Subdirección Xeral de Coordinación de Investimentos e Fondos Comunitarios
Competencias
Estudar, coordinar e elaborar propostas de aplicación da política rexional comunitaria e os fondos estruturais e de cohesión e a proposta de instruccións para a coordinación da programación dos proxectos de investimentos da Xunta de Galicia que configuran os fondos da UE, sen perxuizo das competencias doutros departamentos.
A participación e representación, compartidas cos órganos sectoriais da Administración autonómica, nos órganos e comités de seguimento dos fondos.
A xestión técnica que deriva das competencias relativas aos Organismos Intermedios e a coordinación técnica co Comité de Investimentos.
A coordinación e elaboración dos informes e propostas relativas ás inspeccións técnicas e financeiras que realicen as autoridades comunitarias.