A Xunta Superior de Facenda é o órgano competente para o coñecemento e resolución das reclamacións económico-administrativas relativas a tributos propios ou ingresos de dereito público.
É un órgano adscrito á Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, como órgano propio dela e terá a súa sede na dos órganos centrais da mesma.
1 ano, no caso de procedemento xeral económico administrativo.
6 meses, no caso de procedemento abreviado ante órganos unipersoais.
1 mes, no caso de recursos de anulación.
1 ano, no caso de resolución de recursos de revisión.
6 meses, no caso de rectificación de erros.
Os actos ditados polo conselleiro de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en ningún caso serán susceptibles de reclamación económico-administrativa. Corresponderalle ó conselleiro a competencia para coñecer e resolver os recursos extraordinarios de revisión que se interpoñan contra os seus propios actos .