O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado en virtude da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, non lle recoñecía inicialmente a esta Comunidade Autónoma competencia en materia de mutualidades de previsión social.
Sen embargo, a través da Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, transfírese á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva, entre outras, sobre mutuas non integradas no sistema de Seguridade Social, coa finalidade de equiparar nesta materia as competencias desta Comunidade Autónoma coas doutras.
En aplicación da citada lei orgánica, mediante o R.D. 1642/1996, do 5 de xuño, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios da Administración xeral do Estado en materia de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social.
Pola súa parte, o Decreto 340/1996, do 13 de setembro, asigna as funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de mutualidades de previsión social á Consellería de Economía e Facenda. E o Decreto 13/1997, do 23 xaneiro, de estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda adscribe as competencias á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.
Por outra banda, o Real decreto 2615/1985, do 4 decembro, polo que se aproba o Regulamento de entidades de previsión social, establece no seu artigo 13 que as comunidades autónomas con competencia exclusiva na materia, poderán levar rexistros especiais constitutivos.
Con base en todo o anterior, créase un rexistro específico no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, no que se rexistren as entidades de que se trata, se anoten os feitos máis significativos que lles afecten e todas aquelas cuestións que deban ser rexistradas de acordo coa normativa vixente.
Por todo isto
DISPOÑO:
Créase o Rexistro Autonómico de Mutualidades de Previsión Social Non Integradas na Seguridade Social (en diante rexistro), adscrito á Consellería de Economía e Facenda, Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro que xorde coa finalidade de que a Administración autonómica teña coñecemento da situación das entidades inscritas no mesmo.
No Rexistro de Mutualidades de Previsión Social da Comunidade Autónoma de Galicia inscribiranse os actos suxeitos a inscrición das mutualidades que teñan o seu enderezo social e ámbito de operacións no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Da mesma maneira tamén se inscribirán as agrupacións e federacións de mutualidades, sempre que o seu ámbito de actuación se circunscriba á Comunidade Autónoma de Galicia.
O rexistro ten carácter constitutivo e a súa eficacia baséase nos principios de publicidade formal e de legalidade, ten carácter público e non se poderá invoca-la súa ignorancia.
A inscrición dos actos de constitución, fusión e escisión das mutualidades é requisito indispensable para o exercicio da previsión social voluntaria.
No rexistro levarase un libro de rexistro destas entidades, as cales se numerarán correlativamente; este libro comporase dun sistema de follas intercambiables normalizadas e singularizadas para cada unha das entidades, e numeraranse correlativamente os seus asentamentos de inscrición, segundo unha orde cronolóxica.
No caso de que unha mesma entidade necesitase máis dunha folla, consignarase nas sucesivas follas de inscrición o correspondente número, e estes serán correlativos.
No libro de rexistro inscríbense as seguintes clases de asentamentos:
A redacción dos asentamentos farase de forma breve e levará a data de presentación do documento correspondente.
No libro de rexistro inscribiranse:
No libro de rexistro constarán como anotacións:
Por nota marxinal cancelaranse as anotacións.
Os datos que se farán constar ó face-la primeira inscrición dunha entidade na folla inicial de apertura serán:
O rexistro terá carácter público, nos termos e coas limitacións previstas nos artigos 35.h) e 37 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións vixentes na materia.
Mediante solicitude por escrito na que se exprese a identidade do solicitante e o motivo, poderán acceder ós datos do rexistro non soamente os titulares, senón tamén os que acrediten un interese lexítimo e directo.
A publicidade farase efectiva por certificación do contido dos asentamentos expedida pola Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.
Tamén poderá realizarse mediante expedición de nota simple informativa expedida polo encargado do rexistro, ou por copia dos asentamentos e dos documentos depositados correspondentes a unha entidade determinada.
| |A documentación das mutualidades de previsión social traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do R.D. 1642/1996, do 5 de xuño, que figuran como anexo á presente orde, que figurasen en rexistros ou expedientes que foron obxecto de traspaso, trasladaranse ó rexistro creado por esta orde. Independentemente disto poderáselles pedir ás mutualidades a documentación que fose necesaria para completa-la inscrición.
As sucesivas inscricións relativas ás mutualidades de previsión social obxecto de traspaso efectuaranse na forma prevista na presente orde.
| |Facúltase o director xeral de Política Financeira e Tesouro para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución da presente orde.
A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 1999.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda
Relación de mutualidades das que se traspasou documentación á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do R.D. 1642/1996, do 5 de xuño.