É o órgano encargado do desenvolvemento e a execución das funcións que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia en materia financeira e a xestión da súa Tesouraría.
Competencias
Desenvolver e executar as funcións que corresponden á Comunidade Autónoma en materia financeira, en especial as relativas a: caixas de aforro e demais entidades financeiras; tutela financeira sobre corporacións locais galegas; endebedamento da Comunidade Autónoma e doutros entes públicos; centros de contratación de valores; mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social e outras entidades aseguradoras; ordenación do crédito, banca e seguros.
Xestionar a Tesourería da Comunidade Autónoma: realizar os ingresos; ordenación xeral de pagamentos en canto lle fose delegada polo conselleiro; a ordenación xeral de pagamentos do Servicio Galego de Saúde, así como a periodificación de pagamentos e provisión de fondos dos seus centros de xestión; a xestión dos depósitos e fianzas que deban constituírse na Caixa Xeral de Depósitos; autorización de apertura de contas nas entidades de crédito e aforro, e o seu réxime de disposición; a xestión e rendibilización de todos os recursos financeiros da tesouraría xeral e a súa distribución para o pago das obrigacións.
Directorio
Edificios Administrativos de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela Correo electrónico: dxpolfinanceira@xuntaeco.org Teléfono: 981 54 51 54 Fax: 981 54 51 56
Director xeral: Eugenio García Lalinde
Secretaría Secretaria: Mª. del Pilar Lorenzo Fernández Teléfono: 981 54 51 54 Fax: 981 54 51 56