Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Dirección Xeral de Tributos

Organigrama da Dirección Xeral de Tributos Acceso á información do Servizo de Xestión de Reclamacións Económico-Administrativas Acceso á información do Servizo Central de Recadación Acceso á información da Subdirección Xeral de Taxas, Prezos e demais Tributos Propios Acceso á información do Servizo de Asesoramento Tributario Acceso á información da Subdirección Xeral de Impostos Cedidos Acceso á información do Servizo de Inspección Tributaria Acceso á información do Servizo de Taxas, Prezos e demais Tributos Propios Acceso á información do Servizo de Xestión Tributaria

Competencias da Dirección Xeral de Tributos

  1. Correspóndenlle á Dirección Xeral de Tributos as seguintes competencias:
    1. A análise e o deseño da política global de ingresos públicos, no relativo aos tributos cedidos polo Estado á Comunidade Autónoma e aos tributos propios e prezos que esta estableza.
    2. A dirección, impulso, planificación, coordinación, control e execución da xestión e inspección dos tributos cedidos, así como da xestión e inspección dos tributos propios e prezos que corresponden á Xunta de Galicia, aos seus organismos autónomos e demais entidades de dereito público dependentes dela.
    3. O impulso e a coordinación das relacións de colaboración que en materia tributaria poidan establecerse con outras administracións públicas.
    4. A elaboración das normas relativas aos ingresos de dereito público a que se refiren os puntos anteriores, así como a emisión de instrucións e circulares para o seu cumprimento.
    5. A dirección da xestión recadatoria nos seus dous períodos, así como a autorización das contas restrinxidas de recadación e o seu control, de acordo co previsto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo das actuacións de coordinación que procedan, para estes efectos, coa Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.
    6. Apoio ás actuacións do Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Para o exercicio das súas competencias a Dirección Xeral de Tributos estrutúrase nos seguintes órganos:
    1. A Subdirección Xeral de Impostos Cedidos, que exercerá as seguintes funcións:
      1. A coordinación dos diferentes servizos dependentes dela, así como a dos órganos periféricos da Consellería de Economía e Facenda, e oficinas liquidadoras de distrito hipotecario que desempeñen as funcións de xestión e inspección relativas a impostos cedidos.
      2. A proposta de adopción de medidas para a racionalización, normalización e unificación dos criterios que se vaian utilizar nas actuacións relativas á xestión, valoración e inspección dos impostos cedidos.
      3. A coordinación co Servizo Central de Recadación en materias propias da competencia da subdirección xeral.
      4. Aqueloutras que lle encomende o director xeral.

      Desta subdirección xeral dependerán os seguintes servizos:

      1. O Servizo de Xestión Tributaria, que exercerá as seguintes funcións:
        1. O estudo, deseño e proposta dos procedementos de xestión dos impostos cedidos.
        2. A elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados da xestión destes.
      2. O Servizo de Inspección Tributaria, que exercerá as seguintes funcións:
        1. A análise e proposta dos plans de inspección relativos aos impostos cedidos.
        2. O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de investigación e valoración tributaria.
        3. A proposta de elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados das ditas actuacións.
    2. A Subdirección Xeral de Taxas, Prezos e demais Tributos Propios, que exercerá as seguintes funcións:
      1. A coordinación entre os órganos periféricos da consellería e demais órganos ou entes da Comunidade Autónoma, que desempeñen funcións de xestión e inspección de taxas, prezos, tributos propios e demais ingresos de dereito público que non se traten de impostos cedidos.
      2. A proposta de adopción de medidas para a racionalización, normalización e unificación dos criterios que se vaian utilizar nas actuacións relativas á xestión, valoración e inspección dos ingresos a que se refire o punto anterior.
      3. A coordinación co Servizo de Inspección Tributaria e o Servizo Central de Recadación en materias propias da competencia da subdirección xeral.
      4. Aqueloutras que lle encomende o director xeral.

      Desta subdirección xeral dependerá:

      1. O Servizo de Taxas, Prezos e demais Tributos Propios, que exercerá as seguintes funcións:
        1. O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos de xestión de taxas, prezos e demais tributos propios da Comunidade Autónoma.
        2. A elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados da xestión dos ditos tributos e prezos.
    3. Con dependencia directa do director xeral de Tributos, existirá:
      1. O Servizo de Asesoramento Tributario, que exercerá as seguintes funcións:
        1. A proposta e interpretación da normativa legal e regulamentaria do réxime dos tributos e prezos públicos.
        2. A asistencia técnica ao director xeral en materia tributaria.
        3. O estudo das resolucións administrativas e xudiciais, así como a proposta de interposición de recursos contra elas .
      2. O Servizo Central de Recadación, que exercerá as seguintes funcións:
        1. Estudo e proposta das directrices da xestión recadatoria dos ingresos de dereito público.
        2. A xestión centralizada da recadación executiva.
        3. A coordinación entre os distintos órganos recadadores da Consellería de Economía e Facenda .
      3. O Servizo de Xestión de Reclamacións Económico-Administrativas, que exercerá as seguintes funcións:
        1. Tramitación dos expedientes das reclamacións económico-administrativas, o que inclúe todas as súas fases: recepción dos escritos; petición de expedientes; posta de manifesto; estudo e preparación das resolucións das reclamacións económico-administrativas, así como a súa notificación.
        2. Colaboración co Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (Administración estatal).
        3. Remisión de expedientes ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
        4. Notificación de sentenzas aos diferentes órganos da Comunidade Autónoma.
A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC