O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado en virtude da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, non recoñecía inicialmente a esta Comunidade Autónoma competencia en materia de seguros.
Sen embargo, a través da Lei orgánica 6/1999, do 6 de abril, transfírelle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia de desenvolvemento lexislativo e execución en materia de ordenación do crédito, banca e seguros, coa finalidade de equiparar nesta materia as competencias desta Comunidade Autónoma coas doutras.
En aplicación da citada lei orgánica, mediante o Real decreto 1748/1999, do 19 de novembro, transfírense á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios da Administración xeral do Estado en materia de mediadores de seguros. En virtude da dita norma correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia o desenvolvemento lexislativo e a execución, dentro do seu territorio, das bases de ordenación dos seguros privados contidas na Lei 9/1992, do 30 de abril, de mediación de seguros privados, modificada pola Lei 30/1995, do 8 de novembro, de ordenación e supervisión dos seguros privados, respecto ós mediadores de seguros no que o domicilio social e ámbito de operacións se limitán ó territorio da comunidade.
Pola súa parte, o Decreto 321/1999, do 16 de decembro, asígnalle as funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia á Consellería de Economía e Facenda. E a Orde do 12 de xaneiro do 2000, da Consellería de Economía e Facenda, adscríbelle as competencias á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.
Baseándose en todo o anterior, cómpre a creación dun rexistro específico no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, no que se rexistren as persoas físicas e xurídicas que obtiveran autorización para exerce-la actividade de corredoría de seguros e se anoten os feitos máis significativos que as afecten, así como todas aquelas cuestións que deban ser rexistradas de acordo coa normativa vixente.
Así mesmo, pola presente orde, créase o Rexistro de Diplomas de Mediador de Seguros Titulado, na medida en que o dito diploma vén establecido pola normativa para o efecto como un dos requisitos para obte-la mencionada autorización.Por todo iso,
DISPOÑO
| |No rexistro inscribiranse os corredores de seguros e sociedades de corredoría de seguros no que o domicilio social ou profesional e ámbito de operacións quede circunscrito ó territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
O Rexistro terá as funcións de cualificar, inscribir e certifica-los actos que así o requiran que se refiran a corredores de seguros e sociedades de corredoría de seguros inscritos nel.
Os documentos que conteñan actos do administrado que deban ser inscritos conforme o establecido no artigo anterior deberán presentarse, acompañados de escrito asinado polo interesado ou polo representante legal da sociedade, dentro dos dez días seguintes ó de adopción dos acordos, presentando, se é o caso, a escritura pública correspondente no prazo dun mes desde a súa inscrición no Rexistro Mercantil.
Cando a inscrición no rexistro teña por causa acordos da Administración, o asento practicarase de oficio con fundamento no acto administrativo correspondente.
As medidas de control especial que, se fose o caso, se impuxeran serán inscribibles no rexistro, logo de audiencia do interesado, cando a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro acorde darlles publicidade.
As inscricións relativas ás sancións impostas cancelaranse de oficio ou por instancia do interesado.
A cancelación de oficio procederá cando recaera resolución ou sentencia firme estimatoria do recurso interposto contra a sanción.
O interesado terá dereito a solicitar da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro a cancelación de inscrición da sanción que lle fora imposta, sempre que non incorrese en ningunha nova infracción, dentro dos dous anos seguintes á data da firmeza da sanción para o caso das infraccións leves, cinco anos no caso das graves e oito anos no caso das moi graves.
A iniciación dun expediente administrativo sancionador interromperá os prazos previstos no parágrafo anterior. Se o procedemento concluíse coa imposición dunha nova sanción, as anotacións pendentes cancelaranse cando transcorra o prazo de cancelación aplicable a ela, salvo que o que restase por correr da anterior fose superior, de se-lo caso atenderase á data do seu vencemento.
As persoas e entidades inscritas no rexistro deberán facilita-la documentación e información necesarias para permiti-lo seu mantemento actualizado, remitindo á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro os documentos correspondentes na forma establecida no artigo 7. Todo iso sen prexuízo da obriga de atender tamén ós requirimentos individualizados de información que se lles formulen.
Créase o Rexistro de Diplomas de Mediador de Seguros Titulado, adscrito á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Economía e Facenda.
No rexistro inscribiranse todas aquelas persoas que obtivesen o diploma de mediador de seguros titulado expedido pola Consellería de Economía e Facenda.
As persoas inscritas no rexistro poderán solicitar certificación do diploma mediante solicitude por escrito na que se faga consta-la identidade do solicitante.
| |A documentación dos corredores e sociedades de corredoría de seguros transpasadas á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 1748/1999, do 19 de novembro, que figuran como anexo á presente orde, que figurasen nos rexistros ou expedientes que foron obxecto de traspaso, trasladaranse ó rexistro creado por esta orde. Independentemente disto, poderáselles pedi-la documentación que fose necesaria para completa-la inscrición.
As sucesivas inscricións relativas ós corredores e sociedades de corredorías de seguros obxecto de traspaso efectuaranse na forma prevista na presente orde.
Ós corredores e sociedades de corredoría obxecto de traspaso asígnaselles un novo número de rexistro , con motivo da súa inscrición no rexistro autonómico, que figura no anexo á presente orde. Non obstante, nas follas correspondentes a estas persoas ou entidades farase constar tamén o número de inscrición que tiñan anteriormente no Rexistro Especial de Corredores de Seguros, de Sociedades de Corredoría de Seguros e dos seus Altos Cargos da Dirección Xeral de Seguros do Ministerio de Economía e Facenda.
| |Facúltase ó director xeral de Política Financeira e Tesouro para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución da presente orde.
A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
| || Nome/Denominación social | Anterior nº de rexistro | Novo nº de rexistro |
|---|---|---|
| José Eloy Rodríguez Rodríguez | F-81 | GF-002 |
| Fernando Rotea Villanueva | F-227 | GF-003 |
| Eladio Fernández Vázquez | F-228 | GF-004 |
| Fernando Manuel García Diéguez | F-682 | GF-005 |
| José Grela Rodríguez | F-776 | GF-006 |
| Rogelio Calvar Otero | F-956 | GF-007 |
| Julio Cabo Naya | F-979 | GF-008 |
| José Liñares García | F-1019 | GF-009 |
| Juan Carlos Sánchez Ansede | F-1127 | GF-010 |
| Constantino Docampo Fraga | F-1391 | GF-011 |
| José Vilariño Vilariño | F-1495 | GF-012 |
| Mª de las Nieves Rúa Pazos | F-1550 | GF-013 |
| Mª Trinidad Barreiro Carrasco | F-1696 | GF-014 |
| Manuela Gómez García | F-1713 | GF-015 |
| Jesús Ángel Rego Álvarez | F-1812 | GF-016 |
| Enrique Vilela García | F-1845 | GF-017 |
| Manuel González Teijeiro | F-1901 | GF-018 |
| Francisco Pichel Iglesias | F-2006 | GF-019 |
| Quiroga Calviño Correduría de Seguros, S.L. | J-263 | GX-001 |
| Eloy Rodríguez Correduría de Seguros, S.L. |
J-296 | GX-002 |
| Falin y Zapata Correduría de Seguros, S.L. | J-629 | GX-003 |
| Corredores de Seguros Alfa, S.L. | J-825 | GX-004 |
| Rasegal, S.L. | J-1153 | GX-005 |
| Asesoría Díaz, S.L. | J-1209 | GX-006 |
| Lavandeira Rabade Coruña Correduría de Seguros, S.C. | J-1556 | GX-007 |