Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro

Organigrama da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro Acceso á información do Servizo de Tesouraría Acceso á información do Servizo de Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma Acceso á información do Servizo de Supervisión e Inspección Acceso á información da Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras Acceso á información da Subdirección Xeral do Tesouro Acceso á información do Servizo de Análises Financeiras Acceso á información da Subdirección Xeral de Operacións Financeiras e Seguros Acceso á información do Servizo de Operacións Financeiras Acceso á información do Servizo de Programación de Pagos do SERGAS Acceso á información do Servizo de Supervisión e Inspección de Entidades e Mediadores de Seguros

Competencias da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro

  1. A Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro exercerá as competencias seguintes:
    1. O desenvolvemento e execución das funcións que lle corresponden á Comunidade Autónoma en materia financeira, en especial as relativas a:
      • Caixas de Aforro e demais entidades financeiras.
      • Tutela financeira sobre corporacións locais galegas.
      • Endebedamento da Comunidade Autónoma e, en canto estea atribuído á comunidade, o doutros entes públicos.
      • Centros de contratación de valores.
      • Mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social.
      • Ordenación do crédito, banca e seguros.
    2. A xestión da Tesouraría da Comunidade Autónoma e en especial:
      • A realización dos ingresos.
      • A ordenación xeral de pagamentos en canto lle fose delegada polo conselleiro de Economía e Facenda.
      • A ordenación xeral de pagamentos do Servizo Galego de Saúde, así como a periodificación de pagamentos e provisión de fondos dos seus centros de xestión.
      • A xestión dos depósitos e fianzas que deban constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma.
      • Autorización da apertura de contas nas entidades de crédito e aforro, e o seu réxime de disposición, de acordo co establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, sen prexuízo daquelas que corresponden á Dirección Xeral de Tributos en función do previsto no artigo 6.1º e ).
  2. Para o exercicio das súas competencias a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro estrutúrase nos seguintes órganos:
    1. A Subdirección Xeral de Operacións Financeiras e Seguros, que exercerá as seguintes funcións:
      1. Todas aquelas que teñan relación coas operacións de endebedamento da Comunidade Autónoma, así como das de garantía que corresponda aprobar polo Consello da Xunta de Galicia.
      2. As que se refiran a actuacións en materia de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social.
      3. As relativas ao desenvolvemento lexislativo e execución en materia de seguros.
      4. As relativas a centros de contratación de valores.
      5. A tutela financeira sobre as corporacións locais.

      Da Subdirección Xeral de Operacións Financeiras e Seguros dependerán os seguintes servizos:

      1. O Servizo de Operacións Financeiras, que exercerá todas as funcións que teñan relación coas operacións de endebedamento e garan tía que lle correspondan á subdirección xeral. Así mesmo, exercerá as funcións que teñan relación coa tutela financeira sobre as corporacións locais galegas e as que lle correspondan a esta Comunidade Autónoma en materia de contratación de valores.
      2. O Servizo de Supervisión e Inspección de Entidades e Mediadores de Seguros, que exercerá todas as funcións que lle correspondan á Comunidade Autónoma en materia de supervisión, inspección e réxime sancionador de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social e doutras entidades aseguradoras así como de mediación de seguros.
    2. A Subdirección Xeral do Tesouro, que exercerá as seguintes funcións:
      1. As relacionadas coas accións necesarias para a xestión da Tesouraría da Comunidade Autónoma tanto na realización dos ingresos como na execución dos pagamentos, así como a autorización e réxime das contas bancarias que lle corresponda autorizar a esta dirección xeral.
      2. A elaboración dos orzamentos de tesouraría así como a realización trimestral dos cadros de fluxos financeiros, de acordo co previsto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
      3. A recepción, custodia e devolución dos depósitos e fianzas que se constitúan nos servizos centrais da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma.

      Da Subdirección Xeral do Tesouro dependerán os seguintes servizos:

      1. O Servizo de Tesouraría, que terá ao seu cargo:
        1. A xestión da Tesouraría da Comunidade Autónoma, tanto na realización dos ingresos como na execución dos pagamentos.
        2. A elaboración dos orzamentos de tesouraría e cadros trimestrais de fluxos financeiros.
      2. O Servizo de Programación de Pagamentos do Sergas, que terá ao seu cargo a proposta de pagamentos do Servizo Galego de Saúde, así como elaborar a súa periodificación e a provisión de fondos dos seus centros de xestión.
      3. O Servizo da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma, que terá ao seu cargo a constitución, custodia e devolución dos depósitos e fianzas constituídos nos servizos centrais da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma.
    3. A Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras, que exercerá as seguintes funcións:
      1. As de análise, supervisión, inspección financeira e sanción en materia de caixas de aforro e outras entidades financeiras.
      2. As relativas á obra benéfico-social das caixas de aforro.
      3. A levanza dos rexistros existentes na materia.
      4. As de protección aos clientes destas entidades.
      5. O informe das consultas e a proposta de resolución de autorizacións e, en xeral, cantas funcións lle atribúa á dirección xeral a lexislación vixente sobre estas materias.
      6. Aqueloutras que puideran corresponderlle á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación de crédito e banca.

      Da Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras dependerán os seguintes servizos:

      1. O Servizo de Análises Financeiras, que será o encargado da realización dos informes periódicos sobre a evolución económico-financeira e a solvencia das entidades, da levanza dos rexistros existentes, así como de informar sobre as consultas que se lle formulen e elaborar as propostas de resolución sobre as autorizacións que procedan.
      2. O Servizo de Supervisión e Inspección, que terá ao seu cargo o desempeño das funcións sobre protección da clientela, obra benéfico-social así como as de supervisión, inspección e réxime sancionador.
A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC