Garantir o cumprimento das competencias atribuídas ao Organismo Intermedio definidas no Regulamento da Comisión.
Verificar os métodos e procedementos conducentes á subvencionabilidade dos gastos procedentes dos fondos comunitarios, sen prexuízo das competencias do Servizo de Auditoría Interna dos Fondos agrarios Comunitarios do FOGGA.
A preparación da programación económica derivada das axudas comunitarias.
A coordinación da programación económica coa política orzamentaria da Xunta de Galicia.