas fiscais sobre o xogo)

Artigo 55.- Taxas sobre xogos de sorte, envite ou azar.

| |
arriba
|

Artigo 55.- Taxas sobre xogos de sorte, envite ou azar.

No uso das competencias atribuídas pola Lei 18/2002, do 1 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e das condicións da devandita cesión, e consonte o disposto na letra c) do punto 1 do artigo 42 da Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía, e en virtude do establecido no artigo 5.Dous.4 da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, modifícanse os tipos de gravame e as cotas fixas da taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar, no sentido que a continuación se indica:

Un.- Nos casinos de xogo aplicarase a seguinte tarifa:

Tarifa aplicable sobre os casinos de xogo
Porción de base impoñible
comprendida entre euros
Tipo aplicable
porcentaxe
Entre 0 e  1.644.321 22
Entre 1.644.321,01 e 2.720.604 38
Entre 2.720.604,01 e 5.426.263 49
Máis de 5.426.263 60

Dous.- Nos casos de explotación de máquinas ou aparellos automáticos aptos para a realización dos xogos, a cota determinarase en función da clasificación das máquinas realizada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, segundo as normas seguintes:

  1. Máquinas tipo A especial:
    Cota anual: 500 euros.
  2. Máquinas tipo B ou recreativas con premio:
    1. Cota anual: 3.660 euros
    2. Cando se trate de máquinas ou aparatos automáticos do tipo “B”, nos que poidan intervir dous ou máis xogadores de forma simultánea e sempre que o xogo de cada un deles sexa independente do realizado por outros xogadores, serán de aplicación as seguintes cotas:
      • Máquinas ou aparellos de dous xogadores: dúas cotas de acordo co previsto no apartado a).
      • Máquinas ou aparatos de tres ou máis xogadores: 7.492 euros máis o resultado de multiplicar por 3.012 euros o produto do número de xogadores polo prezo autorizado para a partida.
  3. Máquinas tipo C ou de azar:
    Cota anual: 5.340 euros

No caso de modificación do prezo máximo de 0,20 euros autorizado para a partida en máquinas de tipo "B" ou recreativas con premio, as cotas tributarias establecidas na letra B) anterior incrementaranse en 18,44 euros por cada céntimo de euro no que se incremente o novo prezo máximo autorizado.

Se a modificación se producise con posterioridade ao devengo da taxa, os suxeitos pasivos que exploten máquinas con permisos de data anterior a aquela na que se autorice a suba deberán autoliquidar e ingresar a diferenza de cota que corresponda na forma e nos prazos que determine a Consellería de Economía e Facenda.

Malia o previsto no parágrafo anterior, a autoliquidación e o ingreso serán só do 50% da diferenza se a modificación do prezo máximo autorizado para a partida se produce despois do 30 de xuño.

A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC