Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Secretaría Xeral e do Patrimonio

Organigrama da Secretaría Xeral e do Patrimonio Acceso á información da Vicesecretaría Xeral Técnica Acceso á información do Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario Acceso á información do Servizo de Xestión de Persoal Acceso á información do Servizo de Réxime Interior Acceso á información da Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma Acceso á información do Servizo de Xestión de Riscos e Seguros Acceso á información do Servizo de Administración e Xestión Patrimonial Acceso á información do Servizo de Administración Empresarial Acceso á información do Servizo Técnico Xurídico Acceso á información da Intervención Delegada Acceso á información da Inspección de Servizos Acceso á información da Asesoría Xurídica Acceso á información do Servizo Técnico de Inventario Acceso á información do Servizo de Investigación Patrimonial e Obras Acceso á información do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial

Competencias da Secretaría Xeral

  1. Á Secretaría Xeral e do Patrimonio correspóndenlle as competencias seguintes:
    1. As establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como aquelas que lle sexan encomendadas por delegación do titular da consellería.
    2. O exercicio das competencias que as normas reguladoras do patrimonio da Comunidade Autónoma lle atribúen á Consellería de Economía e Facenda.
  2. Para o exercicio das súas funcións a Secretaría Xeral e do Patrimonio estrutúrase nas seguintes unidades:
    1. A Vicesecretaría Xeral Técnica, con nivel orgánico de subdirección xeral, que exercerá as seguintes funcións:
      1. Prestar asistencia ao secretario xeral e do Patrimonio en cantos asuntos este lle encomende para a coordinación dos servizos.
      2. Coordinar a elaboración do anteproxecto de orzamentos da consellería, propoñer as actuacións concernentes ao réxime interno dos servizos da consellería e cantas disposicións afecten ao seu funcionamento.
      3. As actuacións en materia de acción social que teña atribuídas a Consellería de Economía e Facenda.

      Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

      1. O Servizo de Xestión de Persoal.
        Exercerá as funcións de xestión, control e coordinación de persoal dos servizos centrais e das delegacións da consellería, e programará as necesidades do persoal funcionario e non funcionario dela.
      2. O Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario.
        Levará a cabo o seguimento e maila coordinación da execución orzamentaria e da contratación administrativa.
      3. O Servizo de Réxime Interior.
        Será o responsable do funcionamento do rexistro xeral da consellería e o encargado da organización e estruturación da biblioteca e arquivos e, en xeral, de cantos outros asuntos lle sexan encomendados en materia de funcionamento dos servizos.
    2. A Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma, que exercerá as seguintes funcións:
      1. A proposta das directrices no tráfico xurídico dos bens patrimoniais da Comunidade Autónoma e na forma de utilización dos bens de dominio público, así como a coordinación da xestión de todos os asuntos concernentes á administración e ao tráfico dos ditos bens.
      2. A proposta de deseño e configuración do sector público empresarial da Comunidade Autónoma e a confección dos programas de participación en entidades mercantís.
      3. O control dos ingresos e rendementos que lle proporcione á Comunidade Autónoma o seu patrimonio, sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder a outros centros directivos da consellería.

      Para isto contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

      1. O Servizo Técnico de Inventario.
        Exercerá as seguintes funcións:
        1. Formación, actualización, valoración e mantemento do inventario xeral de bens e dereitos que integran o patrimonio da Comunidade Autónoma, establecendo as debidas conexións coa contabilidade patrimonial e mailo catastro de bens.
        2. Emisión de valoracións, dictames e informes facultativos de natureza mobiliaria ou inmobiliaria.
        3. Tramitación dos expedientes de pagamento do Imposto sobre Bens Inmobles.
        4. Realización de traballos técnicos nos procedementos de investigación e deslindamento dos bens inmobles que integran o patrimonio da Comunidade Autónoma.
      2. O Servizo de Investigación Patrimonial e Obras.
        Exercerá as seguintes funcións:
        1. A realización de traballos facultativos propios das obras de construción, reforma, conservación e reparación dos edificios adscritos á Consellería de Economía e Facenda e daqueloutros que lle encomende a Secretaría Xeral e do Patrimonio; o seguimento e a dirección das obras que realice a Consellería de Economía e Facenda; a recolla periódica de información sobre o parque edificado, tanto da que non se dispoña no momento da recepción como daquela xa reflectida que sexa preciso actualizar e, en particular, a referente ao estado de conservación, sistemas de seguridade e axeitamento á normativa vixente dos edificios.
        2. O control e inspección dos usos pola propia Administración dos bens inmobles e dereitos sobre eles tanto demaniais como patrimoniais, en propiedade ou alugados, adscritos ás diversas consellerías ou organismos públicos; a comprobación do correcto exercicio das facultades de conservación dos inmobles atribuídas na adscrición e da conformidade do uso e desfrute que se fai deles cos fins previstos nas resolucións de afectación; a elaboración de propostas para a mellor aplicación dos bens e dereitos da Comunidade Autónoma, sobre as distribucións e aproveitamento de espazos, así como para a resolución de conflitos entre consellerías sobre a distribución dos espazos adscritos.
      3. O Servizo de Administración e Xestión Patrimonial.
        Exercerá as seguintes funcións:
        1. O tráfico xurídico-administrativo dos bens e dereitos demaniais da Comunidade Autónoma, fundamentalmente a través da tramitación dos expedientes de afectación e desafectación, adscrición e desadscrición e mutacións demaniais.
        2. A administración e xestión dos bens e dereitos patrimoniais, en especial a adquisición, alleamento e cesión de bens inmobles e contratación de alugueres, así como a súa explotación.
        3. A emisión de estudos, ditames e informes en materia patrimonial en relación co seu ámbito de competencia, asesoramento patrimonial e elaboración de instrucións e propostas de disposicións de carácter xeral sobre o patrimonio da Comunidade Autónoma.
      4. O Servizo de Administración Empresarial.
        Exercerá as seguintes funcións:
        1. Xestión, tramitación, administración, conservación e elaboración das propostas de adquisición ou alleamento dos títulos representativos da participación da Comunidade Autónoma no capital das sociedades públicas ou participadas e das dos organismos autónomos.
        2. Proposición das instrucións que lles deberá cursar a Secretaría Xeral e do Patrimonio aos representantes do capital autonómico nos órganos sociais de goberno das ditas entidades mercantís.
      5. O Servizo de Xestión de Riscos e Seguros.
        Exercerá as seguintes funcións:
        1. Análise e valoración de riscos que poidan ameazar os distintos bens e dereitos que integren o patrimonio da Comunidade Autónoma, así como dos riscos non cubertos polos sistemas da Seguridade Social que afecten á integridade física ou ao patrimonio das persoas ao servizo de órganos e entes da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia sometidos na súa actuación ao dereito público para os que a garantía a cargo da Administración veña exixida convencional ou legalmente. Con tal fin realizará os estudos e plans dirixidos á prevención, control, xestión, supresión, minorización, retención, traslación ou cobertura externa dos diversos riscos, así como a garantía destes mediante a aplicación de técnicas actuariais ou a contratación de seguros privados.
        2. Coordinación das informacións necesarias relativas aos riscos asegurados, establecendo unha base de datos de sinistralidade válida para a toma de decisións.
        3. Elaboración e difusión de manuais de prevención e tramitación de sinistros entre as distintas consellerías e organismos autónomos.
        4. Centralización da xestión da contratación de seguros privados para a obtención de economías de escala.
      6. O Servizo de Protección e Defensa Patrimonial.
        Exercerá as seguintes funcións:
        1. Protección xenérica e defensa extraxudicial do patrimonio da Comunidade Autónoma fronte a terceiros, consistente fundamentalmente na tramitación dos procedementos de deslindamento, de recuperación de oficio da posesión, de investigación e sancionadores, así como a interposición de reclamacións e recursos.
        2. Promover a inscrición ou anotación dos bens e dereitos da Comunidade Autónoma nos rexistros públicos correspondentes, logo da súa depuración e regularización xurídica, se fora preciso.
        3. A tramitación dos procedementos especiais de sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma.
    3. O Servizo Técnico Xurídico.
      Baixo a dependencia directa do secretario xeral e do Patrimonio, exercerá as seguintes funcións:
      1. O informe e tramitación de todos os proxectos de disposición de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería, das compilacións e refundicións de normas e das publicacións e, en xeral, de todos aqueles asuntos que por razón da súa competencia lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral e do Patrimonio.
      2. O estudo e tramitación dos recursos presentados contra os actos emanados da consellería cando a súa resolución non estea atribuída a outro órgano por disposición legal, así como a preparación e o informe dos asuntos que se teñan que elevar ao Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos seus acordos.
      3. A coordinación da publicación de toda clase de disposicións e actos administrativos dictados polos órganos da consellería que deban ser publicados no Diario Oficial de Galicia.
  3. Integradas organicamente na Secretaría Xeral e do Patrimonio, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:
    1. A Asesoría Xurídica.
    2. A Intervención Delegada.
    3. Con dependencia funcional do conselleiro de Economía e Facenda, a Inspección de Servizos, con categoría de subdirección xeral, realizará o estudo, seguimento e coordinación do traballo e das unidades administrativas centrais e territoriais adicadas a labores relacionados coa auditoría e inspección económico-financeira e tributaria, propoñendo medidas encamiñadas á mellora do seu funcionamento.
A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC