Ante a inminente entrada en vigor do real decreto polo que se aproba o Regulamento de defensa da competencia, a Comisión Nacional da Competencia publica na súa páxina web unhas indicacións provisionais para a tramitación das solicitudes de exención e redución do importe da multa, segundo a regulación contida nos artigos 65 e 66 da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia. Estes artigos entran en vigor ó mesmo tempo que o regulamento da lei.
http://www.cncompetencia.es/index.asp?m=72
As solicitudes que se presenten ante os órganos galegos de defensa da competencia rexeranse polas mesmas indicacións, se ben as referencias á Dirección de Investigación deben entenderse realizadas ó Servizo Galego de Defensa da Competencia e as referencias á Comisión Nacional da Competencia e ó seu rexistro, entenderanse referidas á Consellerías de Economía e Facenda e ó seu rexistro en servizos centrais, en Santiago de Compostela, con horario de apertura de 9 a 14 horas, de luns a venres.