(Reprodúcense unicamente aqueles artigos que afectan ás taxas fiscais sobre o xogo)
No uso das competencias atribuídas pola Lei 18/2002, do 1 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e das condicións da devandita cesión, e consonte o disposto na letra c) do punto 1 do artigo 42 da Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía, e en virtude do establecido no artigo 5.Dous.4 da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, modifícanse os tipos de gravame e as cotas fixas da taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar, no sentido que a continuación se indica:
Un.- Nos casinos de xogo aplicarase a seguinte tarifa:
| Porción de base impoñible comprendida entre euros |
Tipo aplicable porcentaxe |
|---|---|
| Entre 0 e 1.612.079 | 22 |
| Entre 1.612.079,01 e 2.667.259 | 38 |
| Entre 2.667.259,01 e 5.319.866 | 49 |
| Máis de 5.319.866 | 60 |
Dous.- Nos casos de explotación de máquinas ou aparellos automáticos aptos para a realización dos xogos, a cota determinarase en función da clasificación das máquinas realizada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, segundo as normas seguintes:
No caso de modificación do prezo máximo de 0,20 euros autorizado para a partida en máquinas de tipo "B" ou recreativas con premio, as cotas tributarias establecidas na letra B) anterior incrementaranse en 18,08 euros por cada céntimo de euro no que se incremente o novo prezo máximo autorizado.
Se a modificación se producise con posterioridade ao devengo da taxa, os suxeitos pasivos que exploten máquinas con permisos de data anterior a aquela na que se autorice a suba deberán autoliquidar e ingresar a diferenza de cota que corresponda na forma e nos prazos que determine a Consellería de Economía e Facenda.
Malia o previsto no parágrafo anterior, a autoliquidación e o ingreso serán só do 50% da diferenza se a modificación do prezo máximo autorizado para a partida se produce despois do 30 de xuño.